Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 27 de enero de 2012

Derrota en Cuntis

O sábado non foi o noso día en Cuntis e dous erros en defensa condicionaron o partido, saimos o campo, que por certo, está fatal (unha pataqueira), con cautela e ainda parecía que dominábamos un pouco o xogo, e así chegaría o primeiro gol deles, un desplazamento longo do balón que o noso central se traga por arriba chegando o dianteiro deles, que está ademais en fora de xogo, encara o porteiro e gol.
O segundo chegaría noutro erro noso, neste caso do outro central que non acerta a despexar outro balón largo sobre o dianteiro deles Alberto, que pega o balón dende o medio do campo e marca gol pillanod o noso porteiro adiantado.
2-0 e nos con cara de parvos, nese primeiro tempo Pampín e derribado na área deles e Martín ó árbitro que estivo moi caseiro, non pita nada, seica pensou que seguía a xogada.
Logo fan eles unha xogada cerca da nosa área, onde reclamamos fora de xogo que non era, e acabamos derribando o dianteiro, penalty que transforman. 3-0
Nada, que nos fomos o descanso con cara de parvos porque eles tampouco fixeran tanto como para ir gañando o partido desa maneira.
No segundo tempo, expulsanos un xogador de forma correcta por dar un manotazo o número 10 deles, non e xustificado a acción do noso xogador pero todos sabemos de que se trataba, do número 10 deles, un xogador bo, pero que deixa moito que desexar como persoa no campo en todolos los partidos, todos sabemos de quen falamos MONTY.
Pois nada, no segundo tempo e con 10 xogadores dominamos o xogo, e eles dedicaronse a perder o tempo de forma descarada.
O final, os tres puntos quendan en Cuntis e nos desexamoslle sorte para que se manteñan na categoría, sorte que van a necesitar pola categoría dos rivais os que nos enfrentamos.

P.D.:  Destacar as baixas de Chinchilla o porteiro e Curras e Nacho no centro do campo, si que se notaron según a miña opinión.


No hay comentarios: