Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 3 de diciembre de 2012

A primeira victoria chegou

Este sábado Outeiriño volveu a ser o campo talisman do River Silleda, e por fin a sorte que nos faltara en case que todolos partidos estivo do noso lado ou polo menos non estivo esquiva como nestes partidos de atrás.
Non sei que ten que ver que o noso adestrador truoxera una estampiña da Virxe do Remedios de Lamas (Noceda) pero parece que nos dou a fe apra o triunfo.
O rival, o Bertamirans, un equipo correcto e correoso que sin ser dos mellores da categoría, ten bos xogadores e a súa virtude está nunha compensación de líneas o que o fai un equipo moi regular.
Empezou o partido, co noso equipo tentando xogar o balón e eles esperando un pouco as súas oportunidades, e nesas chegou o gol de Nelson, nunha xogada onde o porteiro tenta regalealo e no despexe da na perna do noso xogador e sube o primeiro tanot o marcador.
E así discurreu todo o primeiro tempo e case que todo o segundo, o partido moi igualado, incluso con dominio deles no segundo tempo, e cando íamos polo fatidico minuto 38-39 eles acadan o seu gol, nos xa tíñamos un xogador menos pola expulsion de doble amarela para Marcos por desplazar o balón.
Parecía que a istoria se volvía a repetir, como no partido anterior co Barbanza e en outros partidos mais, e incluso xa víamos perigar o empate, eles votaronse o ataque o noso equipo tamen o xogou todo subindo a Lolo un pouco mais arriba, e das súas botas chegaría o 2-1, gol de falta sacado maxistralmente por encima da barreira.
E xa non houbo moito mais que contar, estábamos case que no desconto e o partido non daba para mais, ainda así chegaría nunha contra o noso 3-1, que marcaría Elías logo de un pase de Pampín.
Resaltar no partido a boa actuación do noso porteiro Fernando Piñeiro que sacao unha falta coa punta dos dedos e outra par de paradas que podían darnos co traste a nosa victoría.
A aptitude do equipo foi inmellorabel, incluso como case sempre o adestrador do equipo contrario, non entendía como podíamos ter tan poucos puntos, pero eso xa e fariña doutro costal.
Próximo partido contra o Puebla, suspendido no seu día, temolo que reanudar no minuto 36 e queda todo o segundo tempo, eles son un equipo complicado pero terán que loitar si queren acadar os tres puntos de Outeiriño.
Aupa River.....

No hay comentarios: