Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 27 de enero de 2012

Derrota en Cuntis

O sábado non foi o noso día en Cuntis e dous erros en defensa condicionaron o partido, saimos o campo, que por certo, está fatal (unha pataqueira), con cautela e ainda parecía que dominábamos un pouco o xogo, e así chegaría o primeiro gol deles, un desplazamento longo do balón que o noso central se traga por arriba chegando o dianteiro deles, que está ademais en fora de xogo, encara o porteiro e gol.
O segundo chegaría noutro erro noso, neste caso do outro central que non acerta a despexar outro balón largo sobre o dianteiro deles Alberto, que pega o balón dende o medio do campo e marca gol pillanod o noso porteiro adiantado.
2-0 e nos con cara de parvos, nese primeiro tempo Pampín e derribado na área deles e Martín ó árbitro que estivo moi caseiro, non pita nada, seica pensou que seguía a xogada.
Logo fan eles unha xogada cerca da nosa área, onde reclamamos fora de xogo que non era, e acabamos derribando o dianteiro, penalty que transforman. 3-0
Nada, que nos fomos o descanso con cara de parvos porque eles tampouco fixeran tanto como para ir gañando o partido desa maneira.
No segundo tempo, expulsanos un xogador de forma correcta por dar un manotazo o número 10 deles, non e xustificado a acción do noso xogador pero todos sabemos de que se trataba, do número 10 deles, un xogador bo, pero que deixa moito que desexar como persoa no campo en todolos los partidos, todos sabemos de quen falamos MONTY.
Pois nada, no segundo tempo e con 10 xogadores dominamos o xogo, e eles dedicaronse a perder o tempo de forma descarada.
O final, os tres puntos quendan en Cuntis e nos desexamoslle sorte para que se manteñan na categoría, sorte que van a necesitar pola categoría dos rivais os que nos enfrentamos.

P.D.:  Destacar as baixas de Chinchilla o porteiro e Curras e Nacho no centro do campo, si que se notaron según a miña opinión.


lunes, 16 de enero de 2012

O Rest. Ribadavia un equipazo

Partido complicado o sábado contra o Rest. Ribadavia e si é certo que na primeira volta estivemos a punto de darlle un disgusto neste caso non foi posible poñelos en apuros asta o final, sobre todo porque as dúas únicas ocasións que tivemos para adiantarnos no marcador, una de Maril e outra de Cuiña non as acertamos e nestes partidos ou aproveitas o pouco que che dexian ou perdes seguro.
saliron eles a tocar e dominar o balón con boas maneiras e nos a defendernos como podíamos, asi unha e outra vez e nunha delas chegaría o gol deles de tiro raso pegado o pao ixquierdo, 1-0 e así fomos o descanso, pero nos coa sensación de non dar feito nada.
No descanso Lolo que fai as funcións de entrenador puxonos no noso sitio, porque aquelo parecía un galiñeiro, e saímos a intentalo de novo, e con algún outro roce entre un par de xogadores nosos e deles chegaría a expulsión de un xogador deles, parecía que o partido se podía igualar un pouco pero non era posible, eles seguían tocando o balón e nos correndo detrás deles, e así chegaría o 2-0, tamen de parede o medicentro deles entra dentro da área e fusila o noso porteiro, xa todo estaba acabado.
Ainda así marcarían o terceiro, golazo de falta directa bastante fora da área pola escuadra e abrindo o balón, si ese gol o marcar Cristiano daría moito que falar.
E esa, é toda a istoria do partido, no segundo tempo puxémoslle mais ganas pero os puntos vansenos de Silleda, fecilitalos polo xiogo feito e tamen o árbitro que fixo un partidazo, neste caso Ruibal, a mín encantoume polo arbitraxe, impresionante, o igual que o sábado pasado que tamen tivemos outro moi bo arbitraxe logo de desastroso árbitro que nos pitou co D. Budi.
Próximo partido en Cuntis, a ver que facemos. Aupa River.


lunes, 9 de enero de 2012

Merecida victoria ante o Romel Dodro

Este sábado o River estaba descoñecido, por primeira vez en toda tempada estaba o equipo o completo, solo faltaba Francis, que nesta tempada parece que non vaia a xogar ningún partido por lesión.
O rival non era doado, o Romel un equipo moi complicado e loitador, con fama de follonero, empezou dominando o xogo e nos apenas podíamos facer unha xogada combinada, e así chegaría o primeiro gol deles, un golazo que sorprendeu o noso porteiro Chinchilla que volvía a porta logo dunha lesión importante, e fixo un par de paradas de mérito durante o partido.
Lolo facendo a súa función de xogador adestrador movía o banquillo con criterio e eso dou os seus resultados, saleu Beni o campo e revolucionou o partido, o River empezou a dominar o xogo e él mesmo de un forte disparo de folla seca empataba o partido nun momento moi importante para nos.
Co empate íbamonos o descanso, parece que era posible ainda gañar o partido, cando nos primeiros 20 minutos parecía imposible de todo, eles con xogo directo incluso tiveran ocasión para poñerse 0-2.
No segundo tempo, os primeiro minutos foron detarminantes para poñerse por diante e cerrar o partido, Beni novamente dende fora da área volvía a marcar outro golazo que nos adiantaba no marcador, eles non o creían e íbanse a baixo de forma clara, non tardaría en chegar ó 3-1 tamén de Beni a pase de Cuiña, con rabía o noso xogador celebraba o hard trip da tarde.
Nese momento e cando todo parecía doado, chegou a expulsión de Pampín, un pouco ríxida pola súa parte o árbitro que estivo ben en lineas xerais, e increiblemente ben seguindo os foras de xoga, este árbitro debería pitar mais en División de Honra.
Esto complicávanos o partido porque era o minuto 12 e eles ainda podían darlle a volta o resultado, entón tocounos defendernos con uñas e dentes, e tamen facer que todolos xogadores participaran do partido, e así chegamos o final do encontro, 3-1.
Decir do rival que sacando una pequena tangana do número 13 deles que se pucho fora de sí nun momento do partido, e que fixo que o banquillo se votara o árbitro nun momento dado, polo demais, un equipo normal como outra calquer, que non amosou a súa mala fama na categoría.
Co próximo partido, moi complicado contra o Rivadavia, equipo que vai a un punto do lider e que si ven no seu campo estivemos a punto de gañar ou empatar, en Silleda vai a ser difícil, pero iremos a por todas, non temos nada que perder.
Aupa River.................