Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





jueves, 27 de septiembre de 2012

Segundo partido, tamen fora e derrota co Terra de Xallas.

Desplazamonos a Terra de Xallas a xogar o segundo partido de liga, un campo tamen complicado para nós, ainda que habíamos gañado a derradeira vez que xogamos ali, neste caso perdemos por 1 tanto a 0.
Sairon eles doentes apretandonos moito en ataque, a nosa defensa malamente se daba desfeita do acoso rival, e a pesares de todo, Beni tería unha boa ocasión apra adiantarnos no marcador, pero non foi así e foron eles os que de un tiro dende fora da área tiran o balon o longeiro e logo de desvialo Fernando pega nun deles e entra na nosa portería.
Todo parecía normal, e ainda que o gol entrou coa axuda do vento, eles estaban dominando de forma moi clara, como sempre un equipo duro e correoso que non deixa facer contra ataques, xa se encarga o seu adestrador de dar as órdes oportunas de "facedelle falta..facedelle falta...".
Neste primeiro tempo Elías sufreu un penalty clarísimo de un defensa deles que se desentendeu do balon e desplazouno 3 metros tirando con él no chan, o árbitro non quería saber nada de complicarse a vida.
Fomonos o descanso con 1-0 e no segundo tempo as cousas non se presentaban moito mellores, sobre todo porque éramos 11 xogadores e Luis Kurras estaba lesionado de un tirón nos aductores dende o minuto 15 do primeiro tempo.
Eles baixaron quizáis un pouco o xogo pero nós tampouco creábamos perigo como para gañar o partido, esperamos manter así o resultado e si dábamos marcado o final podíamos acadar o empate.
Nos derradeiros minutos, eles lanzaron un balón o poste que casi entra a pesares da estirada de Fernando, logo o mesmo Fernando atallaría un remate de cabeza de un dianteiro e nós con Lolo arriba xa nos minutos finais dábamos mais medo que ocasións de gol, tivemos varias faltas sacadas sobre a área pero que se quedaban co vento moi cortas.
O final do partido, 1-0 e un resultado xusto e o noso equipo fixo un partido honrroso, en canto o árbitro moi caseiro, como no partido anterior, así e moi fácil pitar os partidos.



Comenzo da liga en Tordoia

Ainda que o partido co Tordoia tiñase que xogar en Outeiriño, cambiamos o orden do partido por ter o noso campo ocupado polo torneo de futbol de Alevines en Silleda.
E o primeiro partido foi unha derrota na visita o Tordoia, un equipo que se nos fai moi difícil polo duros e rudos que son xogando no seu campo.
Empezamos o partido esperando atrás e aguantando os ataques do Tordoia que non eran moi perigosos en canto a tiros a porta pero si que dominaban no xogo, ainda así fomos o descanso con empate 0-0.
O árbitro do encontro chamounos porque houbo varias liortas o descanso, sobre todo entre o seu porteiro e os nosos xogadores, asemellaba que o porteiro estaba un pouco fora de sí.
No segundo tempo, o partido seguía a mesma tónica e nos tampouco eramos capaces de finalizar as xogadas, ainda así nos derradeiros minutos eles apretaban mais, sobre todo con rudeza e maneiras pouco deportivas.
E chegaría o penalty a falta de dez minutos para o final, penalty señalado logo de que o balón saíra pola línea de banda, e a impotencia de non pitar o fora dou no penalty.
Nada poido facer Fernando que levaba un bo partido baixo os paos, unha bagoa porque merecemos un empate que nos viña moi ben para levantar os ánimos neste comenzo de liga, pero o resultado é o que é, 1-0.