Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 29 de diciembre de 2008

River silleda 4 - Melivet Santiso 1

Partido de copa xogado en outeiriño contra o Melivet de Santiso, partido que xogamos con poucos efectivos, solo 12 xogadores sobre o cesped, dado que Mariño fixo de adestrador por estar sancionado.
Sería o Melivet o equipo que se adiantou no amrcador na primeira metade, chegando a igualada e o 2-1 no primeiro tempo.
O final do partido 4-1 e pasamos ronda, que era do que se trataba ainda que a lengua vainos a costar cara a dous dos nosos xogadores. Por un lado Mariño que dende a bancada lle faltou o árbitro que no estaba facendo mopi ben pero é o de sempre, temos colexiados que non lle caemos nada ben e eso notase a hora de pitar, en caso de duda para os contrarios.
E o acabar o partido expulsou por 2 amarilla a Elias cando se iba a caseta por decirlle "que bo eres árbitro, eres un chulo", está mal feito, ainda que dixera a verdade, as verdades doen, e as veces e mellor calar porque agora vanse a cebar con él, por poñerlle que os compañeiros tiveron que coutalo por enfrentarse ó arbitro.
Resumindo, que pasamos pero a victoria quedou empañada polo coste que nos vai a supoñer dado que este ano somos poucos os xogadores e as expulsions poden ser determinantes os partidos.
Compañeiros .....calma cos árbitro que se equivocan e outros non nos queren ben, pero calma senon, e mellor deixar esto e dedicarse a outra cousa, asi non vamos a ningún lado.
Aupa River.

lunes, 22 de diciembre de 2008

River Silleda 3 . Metal Noia 2

Noraboa, terceira victoria en Outeiriño, con poucos xogadores como todo este ano empezamos o partido, un partido que foi moi igualado no primeiro tempo acabando con 0-0 ó descanso. No segundo tempo tamen foi igualado , empezamos marcando nos o 1-0 golazo de Cuiña, empate do equipo contrario a falta de 12 minutos, xa empezabamos a ver as cousas complicadas e marcamos ó 2-1, golazo de cuiña, e pronto caeu tamen o 3-1, supergol de Ojea. Todo parecía doado, pero nada, empata o drosal 24 do equipo contrario noutro supergol pola p... escuadra e tocou sufrir, non sei canto tempo porque creo que o tempo xa estaba acabado co segundo gol deles. Nada, partido de golazos e ainda que se nos nota una falta de físico moi importante si que puxemos mais corazón e sumamos os tres puntos no noso marcador. Agora ven a Copa que nada nos preocupa é para xaneiro a ver si temos xa en boa forma a Vinseiro e empezamos a marcar goles. Obxetivo facer 6 puntos dos 9 posibles na primeira volta, asi arranxamos este fatal comenzo de liga e na segunda volta xa dios dirá.
Destacar a actuación no medio cmapo de ojea, que fixo un partidazo.
Forza River.....

lunes, 15 de diciembre de 2008

River Silleda 1 - Bertamirans 3

Pois parece ser que esto non cambia nada, a pesar de que Juan (Leon) deixe o equipo como adestrador non somos capaces de gañar, eso polo menos foi o que pasou este sábado en Outeiriño. A noticia boa, que por fin recuperamos os dous dianteiros lesionados, Ojea e Vinseiro, o primeiro marcou un bonito gol e o segundo saleu no descanso o amosou que sabe crear peligro na area contraria.
Vin oi equipo concentrado de saida, aguantando o rival e que se caeu co gol acadado por eles dende fora da area con un bo tiro.
No segundo tempo salimos a empatar o partido pero o chegarnos o segundo e terceiro gol nada mais empezar, xa non habia nada que facer, de todas formas marcamos o primeiro e puxemos en apuros os contrarios durante 15 minutos, non tivemos acerto na xogada de Lolo o fallar un man a man co porteiro contrario, que por certo nos pareceu moi bo, o sacar duas faltas complicadas, e nada, que deixamos que o partido fose morrendo sin mais.
Non sei o que pasa pero non pode ser que agora non seamos capaces de gañar os partidos, si e certo de que este ano non están nin Francis nin Heredia e se notan moito, pero coas incorporacions de Vinseiro e Ojea tiñamos que facer mais daño o equipo contrario, de todas formas estamos baixos fisicamente e eso notase, xunto coa moral que baixamos a cabeza cando nos marcan e xa non creemos na remotada como facíamos antes.
Veña, hai que recuperarse, non está nada perdido ainda.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Próximos Partidos

River Silleda - Bertamirans. Sabado 13 a las 4 y media.
River Silleda - Metal Noia. Sabado 20 a las 4 y media.