Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


lunes 23 de noviembre de 2009

Portosin Sigrami 3 - River Silleda 4

Cuarta victoria consecutiva nesta liga, a visita a Nebra (Portosin) campo embarrado e con charcos daríanos una alegría o acadar os tres puntos da contienda nun partido un pouco raro que nos poideron empatar ainda que merecemos a victoria sin dúvida algunha.
Saimos o campo coas baixas por lesión de Mariño e Nacho e Manolo Fidalgo, e as novas incorporacións do medio centro, empezou o partido co vento en contra e costa arriba, o equipo contario atacaba con balons largos e colgados sobre o noso porteiro Fernando que se atopaba un pouco inseguro nese barrizal., ainda así faría unha boa parada a bocaxarro dun xogador contrario. Pero pronto chegaría o 0-1 obra de Javi Gonzalez que logo de marrar un par de ocasions daría co balon no fondo das redes rivais. Seguimo coa mesma tónica e chegaríanos o 0-2 nunha xogada similar, o equipo contrario tentaba sacar obalón controlado dende atrás e perdía o que daba lugar as nosas ocasions claras de gol.
Fomonos o descanso co 0-2 pero o partido ainda non estaba pechado, podía chegar a reacción do equipo local en calquer momento e a eso tíñamoslle moito respeto. Nada mais sair o campo marcamos o 0-3 e agora si parecía que o partido estaba sentenciado, pero non, o pouco tempo un fallo de despexe da defensa costaríanos o 1-3 e logo o 2-3 en cinco minutos o que metía o equipo contario no partido con moito tempo por disputar.
Menos mal, que noutra xogada nosa acadamos o 2-4 e todo parecía que podía ser definitivo dadoq ue o equipo contrario baixaría a presión e todo foi transcurrindo por eses derroteiros hasta que o árbitro empezou a cosernos a faltas o borde da área o que daba forza o equipo contrario, e claro chegaría o 3-4 faltando 15 minutos nun fallo polo centro da defensa nun despexe defectuoso dos centrais. Eso complicou o partido, dado que tanto Javi Gonzalez como David Vieites estaba xa fora do partido lesionados, José lesionouse antes de entrar o campo e Lito renqueaba por mor dun nocello.
Eles tiverón duas oportunidades para empatar o partido, nunha delas Lolo sacou o balón cando iba a entra na portería e noutra tiraron o balón tan cruzado que non chegou a entrar. E como o árbitro xa non podía darlles mais oportunidades, deu por finalizado o partido e os tres punto viñeron para Silleda.
O problema temolo pa seman, menos mal que é un partido de copa, coas baixas de José, David, Manolo Fidalgo, Lito e Javi Gonzalez e coas dúvidas ainda tamen por lesiónd e Mariño e Nacho, todo parece indicar que non vamos a poder disputar o encontro a non ser que saíamos con 8 xogadores o terreo de xogo.
Aupa River.....

lunes 16 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Irmandade 0

Por fin encadeamos tres partidos seguidos gañando, logo de oito partidos xogados podemos decir que o equipo está no bo camiño, gañando os partidos da casa sin moita dificultade e acadando puntos fora, todo perfecto salvo o desastre do Pino, onde perdemos con todalas da lei.
Visita do conxunto de Irmandade, na que xoga o presentador da Tv galega Terio Carrera, que amosou bo toque do balón. O equipo contrario foi limpo no xogo e para nos non foi dificil ir pouco a pouco minando as suas ansias goleadoras. Con 2-0 fomos o descanso, goles de Javi e Nacho. No segundo tempo salimos mais relaxados e logo do terceiro gol marcado por Javi, tomamos o partido de outra maneira, a pasar os minutos e dar tempo os xogadores que menos participan ainda que con solo dous cambios pouco podemos variar o equipo.
Para a semana partido importante en Porto do Son contra o Portosin, parece un equipo que vai moi ben na liga e que nos pode complicar moito as cousas, sería importante puntuar ainda que gañando na casa, os partidos de fora podemos xogalos con mais tranquilidade.
Aupa River...vamos ben.....