Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 15 de octubre de 2012

En Negreira tampouco pudo ser.

O quinto partido de liga que xogamos en Negreira tiña moito de inquedanza por saber cal era a faciana que íamos a presentar no campo do Negreira, equipo que ainda que baixou o ano pasado con nós tiña un arranque de tempada do mais bo, de feito é o líder da categoría.
Por unha vez sobre o campo, estábamos alomenos 15 xogadores e eso notouse sobre o terreo de xogo, o equipo poido recuperarse mellor fisicamente e mantivemos a posibilidade de empate asta o derradeiro minuto.
Saímos atrás esperando o rival e controlando o xogo da mellor maneira posible, eles ofrecían algo de perigo nas súas chegadas a área pero o noso porteiro estaba seguro debaixo dos paos. A lesión de Luis Kurras supoñía a perda de unha peza fundamental para facer frente o seu xogo brusco do centro do campo, pero retirábase lesionado sin poder contar con el para o resto do partido-
E chegaría o noso gol nun momento do partido onde podía caer para calquera dos lados, gol que nos dou a forza e moral que noutros momentos nos falta, pero a clave do partido estivo logo de unha xogada de Roberto que logo de irse do defensa bota o balón fora da portería cando o mais derradeiro era marcar, podía ser o 0-2 e as tornas mudarían.
 E así estivemos asta que nunha xogada, eles sacan o balón rápido nun corner e centran descolocando a defensa e rematando a pracer de cabeza, empate.
E a pouco do final do primeiro tempo, nunha internada pola banda izquierda nosa, o xogador fai o pase da morte e remata a pracer o dianteiro, 2-1 e descanso.
No primeiro tempo tamén eles tiveron un balón o longeiro logo de un saque de corner ou falta.
O segundo tempo foi moi parecido o primeiro, unha loita por dominar o partido, nos non aprobeitamos as faltas e eles facían que o noso porteiro tivera os seus apuros.
O final perdemos este partido, onde tampouco merecemos gañar pero alomenos un puntiño viñanos ben para a moral do equipo que leva 5 derrotas, catro dos partidos fora debido o calendario, e catro deles perdidos por un só gol, outra cousa foi a derrota por catro goles en Boiro.
Non podemos perder a moral nestes momentos, o próximo rival tamen vai ser moi duro, pero xa chegara a recompensa do noso esforzo.
AUPA RIVER............



No hay comentarios: