Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 17 de diciembre de 2012

Gañamos en Lalin

O sábado gañamos o primeiro partido nesta liga fora do noso campo, e ó segundo partido deste ano, a verdade e que levamos 4 partidos sin perder e xa e noticia tal como empezamos, pero tamen temos que decir que o resultado mais xusto houbera sido un empate, eles o final do partido fixeron méritos mais que sobrados para empatar o partido e neste caso o diosa fortuna estivo do noso lado, parece que nos abandoara para sempre pero non....as cousas parece que cambiaron.
O partido as 7 da tarde, con frío e choiva, o campo mollado, non eran as mellores condicions para xogar nun partido de veteranos, os equipos que xogan a esta hora no inverno deberían plantealo ou senon a Agrupación debería tomar cartas no asunto, porque si antes non hai partidos, como neste caso en Lalin, o horario debería ser o de calendario, imos propoñer o tema a Agrupación de Santiago.
O partido empezou atacando eles polas bandas, nos empezamos con moitas dúvidas sin confianza e así chegaría o primeiro gol nun fallo defensivo o tentar xogar o balón dende atrás, tamen e certo que o noso porteiro ainda non chegara e un xogador, neste caso Javier estaba na porteria.
Pero fomonos recuperando pouco a pouco e incluso o dominio do xogo parecía noso por momentos, eles con Heredia arriba creaban ocasións de perigo pero sin concretar moito sobre os tres paos.
E nunha xogada nosa chegaría o gol de Beni, nun lanzamento dende lonxe, o balón logo de dar no poste dereito entra na portería e asi acaba o primeiro tempo.
Na segunda parte non houbo un claro dominador do xogo e con ataques por ambos equipos iba o partido, pero neste momento chegaría o noso gol nun remate de cabeza nun corner.
Logo de aquí para adiante foi cando nos sufrimos moito sobre o campo, por un lado a expulsión totalmente inxusta de Nelson que veu o segundo cartón amarelo nun salto de cabeza con un xogador deles, aquí o árbitro foi un pouco casero e a eles permitíalle cousas que a nos non, por algo é de Lalín e os amigos nótanse no campo.
Resumen, una victoria que nos facía moita falta para sacarnos do fondo da clasificación, porque esto nos da moral apra seguir loitando nos partidos vindeiros.
Próximo partido moi complicado contra o Peña Navegante en Silleda.......e logo as navidades.



martes, 11 de diciembre de 2012

Empate no partido suspendido con Puebla.

Pois este sábado de ponte xogamos o que nos faltaba do partido co Sp. Puebla, nove minutos do primeiro tempo e todo o segundo tempo.
O partido suspenderase a causa das protestas do Sp. Puebla e mais concretamente polas ameazas do xogador numero 13 do Puebla que sacou a camiseta, o que o árbitro considerou como unha ameaza para a súa integridade.
Pouco podemos contar do partido, nada que sinalar entre os xogadores, solo a actitude do numero 27 deles que se autoexpulsou por protestas, a sorte foi que a pesar das ameazas o árbitro con tentatiba de agresión solo foron contempladas como insulto o árbitro.
Este xogador debería plantearse a súa actitude no campo, de una posible falta a chegar a tentar de agradir o árbitro vai un abismo, pero tampouco nos extraña pola súa falta de educación e deportividade cos contrarios, debería de ser escarmentado de forma severa, pero xa sabemos o que pasa.
Polo demais nada, o Puebla un equipo que xoga ben o futbol e que podería estar na cabeza da clasificación sin dúvida porque quizais sexa o equipo que mellor xoga o futbol, pero ten na súa contra a prepotencia e chulería que vai a facer que nin vai a conquerir o campionato de liga nin moito menos, si posiblemente un ascenso raspado pola mediocridade da categoría.
Proximo partido contra o Lalin as 6 e media, partido de rivalidade cos noso veciños de Lalín que este ano non están nos seus mellores momentos pero que todos foron xogadores de futbol e polo tanto para nós puntuar ali sería un éxito.
Aupa River.....

lunes, 3 de diciembre de 2012

A primeira victoria chegou

Este sábado Outeiriño volveu a ser o campo talisman do River Silleda, e por fin a sorte que nos faltara en case que todolos partidos estivo do noso lado ou polo menos non estivo esquiva como nestes partidos de atrás.
Non sei que ten que ver que o noso adestrador truoxera una estampiña da Virxe do Remedios de Lamas (Noceda) pero parece que nos dou a fe apra o triunfo.
O rival, o Bertamirans, un equipo correcto e correoso que sin ser dos mellores da categoría, ten bos xogadores e a súa virtude está nunha compensación de líneas o que o fai un equipo moi regular.
Empezou o partido, co noso equipo tentando xogar o balón e eles esperando un pouco as súas oportunidades, e nesas chegou o gol de Nelson, nunha xogada onde o porteiro tenta regalealo e no despexe da na perna do noso xogador e sube o primeiro tanot o marcador.
E así discurreu todo o primeiro tempo e case que todo o segundo, o partido moi igualado, incluso con dominio deles no segundo tempo, e cando íamos polo fatidico minuto 38-39 eles acadan o seu gol, nos xa tíñamos un xogador menos pola expulsion de doble amarela para Marcos por desplazar o balón.
Parecía que a istoria se volvía a repetir, como no partido anterior co Barbanza e en outros partidos mais, e incluso xa víamos perigar o empate, eles votaronse o ataque o noso equipo tamen o xogou todo subindo a Lolo un pouco mais arriba, e das súas botas chegaría o 2-1, gol de falta sacado maxistralmente por encima da barreira.
E xa non houbo moito mais que contar, estábamos case que no desconto e o partido non daba para mais, ainda así chegaría nunha contra o noso 3-1, que marcaría Elías logo de un pase de Pampín.
Resaltar no partido a boa actuación do noso porteiro Fernando Piñeiro que sacao unha falta coa punta dos dedos e outra par de paradas que podían darnos co traste a nosa victoría.
A aptitude do equipo foi inmellorabel, incluso como case sempre o adestrador do equipo contrario, non entendía como podíamos ter tan poucos puntos, pero eso xa e fariña doutro costal.
Próximo partido contra o Puebla, suspendido no seu día, temolo que reanudar no minuto 36 e queda todo o segundo tempo, eles son un equipo complicado pero terán que loitar si queren acadar os tres puntos de Outeiriño.
Aupa River.....

jueves, 29 de noviembre de 2012

O noso primeiro punto en Bergantiños

O sábado pasado fixemonos co primeiro punto desta liga en Buño contra o Bergantiños, increible e nunca nos pasou estoq ue despois de 10 xornadas fora noticia acadar un punto, pero este ano veñen dadas asi e non hai mais que facerlle.
Facendo autocrítica podemos decir que o equipo perdeu moita calidade e competividade, moitos dos xogadores nosos non xogaron o futbol e os que o fixeron estan lesionados ou non están sempre por razons laborais, en fin, esto é o que temos.
O partido do sábado foi un partido igualado e o empate fixo xustiza do que se veu no campo, o primeiro tempo foi noso e o segundo foi deles, asi e todo, por pouco volvemos a perder un partido que non merecíamos perder, pero a falta de 7 minutos eles adiantábanse no marcador logo de tirar nos por medio de Amado un balón o longueiro.
Pero esta vez a sorte non estivo esquiva con nos e xa no tempo de desconto Beni marcou de  unha falta o empate, o poerteiro non podía ver ben o balón e asi nos fomos o vestiario.
Un arbitraxe normal para nós, e eso xa e noticia, un home dialogante e que daba gusto estar no campo, con árbitros así podes perder ou gañar, pero estos son os árbitros de veteranos, nos os señores chuletas que porque lles dan una camiseta negra pensan que lles deron unha toga e se creen xuizes.
Próximo partido contra o Bertamirans as 4 e cuarto en Silleda.
Equipo que xogou o sábado en Buño (Malpica) contra o Bergantiños Veteranos.

Nos dez derradeiros minutos deronnos a volta o partido.

O seguinte partido foi en Silleda contra un rival dos que vai no fondo da clasificación o Touliña Barbanza, un partido onde empezamos coas baixas de Luis Kurras que sigue lesionado dende o partido contra o Negreira e que para nós significa moitisimo hoxe en día, e David Iglesias que xa non volverá a xogar esta tempada por lesiónd e rodilla grave, recuperate David.
Ademais desas baixas as sancións dos 3 xogadores expulsados en Lousame, e o partido empezou ben para nós, dominamos tivemos ocasións e fomonos o descanso con 1-0.
No segundo tempo, Beni marcaría o 2-0 e logo chegararon incontables ocasións que non marcamos, porque queríamos entrar co balón na portería, e logo nunha xogada pola banda deles cando iba o minuto 34, eles marcan o 2-1, nun discutido fora de xoga que según nós o árbitro no veu.
E logo chegaría o 2-2 e logo o 3-2 no desconto, o noso equipo destrozado porque non creíamos que podíamos perder ese partido, eles mesmos nos decían, sodes "hermanitas da caridade", e teñen toda razón pero cando levamos tantos golpes un solo soplo xa te tira, e nós co 2-1 xa tiramos o partido.
Felicitalos a eles que se portaron de maravilla, vai ser un equipo que o vai a pasar mal pero que demostararon unha deportividade increible.
Aupa River.

Resumen dos partidos contra o Chaian e Lousame.

Pois logo de unhas semanas sin poder escribir neste blog, decidome a volver a contar algo sobre o noso equipo e o futbol veterano dende o meu punto de vista, o punto de vista de un xogador do River.
En canto as derradeiras xornadas pois que podemos decir, despois de Melide perdemos un partido na casa contra o Chaian, un partido ben perdido por 0-3, os 18 minutos xa tiñamos ese resultado no marcador e pouco nos quedaba por facer, cando as baixas e lesións nos siguen acosando.
O seguinte partido foi de Juzgado de Guardia, porque cando o partido iba polos cauces normais, na segunda parte logo de ir perdendo por 1-0 e logo de mandar un balón o longueiro nunha xogada de contra ataque deles, marcan o 2-0, e nós reclamamos un fora de xoga claro, por un lado a impotencia e por outro a desesperación de non chegar a marcar antes.
Pero de unhas protestas normais, que outro colexiado houbera resolto con un par de tarxetas amarelas como moito o colexiado Eusebio Rodriguez Rodriguez, nos expulsa a medio equipo, e menos mal que o delegado decide sacar o equipo do campo senon hoxe teríamos a todo o equipo sancionado.
Todos sabemos que esto e futbol de veteranos, que se compite as veces demais si acaso pola victoria e que se fan cousas por parte de algúns xogadores nada correctas, pero sancionanse debidamente e punto.
O que non pode ser e que un señor como este de Rois veña a pitar un partido con esa actitude, prepotente e de todo despota hacia os xogadores, neste caso tocounos a nos, pero xa lle irá tocando a outros equipos, porque se a Agrupación no toma nota destas actitudes, o futbol veterano estase a degradar totalmente.
Como esa e auga pasada, e logo de que decidimos seguir este ano na competición, tomaremos esto como o que é, un deporte onde os bos case sempre gañan e os non tan bos ou mais malos perden, eso temolo claro, o que non temos claro nin vamos a consentir e que nos vacilen e nos ningune un persoaxe como este, que ou moito me engaño ou debe ser un desastre na súa vida privada, a cal nin nos importa o mais mínimo, pero con esas actitutes non se pode ir pola vida sin que che den ostias por todos lados.
Resumindo, 3 xogadores sancionados, o primeiro que expulsou, nunca tivo unha tarxeta roja nestes 4 anos que xoga con nós, e o ano pasado solo unha amarela xogando de central, Jose Luis, como se pasaron. E a Fernando iden do mesmo, e a Mariño 10 partidos por quererlle romper a cara, moi mal feito, pero parecía que era o que quería de verdade, pero moi mal feito.
Nada, como decidimos seguir, adiante RIVER....

martes, 30 de octubre de 2012

En Melide tampouco tivemos sorte.

Tarde de frío en Melide, o noso equipo presentábase coas baixas de Mariño, Julio Ferradás e Luis Kurrás e coa alta dogo a súa lesión de Jose Luis Alvaréz.
Parecíanos que esto podía cambiar en Melide, pero non foi así, por un lado o árbitro Martín parece que non quere saber nada de nós e non e imparcial, e por outro lado, nós non fomos capaces de marcar en toda segunda parte, onde eles solo chegaron a área e duas ou tres ocasions.
O partido empezaba para nós co aire en contra, e así era difícil defender, eles entraban pola banda esquerda, centrando de forma perigosa, pero nunha contra nosa Nelson vaise dos defensas contrarios e adiántanos no marcador, 0-1.
Pero eles seguían entrando unha e outra vez pola banda e nun tiro dende fora da área, o balón vai o poste e entra na nosa portería sin que Fernando poida facer nada.
E o segundo gol deles chegaría nuha falta diante da área, onde o noso porteiro non vé o balón e marcan polo seu lado 0 2-1.
E así nos fomos o descanso, perdendo o partido, no segundo tempo todo parecía indicar que podíamos gañar o partido ou polo menos empatalo, e a verdade e que un empatiño merecemolo, pero non tivemos sorte e puntería e non fomos capaces de marcar.
Nelso sufreu un codazo na cara que lle puxo o ollo negro, e o Sr. Martín dixo que non vira nada, unha vergoña, algo teremos que facer senon este xogador vai ter unha lesión grave, porque leva tres partidos e deixano sempre como un aldraxo.
O final, volvemos a perder e esto sigue igual, nos sin puntur, é a primeira vez que nos pasa, pero supoño que esto tera que cambiar.
Aupa River.

martes, 23 de octubre de 2012

Suspendido contra el Sp. Puebla

O sábado 20 xogábamos o segundo partido deste ano en Outeiriño contra o Sp. Puebla, un equipo onde temos varios amigos que xogaron noutros equipos e incluso quedamos para tomar unhos mexilons e unhas tortillas o acabar o partido, pero deuse a circunstancia que entre tanto bo rollo, acabouse suspendendo o partido, a verdade e que foi rigurosa a suspensión pero tamen e certo que armouse unha tangana debido a unha falta no centro do campo e o árbitro decideu suspender o partido.
O partido comenzou co dominio deles, nos empezamos fríos como sempre e lgo de un pase do medio do campo a defensa e nun rexeite eles adiantanse no marcador, xarro de auga fria para o noso equipo que tiña a esperanza de dar batalla como en todolos partidos anteriores.
Eles mostraban mellor control do balón, sobre todo en medio campo e arriba e nós estábamos presionando ben a salida do balón en defensa, onde Nelso xa ll creara varios problemas o porteiro, dandose o caso de roubarlle o balón e ainda que non moi descarado o porteiro tocou o pé do noso xogador e caeu o chan.
Noutra xogada tamen de Nelson o defensa despraza descaradamente o dianteiro noso podendo ser penalti.
Eles tiveron algunha falta centrada sobre a porteria que ben poido ser rematada en gol, pero o noso gol do empate chegaría nunha falta sacada por Julio que mete o balón no fondo da porteria contraria, 1-1.
A partires de ahi, eles puxeronse un pouco nervisosos, porque non entendían como sendo o colista lle podíamos dar tantos problemas. Esto vai a ser unha constante mentres non salgamos da cola da clasificación
, os equipos veñen a avasallarnos dada a nosa situación na tabla.
E no minuto 36, logo de una falta a Cuiña no centro do campo armouse unha tangana que levou a suspensión do partido.
Próximo partido en Melide contra o Cire Melide.....Aupa River...

lunes, 15 de octubre de 2012

En Negreira tampouco pudo ser.

