Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 30 de marzo de 2008

River Silleda 1 - Asador Alambique 6

Non hai lugar a dudas, o equipo de Compostela pasounos por encima, a pesar de adiantarnos no marcador con un gran gol de Lolo de falta directa. Nada que decir, un equipo que nos sacou os colores por primeira vez nesta liga. Severo revés, non pola perda dos tres puntos, senon porque foi un duro golpe a moral do equipo, pero esto sigue, e non podemos baixar os brazos, ainda dependemos de nós e de momento, non estamos nas posicións de descenso, ainda que o noveno posto fai que toquemos fondo. Esperannos catro enfrentamentos directos con rivais que se xogan o mesmo que nos, e ahi si teremos que dar todo de nós. De momento para o sábado que ven, partido de copa contra o Dubra, no seu campo, un rival que parece ter un bo equipo xa que vai imbatido na súa categoría. A ver cantos xogadores nos desplamos a Dubra, porque os partidos de copa son una incognita. Veña, arriba River....

domingo, 16 de marzo de 2008

Lalin 2000 1 - River Silleda 0

Partido de rivalidad entre os dous equipos da comarca de Deza de División de Honra, e victoria do lalín que este ano nos acadou os 6 puntos en disputa. Non estivemos a altura das circunstancias unha boa parte dos xogadores o que fixo que despois de duas claras oportunidades de adiantarnos no marcador que tivo Calviño, nunha xogada de contrataque logo da perdida de balón pola nosa defensa en duas ocasións o intentar sacar o balón da como resultado unha entrada pola banda izquerda e centro que e rematdo o fondo das redes. O descanso fomos co 1-0 xa que ainda que tiñamos un falso dominio do xogo, porque o lalin prefería ceder o campo e xogar a balons largos, no fomos capaces de crear ocasions de gol, quixais un agarron a Nacho puido ser penalty pero deses non se pitan e menos a nos.
No segundo tempo tentamos dominar de novo o partido e demos a sensación por momentos de que ibamos a empatalo en calquer momento pero non foi posible, estivemos mal en defensa e a sensación de perigo iba en aumento na nosa area debidos os erros e o gol non chegaba, nuha dese ocasions e xa co tempo rematado o lalin sentencia o partido co segundo gol.
Noraboa o Lalín que da un paso case que decisivo para manter a categoría e nos a loitar nos partidos que nos quedan, esto sigue dependendo de nos, e non podemos votarnos a baixo nos momentos que mais necesitamos estar xuntos e facer equipo, próximo partido co Asador alambique, complicado pero haberá que tentar dar a sorpresa porque nos en Outeiriño somos un equipo moito mais combatibo e gañador.
Francis non estivemos a altura, pero non nos damos por vencidos, morreremos matando.....arriba ese ánimo.

domingo, 9 de marzo de 2008

River Silleda 3 - Peña Navegante 1

Loitando conseguironse os tres puntos.
Parecía que non había xente para xogar este partido, as 6 da tarde non eramos máis de 7 xogadores no campo, eso é moi perigoso porque nin se quenta nin se sale concentrados nin nada. E claro, entre que salen o campo unhos, e outros se están cambiando, pois pasou o que suele pasar, e logo de duas ocasións falladas pola nosa parte, o equipo rival marca un gol nun contrataque increible, un só xogador, vaise so da defensa enteira con un autopase sin querer. Para min, falta de concentración do equipo, que xa estaba pensando mais nas ocasións falladas que en defender, e que pdía volver a repetirse a historia de días atras. E nada, despois a loitar e mais loitar. Chegamos o descanso co 0-1. No segundo tempo, e logo da lectura de cartilla por parte de Francis, pois no minuto 1 marcamos o primeiro, gol que casi non entra logo de tres rexeites do porteiro rival que fixo unhas paradas impresionantes. Gol de "guevos" de Lolo, que entra con todo e mais. O segundo gol chega no minuto 4, gol de Calviño colocando ó balón no segundo pao logo de un bo pase de Heredia, e xa todo estaba mais claro, ainda que o Peña Navegante inquietaba bastante nos cornes e balóns aéreos, ahí si tiñamos medo de que podía chegar o empate, non esquecíamos os dous goles que nos marcaran en Conxo de cabeza nos corners. Mais tarde chegaba o 3-1, golazo de Pastor batindo o porteiro na saida, falta facía para Pastor, que non estaba tendo ningunha sorte cara o gol.
Bueno, en resumen, partido ganado e a seguir loitando unha seman máis, un dez tamen para o equipo contrario, con un comportamento exemplar, un dez para eles e sorte nesta liga, que ainda falta moito. Ahhh, para min bo arbitraxe por parte de Montero, xa nos facía falta que veñan arbitros con ganas de pitar o que ben, sin importar o equipo.
Para a seman, partido de rivalidad en lalín, nada fácil, necesitados de puntos os dous equipos, eles que contra nos se motivan o doble, e seguro que vai a ser un partido duro e competido, pero nos tamen iremos a por todas, a ver si lle devolvemos a derrota na casa da primeira volta que tanto daño nos fixo moralmente.
Noraboa a todo o equipo, e solo decir que estamos no bo camiño, eso estabase vendo nos ultimos catro partidos a pesares dos resultados, merecíamos algo mais, e parece que agora ó equipo está máis motivado e loitador, cree nas súas posibilidades e todo eso grazas o chacaritas de Francis que sabenos subir a adrenalina nos momentos oportunos. Ahhh....unha noraboa para Orza que fixo o mellor partido dende que está no River, bravo Orza.....

domingo, 2 de marzo de 2008

River Silleda 0 - Negreira 2

Outra derrota mais en Outeiriño, a cuarta este ano, e parece que non vai a ser a última, pero peor non nos vai a ir. Xogamos ben, tivemos ocasions, una, duas, tres, un balón o poste, hasta tivemos o lider contra as cordas, pero nada, cegados cara o gol non fomos capaces de marcar e chegamos o descanso con 0-0. O segundo tempo xa foi outra cousa e ainda que tivemos unha ocasión mais o Negreira xa demostrou porque esta ahi de lider e de seguir con esa regularidad poden ser os campións de liga este ano, e ogalla o sexan, porque demostraron ser un equipo moi correcto e serio, limpio e deportivo. Pois eso, outra vez de falta o equipo contrario, neste caso o numero 23, un gran xogador nos mete o balón polo mesma escuadro do partido anterior, e case dende o mesmo sitio. O-1 no minuto 12 e nos xa non fomos capaces de darlle a volta o marcador, no desconto o Negreira cerra o partido co segundo gol. Non queremos cargar contra o árbitro, pero esto é un cachondeo padre, o único árbitro que non queremos que nos pite é ben por terceira vez a pitarnos, e perdemos sempre con el, por encima cachondease e dinos que lle chamamos a agrupación para que no manden mais, pero que xa non volve mais, e mellor pa todos porque xa nos dixo e mais de unha ocasión que nos tiña manía os de Silleda e lalín, a saber porque. Ben deixando estos temas que son "pecta minuta", volvamos o noso, temos que gañar o seguinte partido co Peña Navegante, ahi si nos vai a permanencia, de todas formas, un dez po equipo, unha pena que agora que melloramos os resultados non nos acompañen e nos estamos desesperando un pouco. Veña, aupa River.