Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de octubre de 2010

Goleada en Porto do Son

O sábado xogamos contra o Sograme Portosín o sexto partido desta tempada y trouxemos os tres puntos en xogo para Silleda.
Partido as 6 e media da tarde, polo noso equipo solo tíñamos as baixas de Nacho por lesión no partido anterior, Francis que non podía ir e o porteiro Chichilla que andaba no Rally de Catalunya.
O partido foi moi intenso e ainda que o controlamos en todo momento, non foi tan doado do que pode parecer porque ainda que eles case qeu non chegaban a nosa porteria, salvo un balón o poste de falta no primeiro tempo, xogaban moi fortes e intenso o que faría que o partido fose moi disputado e eles ainda perdendo nunca baixaron a loita asta que acadamos ó cuarto gol noso.
No primeiro tempo, o equipo empezou atacando a meta contraria e así chegaría o golazo de Cuiña con un tiro de baselina dende fora da área.
O segundo chegaría nunha falta votaba maxistralmente por Beni, cheganod o segundo tempo con 0-2.
No segundo tempo, os goles irían caendo pouco a pouco e quizáis a expulsión do porteiro no cuarto gol, neste caso tamen de Cuiña, faría que se viñeran a baixo e chegaría o quinto que marcou Dardo. O terceiro gol sería obra de Javi, na portería Manuel Gonzalez estivo moi ben no pouco traballo que tivo.
En canto a eles, pois son un equipo intenso e que non debería estar tan abaixo na clasificación, ainda que non teñan moita pegada arriba.
O árbitro estivo ben, e soupo controlar un partido que non era fácil dado a intensidade dos dous equipos, un notable para o Sr. Bugallo.
Aupa River....

lunes, 18 de octubre de 2010

Cinco de 5.

O sábado acadamos en Silleda a quinta victoria desta tempada ante un complicado Bar Nieto Chaian, equipo que parecía fácil e que despois nos puxo moitos atrancos para conquerir os tres puntos.
De saida, solo tíñamos a falta de Beni, polo demáis o equipo o completo, incluido Francis que debutaba como xogador de campo, e non o fixo nada mal por certo.
Saimos fríos o campo e pasaban os minutos e non éramos capaces de concretar as xogadas de gol, incluso o equipo contrario chegaba con certo perigo a nosa área, e nunha desas xogadas, logo dun erro defensivo, adiantábase no marcador, 0-1, chegando o descanso.
No segundo tempo, saimos a queimar todalas naves, e volcámonos sobre a portería contraria, e chegaría o gol de Javi a pase de Francis, gol que celebramos con entusiasmo pero que non subiría o marcador porque o colexiado anulabo logo de pitar o centro do campo, incompresible a súa decisión, e eso púxonos nerviosos e aloucados, pero víase que podíamos remontar o partido. Coa salida de Cuiña e coas incursións de Javi, Manu e Francis, a portería rival estaba en constante asedio pola nosa parte e así chegaría por fin o primeiro tanto, como non de Javi Gonzalez.
Logo, nunha falta botada dende a banda Mariño conseguía o 2-1, nun erro do meta contrario que asta ese momento estivera increibel, e logo xa no final do partido chegaría o 3-1 que cerraba o partido para nós e os tres puntos quedaban en Outeiriño.
O Chaian deixounos unha boa impresión e de seguir así non debería ter moitos problemas para manterse na categoría ainda que en ataque adolece de perigo.
Quince puntos, e seguimos sumando, próxima seman vamos a Portosín, un rival que o ano pasado era moi complicado e que este ano so acadou 1 punto, pero eso non debe comfiarnos para nada.
Aupa River......

domingo, 10 de octubre de 2010

Manita del River al Automi Rec. Barbanza

Cuarto partido desta tempada e cuarta victoria consecutiva do River Silleda ante o Automi de Boiro. Neste caso os goles chegaron dende o comenzo do partido e ainda que solo nos primeiros vinte minutos dominamos claramente o partido, tácticamente non fomos capaces de facer un xogo controlado e combinativo, eso si efectivo cara o marca do equipo contrario.
Os quince minutos chegaría o primeiro gol nun remate moi duro de Nacho dende fora da área, imposible de deter para o porteiro contrario.
O segundo gol chegaría nun centro chut de Miguel Cuiña que se colaba polo pao largo da porteria contraria e o terceiro nun penalti que lanzou Javi Glez logo de un agarrón clarísimo do defensa contrario.
Así nos fomos o descanso, 3-0 e con ganas de xogar a segunda parte sin moito medo o equipo contrario que ainda que non lle perdera a cara o partido non estaba dando a sensación de remontar no marcador.
No segundo tempo o equipo de Boiro trataba de acurtar distancias pero o noso gol chegaba para sentencias as gañas do Automi, Miguel Cuiña marcaba o seu segundo gol e poñía un 4-0 no marcador, logo o partido non tivo moita mais istoria a non ser que Javi marcaría o 5-0 e eles tivero una ou duas ocasions en todo o partido detidas moi ben polo noso porteiro Chinchilla.
Noraboa a todo o equipo pola solvencia defensiva e a eficacia goleadora, unha manita neste partido que nos deixa coas boas sensacións de que este ano Outeiriño pode volver a ser un campo onde os rivais van a sufrir moito.
En canto ó arbitro, pois podemolo calificar de bo arbitraxe e sin incidencias no marcador.
Aupa River.............

lunes, 4 de octubre de 2010

Terceira victoria nesta tempada

Pois si, conseguimos encadear a terceira victoria consecutiva desta tempada contra o Caneda Amio, co resultado de 1-2.
Presentamosnos a xogar o partido 12 xogadores debido as ausencias por diversos motivos, do partido anterior faltaban Chinchilla, Beni, Maril, Roberto e Francis, pola contra recuperábamos a Lolo e debutaba no noso equipo Dardo.
Salía na porteria Manuel Gonzalez que fixo un bo partido nas ocasions que tivo que deter o balón.
No primeiro tempo e logo do tanteo inicial, onde eles dominaron o campo, nos fomonos facendo con terreo de xogo e empezaron a chegar as ocasions de Javi, que non estaba co "santo de cara", a pesares deso o colexiado Marín Fdez sinalaba unha inexistente cesión voluntaria de Luis o noso porteiro e eles poideron adiantarse no marcador de chegar a transformar a falta.
Co empate no descanso parecía que todo estaba no aire e ainda que nos dominabamos o partido, eles tiñan moito perigo nos contra ataques e parecía que podían chegar a acadar un gol nalgunha xogada aillada.
Na segunda mitade chegaría o noso gol de falta directa transformada maxistralmente por Kurras, ese gol dounos a paciencia necesaria para seguir loitando pola victoria, e todo parecía que si Javi chegaba a área podía marcarlles o segundo e sentenciar o partido, e así foi, Javi marcaba o segundo gol y todo parecía acabarse para eles.
Pero non, a falta de un minuto de tempo reglamentario un xogador noso vería unha rigurosa tarxeta amarilla por protestar e eles marcaban o gol que lle daba a esperanza do empate. Logo virían cinco minutos de inquedanza por parte do noso equipo, pero acabamos o partido cos tres puntos no noso casilleiro.
Resumindo, victoria moi traballada e que nos da a confianza necesaria para pensar que esto pinta ben neste ano.
En canto ó arbitraxe de Martín, pois moi caserillo a pesares de ser un bo árbitro.
Aupa River.......Sábado visitanos o Automi de Boiro........