Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de enero de 2010

Clasificaciín Primeira Volta.

CLASIFICACIÓN 1ª DIVISIÓN B
Equipo Puntos

1-. ALMACENES CANCELA TORDOIA .......... 41
2-.
RIVER SILLEDA ................................................33
3-.
VETERANOS DEL COMPOSTELA ...............31
4-.
DEPORTIVO CERCIO ......................................26
5 -.
AGRICOLA SALGUEIRO TOURO ....................24 (2 partidos menos. Portosin e Momo)
6-.
ATL. MELIVET ................................................... 23
7-.
SOGRANI PORTOSIN .................................... ....22 (2 partidos menos.Presidencia e Touro
8-.
SIGÜEIRO VETERANOS ................................... 21
9-.
CASTROSUA ....................................................... 19
10-. CONSELLERIA PRESIDENCIA ..................... 16 (1 partido menos. Portosin)
11 -. S.D. IRMANDADE ............................................ 13
12-.
CARPINTERIA MARQUEZ VILELA ............. 12
13-. O PINO REST. SUSOS ...................................... 11
14-.
FINSA............................................................. ....11
15-.
MOMO SAN PEDRO ........................................ 11 (1 partido menos. Touro.)
16-.
CLIMATRAS ESTEIRO VET. ..................... ... 11

River Silleda 4 - Carpinteria Vazquez Vilela 1

E acabouse a primeira volta con victoria en Outeiriño ante un floxo rival que pouco nos chegou a inquedar a pesares do medo que tiñamos a deixarnos algún punto tonto nestes partidos onde non gañas nada e podes perder unha liga ou un ascenso.
Con tres goles no primeiro tempo, xa non deixamos lugar a sorpresa e ainda que os cambios do segundo tempo non serviron para mellorar si para marcar outro gol e manter o resultado, quedando o final un 4-1.
Pola nosa parte, estivo ben o porteiro que ademais de parar o penalti tivo unha boa actuación sobre todo nos balóns aéreos que é onde mais duvida as veces, estivo seguro e fixo un bo partido.
Pois, nada, agora xornada de descanso e logo empeza a primeira volta contra o Kubos Cercio, equipo que nos ten moitas gañas pola rivalidade o ser un equipo da nosa zona.
De conquerir os 33 puntos da primeira volta seguro que acabamos nesta segunda posición e o subcampeonato estaría asegurado. O primeiro posto está casi perdido ainda que de gañarlle en Silleda tal como debemos, poñeríamonos a 5 puntos deles.
De todas formas, o obxetivo é ascender e tampouco sería moi importante a posición final, de todas formas temos que ir con tino porque pode torcerse calquer cousa, lesions, expulsións, etc.
Aupa River......

lunes, 18 de enero de 2010

River Silleda 1 - Melivet Melide 1

Non fomos capaces de gañar no noso campo o Melivet, equipo que xa nos parecía perigoso e que desmotrou ser moi combativo durante todo o partido e como non se rindeu en ningún momento o final obtivo a súa recompensa, un punto no noso difícil campo ata o momento.
Ainda que o dominio foi noso e dexiaron que nos leváramos o peso do partido, pola nosa parte non tivemos sorte e Javi estaba menos matador que de costume, senon o resultado houbese sido outro. O gol noso chegaría nunha xogada rematada por Javi Gonzalez que manda o balón o pao chegando Elias de atras e remachando nas mallas, non era tampouco tan doado o gol polo rápido que se lle votou encima.
No segundo tempo, salimos desentrados, non está claro si foi debido a facer os cambios todos xuntos, si a que eles parece que dominaban mais o partido e nos xa non tiñamos o balón, ainda que todo parecía que o partido ibamolo a rematar en calquer xogada aislada, pero non foi así e chegaría o gol deles, a partires dese momento, tentamos poñernos de novo por diante pero non houbo maneira, eles perdían tempo, o árbitro tampouco axudaba, e nos quedamos con dez xogadores nos derradeiros minutos, sendo imposible a remontada, incluso fernando tivo que sair nun contrataque que apouco mais dalle a eles o 3 puntos.
Nada, o sábado outro partido na casa, espero que esto os sirva para aprender a lección de que os partidos hai que gañalos no campo e queos rivais tamen teñen xente que pode gañarnos en calquer momento.
Espero que este traspés non signifique unha mala racha neste mes de Xaneiro que nunca se nos da moi ben. Próximo sábado visita do Carp. Marquez Vilela que tentará sorprendernos tamen, e acabarase a primeira volta. De conquerir os tres puntos, teríamos 33 puntos o que non está nada mal para nos nesta primeira parte da liga.
Imaxino que con 66 puntos o ascenso non se nos debería escapar, ainda que pouco a pouco, non vaia ser.....MALOSERA.....

lunes, 11 de enero de 2010

River Silleda 5 - Esteiro 2

Na casa seguimos acadando todolos puntos en xogo, eso fai que de momento non baixemos dos postos de ascenso dende que acadamos esa posición.
O sábado ainda que parece ser que o partido empezou un pouco raro, ou sexa que o equipo contrario ibanos gañando 0-2 no minuto 20, logo chegaría a remontada que parece ser non tivo demasiadas dificultades. Javi Gonzalez acadou 4 dianas o que fai que se pon con alomenos 17 goles, sin moita mais istoria sumáronse os tres puntos en xogo e xa estamos con 29 puntos na clasificación.
Próximo partido en Melide contra o Melivet, partido trampa, xa que este equipo e capaz de darnos a sorpresa, tratandose de un equipo que sempre mantivo certa rivalidade con nos e ainda que nestes momentos non parece pasar polos seus mellores tempos, contra nos daranno todo para gañarnos.
Forza River.....