O quinto partido de liga que xogamos en Negreira tiña moito de inquedanza por saber cal era a faciana que íamos a presentar no campo do Negreira, equipo que ainda que baixou o ano pasado con nós tiña un arranque de tempada do mais bo, de feito é o líder da categoría.
Por unha vez sobre o campo, estábamos alomenos 15 xogadores e eso notouse sobre o terreo de xogo, o equipo poido recuperarse mellor fisicamente e mantivemos a posibilidade de empate asta o derradeiro minuto.
Saímos atrás esperando o rival e controlando o xogo da mellor maneira posible, eles ofrecían algo de perigo nas súas chegadas a área pero o noso porteiro estaba seguro debaixo dos paos. A lesión de Luis Kurras supoñía a perda de unha peza fundamental para facer frente o seu xogo brusco do centro do campo, pero retirábase lesionado sin poder contar con el para o resto do partido-
E chegaría o noso gol nun momento do partido onde podía caer para calquera dos lados, gol que nos dou a forza e moral que noutros momentos nos falta, pero a clave do partido estivo logo de unha xogada de Roberto que logo de irse do defensa bota o balón fora da portería cando o mais derradeiro era marcar, podía ser o 0-2 e as tornas mudarían.
 E así estivemos asta que nunha xogada, eles sacan o balón rápido nun corner e centran descolocando a defensa e rematando a pracer de cabeza, empate.
E a pouco do final do primeiro tempo, nunha internada pola banda izquierda nosa, o xogador fai o pase da morte e remata a pracer o dianteiro, 2-1 e descanso.
No primeiro tempo tamén eles tiveron un balón o longeiro logo de un saque de corner ou falta.
O segundo tempo foi moi parecido o primeiro, unha loita por dominar o partido, nos non aprobeitamos as faltas e eles facían que o noso porteiro tivera os seus apuros.
O final perdemos este partido, onde tampouco merecemos gañar pero alomenos un puntiño viñanos ben para a moral do equipo que leva 5 derrotas, catro dos partidos fora debido o calendario, e catro deles perdidos por un só gol, outra cousa foi a derrota por catro goles en Boiro.
Non podemos perder a moral nestes momentos, o próximo rival tamen vai ser moi duro, pero xa chegara a recompensa do noso esforzo.
AUPA RIVER............



lunes, 8 de octubre de 2012

Non damos unha a dereitas

O sábado en Boiro sufrimos una derrota dolorosa e a vez dulce, dolorosa porque xa fai que non encaixamos media ducia de goles, ainda non nos pasaba na división de honra, e dulce porque neste caso non foi culpa do árbitro, nin das patadas do rival, nin de nada extra deportivo. Polo tanto a derrota foi froito do noso mal partido, e non digo mal, porque ainda movemos o balón con algo de xeito, pero cada vez que chegaban a defensa, facíamos augas e así non se pode facer nada, nin siquera botarlle a culpa a que estábamos sin porteiro, que tamen era certo, pero tampouco foi determinante.
Saímos o campo, nesta vez con 13 xogadores, xa que dous estaban sancionados por doble amarela no partido anterior, e os quince minutos chegaría o primeiro gol deles, neste caso o noso porteiro non estivo moi acertado pero xa perdíamos 1-0 e estabamos xogando bastante ben, incluso sin os agobios iniciais de outros partidos.
Logo chegaría tamen o segundo gol, e todo parecía que non tiña moito arranxo, ainda así David Iglesias remata un corner sacado por Kurras e poñemos 2-1, e cando todo parecía que podía chegar a empate e a falta de 1 minuto para o descanso, cheganos o 3-1.
No segundo tempo, o noso xogo non millorou moito e así fomos pagando todolos fallos en defensa, 4-1, logo o 4-2, gol en xogada de Pampín, e para rematar o 5-2 e 6-2.
E tamen digo dulce porque o equipo tentou de facer xogadas e de atacar, mais que de defender, parece que estamos recuperando un pouco o tono físico, que voua falta nos fai, os rivais andan moi rápido e nos esperamos moito o balón.
Agora temos dous osos por diante, primeiro o Negreira e logo o Puebla, van a ser partidos moi difíciles porque eles están ahi arriba invatidos ainda, pero non podemos perder a esperenza, e saber perder cando toca, tamen é moi importante, polo tanto nada de enfados nin de expulsións, xa chegamos arriba, xa caemos e nos volvemos a levantar e si volvemos a caer .....xa nos levantaremos, de eso se trata de loitar e facer deporte.
Aupa RIVER.....

lunes, 1 de octubre de 2012

Decepción do River en Outeiriño

O sábado xogamos o primeiro partido no noso campo desta tempada contra o Tourline de Boiro é ainda que estábamos 14 xogadores ó partido foi un desastre para nós, non fixemos unha xogada nin demos sensación de equipo sacando os 15 primeiros minutos, onde nos poñíamos por diante no marcador, logo de que Beni marcara de tiro logo de un saque de falta de Lolo.
A partires de ahí, complicousenos todo e poidenos mais a desesperación que as boas intencións nosas, ó arbitro tampouco axudou nada os dous equipos e eles dedicabanse a protestar todo, incluido o afeccionado deles que nos insultou a nós e o árbitro durante todo partido, sacandonos das casillas.
Empataron eles nunha xogada de fortuna, centro polo lado dereito noso e rematan no segundo pao, sin que poideramos facer nada.
O segundo gol deles, veu nunha xogada individual, dándose a volta o dianteiro e poñendo o balon na rede entre unha maraña de xogadores nosos, así fomos o descanso.
No segundo tempo, nós non eramos capaces de facer xogada e as faltas e centros a porta non creban perigo o equipo contrario, e cando faltaba pouco para acabar o partido, fomonos arriba con defensa de tres, e chegaría o gol deles, nun contra ataque ben xogado.
Logo chegaría no noso gol, Lolo marca dende a banda, un bo gol pero que xa non había tempo de reacción.
En canto os expulsados, dous por cada bando, son mais a desesperación do árbitraxe que outra cousa, pero ahí estan, Lolo e Beni non poderan xogar o próximo partido, e agora esperannos outros dous partido fora.
A nós o calendario sempre no lo fan a súa maneira, o segundo partido da casa, vai a ser na sexta xornada. Próximas salidas, a Boiro e Negreira.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Segundo partido, tamen fora e derrota co Terra de Xallas.

Desplazamonos a Terra de Xallas a xogar o segundo partido de liga, un campo tamen complicado para nós, ainda que habíamos gañado a derradeira vez que xogamos ali, neste caso perdemos por 1 tanto a 0.
Sairon eles doentes apretandonos moito en ataque, a nosa defensa malamente se daba desfeita do acoso rival, e a pesares de todo, Beni tería unha boa ocasión apra adiantarnos no marcador, pero non foi así e foron eles os que de un tiro dende fora da área tiran o balon o longeiro e logo de desvialo Fernando pega nun deles e entra na nosa portería.
Todo parecía normal, e ainda que o gol entrou coa axuda do vento, eles estaban dominando de forma moi clara, como sempre un equipo duro e correoso que non deixa facer contra ataques, xa se encarga o seu adestrador de dar as órdes oportunas de "facedelle falta..facedelle falta...".
Neste primeiro tempo Elías sufreu un penalty clarísimo de un defensa deles que se desentendeu do balon e desplazouno 3 metros tirando con él no chan, o árbitro non quería saber nada de complicarse a vida.
Fomonos o descanso con 1-0 e no segundo tempo as cousas non se presentaban moito mellores, sobre todo porque éramos 11 xogadores e Luis Kurras estaba lesionado de un tirón nos aductores dende o minuto 15 do primeiro tempo.
Eles baixaron quizáis un pouco o xogo pero nós tampouco creábamos perigo como para gañar o partido, esperamos manter así o resultado e si dábamos marcado o final podíamos acadar o empate.
Nos derradeiros minutos, eles lanzaron un balón o poste que casi entra a pesares da estirada de Fernando, logo o mesmo Fernando atallaría un remate de cabeza de un dianteiro e nós con Lolo arriba xa nos minutos finais dábamos mais medo que ocasións de gol, tivemos varias faltas sacadas sobre a área pero que se quedaban co vento moi cortas.
O final do partido, 1-0 e un resultado xusto e o noso equipo fixo un partido honrroso, en canto o árbitro moi caseiro, como no partido anterior, así e moi fácil pitar os partidos.



Comenzo da liga en Tordoia

Ainda que o partido co Tordoia tiñase que xogar en Outeiriño, cambiamos o orden do partido por ter o noso campo ocupado polo torneo de futbol de Alevines en Silleda.
E o primeiro partido foi unha derrota na visita o Tordoia, un equipo que se nos fai moi difícil polo duros e rudos que son xogando no seu campo.
Empezamos o partido esperando atrás e aguantando os ataques do Tordoia que non eran moi perigosos en canto a tiros a porta pero si que dominaban no xogo, ainda así fomos o descanso con empate 0-0.
O árbitro do encontro chamounos porque houbo varias liortas o descanso, sobre todo entre o seu porteiro e os nosos xogadores, asemellaba que o porteiro estaba un pouco fora de sí.
No segundo tempo, o partido seguía a mesma tónica e nos tampouco eramos capaces de finalizar as xogadas, ainda así nos derradeiros minutos eles apretaban mais, sobre todo con rudeza e maneiras pouco deportivas.
E chegaría o penalty a falta de dez minutos para o final, penalty señalado logo de que o balón saíra pola línea de banda, e a impotencia de non pitar o fora dou no penalty.
Nada poido facer Fernando que levaba un bo partido baixo os paos, unha bagoa porque merecemos un empate que nos viña moi ben para levantar os ánimos neste comenzo de liga, pero o resultado é o que é, 1-0.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Partido Homenaxe a Machete

O sabado xogamos un partido en homenaxe o noso compañeiro Daniel Fraiz Salgado (Machete), que nos deixou esta tempada, logo de unha longa enfermedade.

O partido será o día 19 de Xuño as 7 da tarde en Outeiriño, e nel participarán os xogadores que queiran amosar o seu recordo. En principio van a participar xogadores do River Silleda, do Lamela, do Merza e do Xanadu Silleda, pero está aberto a calquer xogador. O partido será arbitrado por SUSO de Lalín que se sumou o seu homenaxe.

