Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





jueves, 29 de noviembre de 2012

O noso primeiro punto en Bergantiños

O sábado pasado fixemonos co primeiro punto desta liga en Buño contra o Bergantiños, increible e nunca nos pasou estoq ue despois de 10 xornadas fora noticia acadar un punto, pero este ano veñen dadas asi e non hai mais que facerlle.
Facendo autocrítica podemos decir que o equipo perdeu moita calidade e competividade, moitos dos xogadores nosos non xogaron o futbol e os que o fixeron estan lesionados ou non están sempre por razons laborais, en fin, esto é o que temos.
O partido do sábado foi un partido igualado e o empate fixo xustiza do que se veu no campo, o primeiro tempo foi noso e o segundo foi deles, asi e todo, por pouco volvemos a perder un partido que non merecíamos perder, pero a falta de 7 minutos eles adiantábanse no marcador logo de tirar nos por medio de Amado un balón o longueiro.
Pero esta vez a sorte non estivo esquiva con nos e xa no tempo de desconto Beni marcou de  unha falta o empate, o poerteiro non podía ver ben o balón e asi nos fomos o vestiario.
Un arbitraxe normal para nós, e eso xa e noticia, un home dialogante e que daba gusto estar no campo, con árbitros así podes perder ou gañar, pero estos son os árbitros de veteranos, nos os señores chuletas que porque lles dan una camiseta negra pensan que lles deron unha toga e se creen xuizes.
Próximo partido contra o Bertamirans as 4 e cuarto en Silleda.
Equipo que xogou o sábado en Buño (Malpica) contra o Bergantiños Veteranos.

No hay comentarios: