Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 30 de octubre de 2012

En Melide tampouco tivemos sorte.

Tarde de frío en Melide, o noso equipo presentábase coas baixas de Mariño, Julio Ferradás e Luis Kurrás e coa alta dogo a súa lesión de Jose Luis Alvaréz.
Parecíanos que esto podía cambiar en Melide, pero non foi así, por un lado o árbitro Martín parece que non quere saber nada de nós e non e imparcial, e por outro lado, nós non fomos capaces de marcar en toda segunda parte, onde eles solo chegaron a área e duas ou tres ocasions.
O partido empezaba para nós co aire en contra, e así era difícil defender, eles entraban pola banda esquerda, centrando de forma perigosa, pero nunha contra nosa Nelson vaise dos defensas contrarios e adiántanos no marcador, 0-1.
Pero eles seguían entrando unha e outra vez pola banda e nun tiro dende fora da área, o balón vai o poste e entra na nosa portería sin que Fernando poida facer nada.
E o segundo gol deles chegaría nuha falta diante da área, onde o noso porteiro non vé o balón e marcan polo seu lado 0 2-1.
E así nos fomos o descanso, perdendo o partido, no segundo tempo todo parecía indicar que podíamos gañar o partido ou polo menos empatalo, e a verdade e que un empatiño merecemolo, pero non tivemos sorte e puntería e non fomos capaces de marcar.
Nelso sufreu un codazo na cara que lle puxo o ollo negro, e o Sr. Martín dixo que non vira nada, unha vergoña, algo teremos que facer senon este xogador vai ter unha lesión grave, porque leva tres partidos e deixano sempre como un aldraxo.
O final, volvemos a perder e esto sigue igual, nos sin puntur, é a primeira vez que nos pasa, pero supoño que esto tera que cambiar.
Aupa River.

martes, 23 de octubre de 2012

Suspendido contra el Sp. Puebla

O sábado 20 xogábamos o segundo partido deste ano en Outeiriño contra o Sp. Puebla, un equipo onde temos varios amigos que xogaron noutros equipos e incluso quedamos para tomar unhos mexilons e unhas tortillas o acabar o partido, pero deuse a circunstancia que entre tanto bo rollo, acabouse suspendendo o partido, a verdade e que foi rigurosa a suspensión pero tamen e certo que armouse unha tangana debido a unha falta no centro do campo e o árbitro decideu suspender o partido.
O partido comenzou co dominio deles, nos empezamos fríos como sempre e lgo de un pase do medio do campo a defensa e nun rexeite eles adiantanse no marcador, xarro de auga fria para o noso equipo que tiña a esperanza de dar batalla como en todolos partidos anteriores.
Eles mostraban mellor control do balón, sobre todo en medio campo e arriba e nós estábamos presionando ben a salida do balón en defensa, onde Nelso xa ll creara varios problemas o porteiro, dandose o caso de roubarlle o balón e ainda que non moi descarado o porteiro tocou o pé do noso xogador e caeu o chan.
Noutra xogada tamen de Nelson o defensa despraza descaradamente o dianteiro noso podendo ser penalti.
Eles tiveron algunha falta centrada sobre a porteria que ben poido ser rematada en gol, pero o noso gol do empate chegaría nunha falta sacada por Julio que mete o balón no fondo da porteria contraria, 1-1.
A partires de ahi, eles puxeronse un pouco nervisosos, porque non entendían como sendo o colista lle podíamos dar tantos problemas. Esto vai a ser unha constante mentres non salgamos da cola da clasificación
, os equipos veñen a avasallarnos dada a nosa situación na tabla.
E no minuto 36, logo de una falta a Cuiña no centro do campo armouse unha tangana que levou a suspensión do partido.
Próximo partido en Melide contra o Cire Melide.....Aupa River...

lunes, 15 de octubre de 2012

En Negreira tampouco pudo ser.

O quinto partido de liga que xogamos en Negreira tiña moito de inquedanza por saber cal era a faciana que íamos a presentar no campo do Negreira, equipo que ainda que baixou o ano pasado con nós tiña un arranque de tempada do mais bo, de feito é o líder da categoría.
Por unha vez sobre o campo, estábamos alomenos 15 xogadores e eso notouse sobre o terreo de xogo, o equipo poido recuperarse mellor fisicamente e mantivemos a posibilidade de empate asta o derradeiro minuto.
Saímos atrás esperando o rival e controlando o xogo da mellor maneira posible, eles ofrecían algo de perigo nas súas chegadas a área pero o noso porteiro estaba seguro debaixo dos paos. A lesión de Luis Kurras supoñía a perda de unha peza fundamental para facer frente o seu xogo brusco do centro do campo, pero retirábase lesionado sin poder contar con el para o resto do partido-
E chegaría o noso gol nun momento do partido onde podía caer para calquera dos lados, gol que nos dou a forza e moral que noutros momentos nos falta, pero a clave do partido estivo logo de unha xogada de Roberto que logo de irse do defensa bota o balón fora da portería cando o mais derradeiro era marcar, podía ser o 0-2 e as tornas mudarían.
 E así estivemos asta que nunha xogada, eles sacan o balón rápido nun corner e centran descolocando a defensa e rematando a pracer de cabeza, empate.
E a pouco do final do primeiro tempo, nunha internada pola banda izquierda nosa, o xogador fai o pase da morte e remata a pracer o dianteiro, 2-1 e descanso.
No primeiro tempo tamén eles tiveron un balón o longeiro logo de un saque de corner ou falta.
O segundo tempo foi moi parecido o primeiro, unha loita por dominar o partido, nos non aprobeitamos as faltas e eles facían que o noso porteiro tivera os seus apuros.
O final perdemos este partido, onde tampouco merecemos gañar pero alomenos un puntiño viñanos ben para a moral do equipo que leva 5 derrotas, catro dos partidos fora debido o calendario, e catro deles perdidos por un só gol, outra cousa foi a derrota por catro goles en Boiro.
Non podemos perder a moral nestes momentos, o próximo rival tamen vai ser moi duro, pero xa chegara a recompensa do noso esforzo.
AUPA RIVER............



lunes, 8 de octubre de 2012

Non damos unha a dereitas

O sábado en Boiro sufrimos una derrota dolorosa e a vez dulce, dolorosa porque xa fai que non encaixamos media ducia de goles, ainda non nos pasaba na división de honra, e dulce porque neste caso non foi culpa do árbitro, nin das patadas do rival, nin de nada extra deportivo. Polo tanto a derrota foi froito do noso mal partido, e non digo mal, porque ainda movemos o balón con algo de xeito, pero cada vez que chegaban a defensa, facíamos augas e así non se pode facer nada, nin siquera botarlle a culpa a que estábamos sin porteiro, que tamen era certo, pero tampouco foi determinante.
Saímos o campo, nesta vez con 13 xogadores, xa que dous estaban sancionados por doble amarela no partido anterior, e os quince minutos chegaría o primeiro gol deles, neste caso o noso porteiro non estivo moi acertado pero xa perdíamos 1-0 e estabamos xogando bastante ben, incluso sin os agobios iniciais de outros partidos.
Logo chegaría tamen o segundo gol, e todo parecía que non tiña moito arranxo, ainda así David Iglesias remata un corner sacado por Kurras e poñemos 2-1, e cando todo parecía que podía chegar a empate e a falta de 1 minuto para o descanso, cheganos o 3-1.
No segundo tempo, o noso xogo non millorou moito e así fomos pagando todolos fallos en defensa, 4-1, logo o 4-2, gol en xogada de Pampín, e para rematar o 5-2 e 6-2.
E tamen digo dulce porque o equipo tentou de facer xogadas e de atacar, mais que de defender, parece que estamos recuperando un pouco o tono físico, que voua falta nos fai, os rivais andan moi rápido e nos esperamos moito o balón.
Agora temos dous osos por diante, primeiro o Negreira e logo o Puebla, van a ser partidos moi difíciles porque eles están ahi arriba invatidos ainda, pero non podemos perder a esperenza, e saber perder cando toca, tamen é moi importante, polo tanto nada de enfados nin de expulsións, xa chegamos arriba, xa caemos e nos volvemos a levantar e si volvemos a caer .....xa nos levantaremos, de eso se trata de loitar e facer deporte.
Aupa RIVER.....

lunes, 1 de octubre de 2012

Decepción do River en Outeiriño

O sábado xogamos o primeiro partido no noso campo desta tempada contra o Tourline de Boiro é ainda que estábamos 14 xogadores ó partido foi un desastre para nós, non fixemos unha xogada nin demos sensación de equipo sacando os 15 primeiros minutos, onde nos poñíamos por diante no marcador, logo de que Beni marcara de tiro logo de un saque de falta de Lolo.
A partires de ahí, complicousenos todo e poidenos mais a desesperación que as boas intencións nosas, ó arbitro tampouco axudou nada os dous equipos e eles dedicabanse a protestar todo, incluido o afeccionado deles que nos insultou a nós e o árbitro durante todo partido, sacandonos das casillas.
Empataron eles nunha xogada de fortuna, centro polo lado dereito noso e rematan no segundo pao, sin que poideramos facer nada.
O segundo gol deles, veu nunha xogada individual, dándose a volta o dianteiro e poñendo o balon na rede entre unha maraña de xogadores nosos, así fomos o descanso.
No segundo tempo, nós non eramos capaces de facer xogada e as faltas e centros a porta non creban perigo o equipo contrario, e cando faltaba pouco para acabar o partido, fomonos arriba con defensa de tres, e chegaría o gol deles, nun contra ataque ben xogado.
Logo chegaría no noso gol, Lolo marca dende a banda, un bo gol pero que xa non había tempo de reacción.
En canto os expulsados, dous por cada bando, son mais a desesperación do árbitraxe que outra cousa, pero ahí estan, Lolo e Beni non poderan xogar o próximo partido, e agora esperannos outros dous partido fora.
A nós o calendario sempre no lo fan a súa maneira, o segundo partido da casa, vai a ser na sexta xornada. Próximas salidas, a Boiro e Negreira.