Neste partido homenaxe, entregaráselle unha placa recordo a su muller.

Logo teremos unha comida no seu recordo no Restaurante Pino.

Fin de Tempada.

Chegou o fin desta tempada con dous derradeiros partidos, derrota en Outeiriño ante o D. Budi por 1-5, con un malisimo arbitraxe de Martín, que non corree asi non se pode pitar en División de Honra. Sin mais historia eles teñen un bo equipo e merecen quedar na terceira posición sin duda ainda que os dous partidos con eles foron con arbitraxes pésimos, sobre todo o de Milladoiro onde o árbitro nos roubou o partido, en Silleda neste partido xa foi outra cousa, eles moi superiores.
E o derradeiro partido era en Dodro co Romel, pois penosamente non fomos capaces de xuntar mais de sete xogadores para disputar o partido, polo cual perdemos 3-0.
Teremos que pensar seriamente si a xente quere continuar co equipo ou que facemos coa plaza, que para o ano que ben, será Primeira División A.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Empate do River Silleda ante o Negreira

Este sábado o noso equipo empatou 1-1 no campo de Outeiriño diante do Negreira Vateranos, un equipo que se atopa en apuros e co que empatamos os dous partidos que xogamos.
Como  non estiven no partido solo pode decir o que me contarón, co cal depende de quen fale, adiantaronse eles no marcador no primeiro cuarto de hora nunha entrada pola banda do seu interior, houbo ocasions por ambas bandas e aprece ser que eles mandaron un balon o poste, tamen comentaron os nosos xogadores que o porteiro deles debía ser expulsado por unha parada fora da área, o colexiado enseñoulle a tarxeta amarela.
Empatou o River de penalti sobre Pampín, o final do partido eles tiveron unha trifulca co árbitro debido a expulsión do número 9 deles por insultos.
Próximo partido contra o Universidade en Calo as 4 da tarde, tentaremos seguir dando a cara asta o final desta delicada tempada para nós.
Aupa River.

martes, 24 de abril de 2012

Os ultimos tres partidos.

Tentareí de resumir aqui os derradeiros partidos que xogamos, unha derrota, unha victoria e un empate.
O primeiro foi en Loxo ante o Pepe Noya, un equipo o que lle plantamos cara no campo, pero que o final nos gañou con solvencia.
Saimos e os dous minutos xa perdíamos por 1-0, logo chegaría o noso gol do empate de Julio, e asi nos fomos o descanso.
No segundo tempo, empatamos o partido 2-2 pero eles son un equipo con moito caracter e dureza que nos traían de cabeza, conseguirón marcarnos o terceiro gol e ahi acabou todo.
A súa presión sobre o arbitro foi moi forte, e non nos quedou mais que deixar que eles levaran os puntos, o final e de recoñecer que dous xogadores deles pasaron polo vistiario a despedirse.
Un equipo moi complicado de gañar sobre todo no seu campo.

O segundo partido foi contra o Rosalia de Padrón, eles presentáronse con 10 xogadores no primeiro tempo, ainda así e un equipo que xoga moi rápido e con dous puntas que nos crearon moitos problemas a defensa.
Marcamos primeiro nos e logo empataron eles, e seriámonos nos de novo os que nos puxemos por diante no marcador e nos levamos os tres puntos, que fan que non quedemos moi descolgados da clasificación.
Un equipo moi deportivo e limpo que da gusto xogar con eles. Sorte o Rosalia.

Terceiro partido en Boiro contra o Muebles Guadalupe, que decir de este equipo, pois que dan vergoña axena no campo, e un equipo que non debería estar en Veteranos, porque non respeta as reglas do xogo, ameazan o árbitro con non pagarlle con romperlle a cara, e por suposto os rivais, polo menos a nos, son unha panda de locos, ainda que algunha excepción hai, pero moi contadas.
Asi non se pode ira xogar, a acojonar os contrarios con patadas, o árbitro con ameazas, esto non e futbol señores de Boiro, esto e unha CARNEIRADA.
En canto o resultado xa casi e o de menos, menos mal que salimos sin lesionados, que xa e moito, empate a 1-1, primeiro marcamos nos e logo empataraon eles de penaltyu pitado polo árbitro logo de unha man dun xogador da barreira que por encima foi expulsado.
Espero que se manteñan na categoría, non porque o merezcan, senon para que non teñamos que sufrilos outro ano mais.


lunes, 12 de marzo de 2012

Empate ante o Dubra en Silleda

Valioso empate do noso equipo este sábado ante o Fisioterapia de Dubra, non polo punto, que casi non sirve para nada agora mesmo tan como vamos na clasificación, pero sipara a moral do equipo que estaba un pouco tocada logo dos merecimentos dos derradeiros partidos.
O Dubra é un equipo con unha dianteira letal, o número 7, un dos mellores dianteiros da categoría, sin dúvida ademais moi boa persoa no campo, trouxonos de cabeza cos seus regates e velocidade.
Empezou o partido con dúvidas no noso equipo e eles apretando a nosa media con varias xogadas perigosas sobre a nosa portería e a persar de que o balón non entrou na portería, non sería inxusto que poideran marcar algún gol, asi nos fomos o descanso 0-0.
No segundo tempo, mas do mesmo nos mais asentados no campo, pero eles con balons largos complicabannos moito a nosa defensa, e así nunha perda no medio do campo chegaría un contra ataque deles e 0-1.
Logo chegou a nosa reacción e nun remate de corner empatamos o partido, a partires de ahí, eles seguiron facendo xogo a contra e nos presionamos mais sobre a súa porteria, logo de que Mariño saleu lesionado e Juan, tivo que xogar Fernando de dianteiro, ainda así no desconto Beni lanzou un balon o longueiro, que podía supoñer a nosa victoria e 3 puntos que moita falta nos fan.
Asi e todo este ano tampouco temos nada de sorte, e temos que seguir loitando e dando a cara en todolos partidos, pase o que pase, Aupa River.
Próximo partido en Ribeira ante o Mirador de Padín, equipo o que lle gañamos en Silleda pero que ten moi bos xogadores.

Non merecimos perder en Calo

O sábado 3 de marzo perdemos contra o equipo Recamb. Arturo, un partido que mereceríamos gañar si marcamos as ocasións falladas, pero non foi así e perdemos nos derradeiros minutos do partido.
Empezamos o partido con 11 xogadores sobre o campo e adiantámonos no marcador dun gol de falta de Beni, que marca de falta directa, eles dominaron o xogo neste primeiro tempo pero nos tivemos dous ocasions de Kurras solo diante do porteiro que non acaban en gol, Cuiña tivo outra clarisima despois de regatear a dous defensas deles, e Pampín cando iba a tirar a porta solo, pasalle o balón a Kurras e o árbitro pita fora de xogo.
Asi nos fomos o descanso, no segundo tempo con 10 xogadores pola lesión de Maril, dominamos o partido e tivemos o equipo contrario contra as cordas, eso si, eles son un equipo moi duro e que presionan moitisimo o árbitro durante todo partido, asi é que o delegado ainda estando sancionado estivo todo tempo encima do campo presionando o árbitro.
E chegaría o gol deles, a principio do segundo tempo, e nos con posibilidades de adiantarnos de novo, pero a presión deles era tanta, sobre o árbitro que parecía que si non marcábamos ibamos acabar perdendo e así foi, faltado 10 minutos nunha salida deles pola banda dereita centran é rematan o 2-1.
Increible que un equipo como este nos leve 10 puntos na clasificación nestes momentos, para a maioria de nos, o peor equipo da categoría, ainda que na clasificación ese somos nos.


miércoles, 22 de febrero de 2012

Fallece Dani (Machete)

Logo de unha longa enfermedade fallece o noso compañeiro Dani (Machete), unha perda grande para os amigos que o apreciabamos fora e dentro do campo, un compañeiro que non fallaba e que non se esquecera NUNCA para nos e para o River Silleda, equipo no que xogou asta que poido.
En nome meu de todolos xogadores e compañeiros, amigo Machete.
Descanse en Paz.

Derrota ante o Maderas Ramos

Visitabanos o lider da categoría no campo do Bandeira, campo de terra en boas condicións, e alí perdimos por 6-2, nun partido que solo tivemos ocasions claras o principio de partido, logo todo foron imprecisións que nos levaron a perder por 4-0 no primeiro tempo, incluido un gol noso en propia meta, e dous deles en claro fora de xogo, pero tamen contan.
No segundo tempo o partido volveuse mais pausado en asía acabamos, con goles de Lolo e Mariño.

Derrota en Boqueixon

Dos a cero foi o resultado final do partido contra os Hnos. Couto en Boqueixon, mantivemonos vivos todo partido, asi fomos con empate a cero o descanso, no segundo tempo eles adiantaronse no marcador nunha xogada pola banda dereita nosa.
Asi e todo o segundo gol conseguíano de falta directa no derradeiro minuto do partido, 2-0.
O equipo fixo un bo partido a pesar das brusquedades do rival. Aupa River.

viernes, 27 de enero de 2012

Derrota en Cuntis

O sábado non foi o noso día en Cuntis e dous erros en defensa condicionaron o partido, saimos o campo, que por certo, está fatal (unha pataqueira), con cautela e ainda parecía que dominábamos un pouco o xogo, e así chegaría o primeiro gol deles, un desplazamento longo do balón que o noso central se traga por arriba chegando o dianteiro deles, que está ademais en fora de xogo, encara o porteiro e gol.
O segundo chegaría noutro erro noso, neste caso do outro central que non acerta a despexar outro balón largo sobre o dianteiro deles Alberto, que pega o balón dende o medio do campo e marca gol pillanod o noso porteiro adiantado.
2-0 e nos con cara de parvos, nese primeiro tempo Pampín e derribado na área deles e Martín ó árbitro que estivo moi caseiro, non pita nada, seica pensou que seguía a xogada.
Logo fan eles unha xogada cerca da nosa área, onde reclamamos fora de xogo que non era, e acabamos derribando o dianteiro, penalty que transforman. 3-0
Nada, que nos fomos o descanso con cara de parvos porque eles tampouco fixeran tanto como para ir gañando o partido desa maneira.
No segundo tempo, expulsanos un xogador de forma correcta por dar un manotazo o número 10 deles, non e xustificado a acción do noso xogador pero todos sabemos de que se trataba, do número 10 deles, un xogador bo, pero que deixa moito que desexar como persoa no campo en todolos los partidos, todos sabemos de quen falamos MONTY.
Pois nada, no segundo tempo e con 10 xogadores dominamos o xogo, e eles dedicaronse a perder o tempo de forma descarada.
O final, os tres puntos quendan en Cuntis e nos desexamoslle sorte para que se manteñan na categoría, sorte que van a necesitar pola categoría dos rivais os que nos enfrentamos.

P.D.:  Destacar as baixas de Chinchilla o porteiro e Curras e Nacho no centro do campo, si que se notaron según a miña opinión.


lunes, 16 de enero de 2012

O Rest. Ribadavia un equipazo

Partido complicado o sábado contra o Rest. Ribadavia e si é certo que na primeira volta estivemos a punto de darlle un disgusto neste caso non foi posible poñelos en apuros asta o final, sobre todo porque as dúas únicas ocasións que tivemos para adiantarnos no marcador, una de Maril e outra de Cuiña non as acertamos e nestes partidos ou aproveitas o pouco que che dexian ou perdes seguro.
saliron eles a tocar e dominar o balón con boas maneiras e nos a defendernos como podíamos, asi unha e outra vez e nunha delas chegaría o gol deles de tiro raso pegado o pao ixquierdo, 1-0 e así fomos o descanso, pero nos coa sensación de non dar feito nada.
No descanso Lolo que fai as funcións de entrenador puxonos no noso sitio, porque aquelo parecía un galiñeiro, e saímos a intentalo de novo, e con algún outro roce entre un par de xogadores nosos e deles chegaría a expulsión de un xogador deles, parecía que o partido se podía igualar un pouco pero non era posible, eles seguían tocando o balón e nos correndo detrás deles, e así chegaría o 2-0, tamen de parede o medicentro deles entra dentro da área e fusila o noso porteiro, xa todo estaba acabado.
Ainda así marcarían o terceiro, golazo de falta directa bastante fora da área pola escuadra e abrindo o balón, si ese gol o marcar Cristiano daría moito que falar.
E esa, é toda a istoria do partido, no segundo tempo puxémoslle mais ganas pero os puntos vansenos de Silleda, fecilitalos polo xiogo feito e tamen o árbitro que fixo un partidazo, neste caso Ruibal, a mín encantoume polo arbitraxe, impresionante, o igual que o sábado pasado que tamen tivemos outro moi bo arbitraxe logo de desastroso árbitro que nos pitou co D. Budi.
Próximo partido en Cuntis, a ver que facemos. Aupa River.


lunes, 9 de enero de 2012

Merecida victoria ante o Romel Dodro

Este sábado o River estaba descoñecido, por primeira vez en toda tempada estaba o equipo o completo, solo faltaba Francis, que nesta tempada parece que non vaia a xogar ningún partido por lesión.
O rival non era doado, o Romel un equipo moi complicado e loitador, con fama de follonero, empezou dominando o xogo e nos apenas podíamos facer unha xogada combinada, e así chegaría o primeiro gol deles, un golazo que sorprendeu o noso porteiro Chinchilla que volvía a porta logo dunha lesión importante, e fixo un par de paradas de mérito durante o partido.
Lolo facendo a súa función de xogador adestrador movía o banquillo con criterio e eso dou os seus resultados, saleu Beni o campo e revolucionou o partido, o River empezou a dominar o xogo e él mesmo de un forte disparo de folla seca empataba o partido nun momento moi importante para nos.
Co empate íbamonos o descanso, parece que era posible ainda gañar o partido, cando nos primeiros 20 minutos parecía imposible de todo, eles con xogo directo incluso tiveran ocasión para poñerse 0-2.
No segundo tempo, os primeiro minutos foron detarminantes para poñerse por diante e cerrar o partido, Beni novamente dende fora da área volvía a marcar outro golazo que nos adiantaba no marcador, eles non o creían e íbanse a baixo de forma clara, non tardaría en chegar ó 3-1 tamén de Beni a pase de Cuiña, con rabía o noso xogador celebraba o hard trip da tarde.
Nese momento e cando todo parecía doado, chegou a expulsión de Pampín, un pouco ríxida pola súa parte o árbitro que estivo ben en lineas xerais, e increiblemente ben seguindo os foras de xoga, este árbitro debería pitar mais en División de Honra.
Esto complicávanos o partido porque era o minuto 12 e eles ainda podían darlle a volta o resultado, entón tocounos defendernos con uñas e dentes, e tamen facer que todolos xogadores participaran do partido, e así chegamos o final do encontro, 3-1.
Decir do rival que sacando una pequena tangana do número 13 deles que se pucho fora de sí nun momento do partido, e que fixo que o banquillo se votara o árbitro nun momento dado, polo demais, un equipo normal como outra calquer, que non amosou a súa mala fama na categoría.
Co próximo partido, moi complicado contra o Rivadavia, equipo que vai a un punto do lider e que si ven no seu campo estivemos a punto de gañar ou empatar, en Silleda vai a ser difícil, pero iremos a por todas, non temos nada que perder.
Aupa River.................