Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 28 de diciembre de 2009

Torneo da Amizade

Como era de esperar o sábado celebrouse o triangular entre os tres equipos do concello de Silleda, quedando como gañador o Xanadu Silleda que logo de empatar 1-1 co River Silleda gañounos a penaltis.
Era una xuntanza entre todolos xogadores dos tres equipos e logo do partido tomamos unhas cervezas e unhas tortillas no Bodegon Trujillo, alí falamos e consideramos que a idea fora boa e que deberíamos repetila. Neste caso o Concelleiro de Deportes Javier Cuiña, que tamen xogou no noso equipo dixo que eles estaban dispostos a axudar para outras edicions con una colaboración, co cal, para o ano ou mesmo o final da tempada faremos outra xuntanza.
Tamen sinalar que tivemos un pequeno detalle para o equipo mais veterano de Silleda, o Lamela Veteranos, 27 anos levan dende a sua fundación e para o xogador en activo mais veterano, O Rubio de Vilar, que por enfermidade non pudo estar para recoller o premio.
Noraboa a todos os que participaron e fixeron posibel todo esto.
Agora a nos tocanos esperar o Esteiro para o día de de Xaneiro é ahi si temos que dalo todo.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Torneo da Amistade

Este ano decidimos facer un Torneo da Amistad entre os 3 equipos de Veteranos do Concello de Silleda.
Queremos que esto sexa unha festa do deporte entre os xogadores dos distintos equipos de veteranos do Lamela, Xanadu Silleda e River Silleda.
O torneo celebrarase sábado día 26 de Decembro entre as 4 e as 7 da tarde, e consistirá en tres partidos de 45 minutos a xogar entre os 3 equipos.
Logo o acabar o partido, todos xuntos teremos un terceiro tempo nun bar da localidade de Silleda, onde tomaremos unhas cervezas e falaremos das nosas "batallitas".
Como é o primeiro ano, vamos a probar si os xogadores se implican na istoria, e si gusta para o ano que ven, e dadas as datas, somos capaces de facer un torneo da Amistade onde poidamos aportar algo para algunha asociación ou organismo que axude a nenos ou persoas que necesiten unha axuda que lles faga mais felices nestas datas de Nadal, pero eso require traballo e tempo, e neste ano, xa non e posible.
Asi que, animadevos a participar.

Tordoia 3 - River Silleda 1

Pois non pudo ser, e despois de 9 partidos sin coñecer a derrota, esta chegou ante o lider da categoría o Tordoia, equipo que amosou una intensidade e loita pouco común nas categorías de Veteranos.
Chegamos 12 xogadores a Tordoia logo das baixas de xogadores que non foron capaces de estar ali polo equipo ese día, ben por motivos persoais ou polo que sea. Saimos o campo e logo das constantes presions do equipo contrario que puxeron cerco a nosa portería, onde estaba moi ben defendida polo xogador de campo Nacho que tivo que facer de porteiro, e o fixo MOI BEN.
Nos xogabamos o contrataque e nunha desas xogadas chegaría un golazo de Orza, que nos adiantaba no marcador e os poñía a eles un pouco nervisos. Nos administrabamos ven o partido e cando todo parecía que iamos ir o descanso co 0-1 chegou o gol deles nun saque de banda polo despiste noso, empataban o partido e ibamos o descanso.
NO segundo tempo non pasamos tantos apuros pero esles estaban embalados e coa axuda do Sr. Berdullas, presionaban sobre a nosa area, con dureza, o públicop fora tamen facía o seu sobre o árbitro e incluso este nos tiña amedentrados sobre o terreo de xogo con ameazas de expulsión a varios de nos, que non calabamos as inxusticias que lles estaba permitindo.
Pois nada, nun saque rápido de Nacho un xogador contrario controlou o balón e de bolea marcaba o 2-1, a partires de ahi, nos tivemos algunha salida a contragolpe que non daban os seus frutos, sobre todo polos agarrons na area que lle permitia as defensa deles sobre Luis, e incluso chegou a anular un gol de José por unha falta que apreciaou o colexiado de Luis.
Con este panorama, estaba claro que o colexiado quería darnos a puntilla, e fixo pitando un penalty que el apreciaou nun despexe de Elias, lamentable pero asi el salvaba a psoibilidade do empate o que lle podía traer problemas o final do partido coa afección local.
Segundo partido que nos pita o Sr. Berdullas, e ainda que vai de bo, estanos a joder pero que moi ben, xa van dous penaltis mais que dudosos e si o día de o Touro non lle valeu para nada, neste partido si porque non tivemos opción de plantarlle cara equipo contrario.
Esperemos que este señor non nos toque mais este anoa xa, de todas formas non queremos xustificar a nosa derrota coa actitude caserilla vengoñenta deste colexiado.
Esperamos o Tordoia no partido de volta, e vamos a ver si son tan valentes como ali no seu campo, porque ganas de revancha non nos faltan.
Non pasou nada, ainda seguimos ahi, e esto non nos vai a baixar os brazos, esperamos acadar os nove puntos que temos en xogo antes de acabar a primeira volta.
Aupa River....

miércoles, 16 de diciembre de 2009

River Silleda 4 - Veteranos Compostela 0

Victoria importante do River neste caso contra o segundo clasificado que iba empatado a puntos con nos. Partido fácil que se nos puxo de cara dende o principio e so perdemos o control do mesmo pouco antes de chegar o descanso e de acadar o 2-o que xa poñería as cousas no seu sitio antes de irnos os vestiarios.
No segundo tempo outros dous goles e sin más qeu contar pola nosa parte. Eles son un equipo que da gusto xogar porque non son broncos e tentar xogar o balón sin mais, equipos como este debería haber moitos.
Sorte para eles e ojalla estemos os dous equipos arriba para o ano.
Agora que acadamos a segunda plaza temos que seguir na loita e o próximo sábado un partido moi complicado no campo do Tordoia, equipo que vai inbatido e quen todalas de gañarnos sobre todo por xogar na súa casa, ainda asi tentaremos acadar algún punto alí.
Aupa River.

lunes, 7 de diciembre de 2009

Clasificación 1ª División B

Esta é a clasificación logo de 1/3 da liga . (Dez partidos xogados, 4 casa e 6 fora).

1-. Tordoia ..............................28 puntos.
2-. Veteranos Compostela.....23 puntos.
3-. River Silleda ............. 23 puntos.
4-. Castrosua........................... 18 puntos.
5-. Ag. Sal. Touro.................... 17 puntos.
6-. Portosin ............................. 16 puntos. (1 partido menos).
7-. Presidencia ........................ 15 puntos. (1 partido menos).
8-. Cercio.................................. 14 puntos.
9-. Meivet Santiso................... 13 puntos.
10-. Sigueiro............................. 11 puntos.
11-. Irmandade ....................... 9 puntos.
12-. Esteiro............................... 8 puntos.
13-. Finsa.................................. 8 puntos.
14. Carp. Miguelez................... 8 puntos.
15. O Pino ................................. 6 puntos.
16-. Momo San Pedro............. 6 puntos.

En azul os equipos que nos faltan por xogar con eles.

Ag.Salgueiro Touro 2 - River Silleda 3

Qinta victoria consecutiva en liga, boisima racha a que levamos nos derradeiros partidos que xogamos fora, en Portosin e Touro, rivais que de gañarnos poñeríanse empatados con nos a puntos e ainda que nos dous partidos estivemos dominando o partido, o final sufrimos mais do esperado nos derradeiros minutos despois de ir gañando por dous goles.
O partido de Touro presentábase compricado dada a rivalidade que teñen con nos, empezamos con un arbitraxe desastroso por parte do colexiado que en qunice minutos casi nos tiña tirado o partido, eu non sei que pasa en Touro pero levamos anos de arbitraxes ali desastrosamente caseros e descarados.
Pois eso, falta que se inventa o colexiado o borde da area e gol en propia porta de Maril o tentar despexar o balón, logo anulanos unha xogada de gol por fora de gol en saque de porta, non sabía nin o reglamento, ou sabíao e fixose o tonto. Terceira, penalty en contra. Estaba ben, en quince minutos o panorama era penoso, e con ganas de marchanos a casa.
Fernando para o penalty e ahi comenza a nosa remontada, primeiro Lolo dende o medio do cmpo marca gol de falta, en fallo do porteiro, mais tarde javi Gonzalez marca o segundo, e nestas tamen un balón de Dani el falta a escuadra que non entrou de milagre.
Segundo tempo, o arbitro xa se olvidara un pouco de nos e logo das nosas queixas foi moito mais honrado e pitaou mais ou menos ben. Javi marcaría o terceiro e parecía que todo iba a seguir tranquilo hasta o final. Pero volvería a meterse no partido o Touro logo dunha perda e balón noso hacía atras o que ldou lugar a que eles meteron un golazo pola escuadra.
Sufrindo acabouse o partido e os tres puntos viñeron para Silleda.
Para a semana partido moi complicado na casa co Veteranos Compostela, campión de Segunda división o ano pasado e que leva unha boa traxetoria nesta liga, todo parece indicar que a victoria vai a ser complicada, pero vamos ir a gañar como sempre.....aupa River....

jueves, 3 de diciembre de 2009

Partido Copa. T. Ventosa 4 River Silleda 2

Presentamonos a xogar o partido de copa da previa contra o equipo da Golada, sin ánimo de gañar o partido porque dado os efectivos que temos este ano non podemos desperdiciar enerxías en aventuras que non levan a ningures.
Chegamos con 11 xogadores, tres dos cales lexionados, Nacho como non daba corrido xogou de porteiro, e o parteiro xogou de dianteiro centro xunto co tamen lesionado Jose. Dani e Lito tampouco estaban nas mellores condicions pero había que saltar o campo e cumprir o expediente sin salir goleados.
Eles ainda que non estaban moitos si eran 14 ou 15 xogadores e non tiveron moito dor das nosas eivas, de todalas formas a rivalidade sigue ahí e xa teremos tempo de enfrentarnos en igualdade de condicions.
Resumen, nin houbo lesionados nin sancionados e obxetivo cumprido por este ano na copa.
O sábado si que temos un partido moi difícil no campo do Touro pola revalidade que teñen con nos, sin dúvida un empate non sería mal resultado pero ainda asi non renunciamos a victoria, pero pode pasar calquer cousa.
Aupa River....

lunes, 23 de noviembre de 2009

Portosin Sigrami 3 - River Silleda 4

Cuarta victoria consecutiva nesta liga, a visita a Nebra (Portosin) campo embarrado e con charcos daríanos una alegría o acadar os tres puntos da contienda nun partido un pouco raro que nos poideron empatar ainda que merecemos a victoria sin dúvida algunha.
Saimos o campo coas baixas por lesión de Mariño e Nacho e Manolo Fidalgo, e as novas incorporacións do medio centro, empezou o partido co vento en contra e costa arriba, o equipo contario atacaba con balons largos e colgados sobre o noso porteiro Fernando que se atopaba un pouco inseguro nese barrizal., ainda así faría unha boa parada a bocaxarro dun xogador contrario. Pero pronto chegaría o 0-1 obra de Javi Gonzalez que logo de marrar un par de ocasions daría co balon no fondo das redes rivais. Seguimo coa mesma tónica e chegaríanos o 0-2 nunha xogada similar, o equipo contrario tentaba sacar obalón controlado dende atrás e perdía o que daba lugar as nosas ocasions claras de gol.
Fomonos o descanso co 0-2 pero o partido ainda non estaba pechado, podía chegar a reacción do equipo local en calquer momento e a eso tíñamoslle moito respeto. Nada mais sair o campo marcamos o 0-3 e agora si parecía que o partido estaba sentenciado, pero non, o pouco tempo un fallo de despexe da defensa costaríanos o 1-3 e logo o 2-3 en cinco minutos o que metía o equipo contario no partido con moito tempo por disputar.
Menos mal, que noutra xogada nosa acadamos o 2-4 e todo parecía que podía ser definitivo dadoq ue o equipo contrario baixaría a presión e todo foi transcurrindo por eses derroteiros hasta que o árbitro empezou a cosernos a faltas o borde da área o que daba forza o equipo contrario, e claro chegaría o 3-4 faltando 15 minutos nun fallo polo centro da defensa nun despexe defectuoso dos centrais. Eso complicou o partido, dado que tanto Javi Gonzalez como David Vieites estaba xa fora do partido lesionados, José lesionouse antes de entrar o campo e Lito renqueaba por mor dun nocello.
Eles tiverón duas oportunidades para empatar o partido, nunha delas Lolo sacou o balón cando iba a entra na portería e noutra tiraron o balón tan cruzado que non chegou a entrar. E como o árbitro xa non podía darlles mais oportunidades, deu por finalizado o partido e os tres punto viñeron para Silleda.
O problema temolo pa seman, menos mal que é un partido de copa, coas baixas de José, David, Manolo Fidalgo, Lito e Javi Gonzalez e coas dúvidas ainda tamen por lesiónd e Mariño e Nacho, todo parece indicar que non vamos a poder disputar o encontro a non ser que saíamos con 8 xogadores o terreo de xogo.
Aupa River.....

lunes, 16 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Irmandade 0

Por fin encadeamos tres partidos seguidos gañando, logo de oito partidos xogados podemos decir que o equipo está no bo camiño, gañando os partidos da casa sin moita dificultade e acadando puntos fora, todo perfecto salvo o desastre do Pino, onde perdemos con todalas da lei.
Visita do conxunto de Irmandade, na que xoga o presentador da Tv galega Terio Carrera, que amosou bo toque do balón. O equipo contrario foi limpo no xogo e para nos non foi dificil ir pouco a pouco minando as suas ansias goleadoras. Con 2-0 fomos o descanso, goles de Javi e Nacho. No segundo tempo salimos mais relaxados e logo do terceiro gol marcado por Javi, tomamos o partido de outra maneira, a pasar os minutos e dar tempo os xogadores que menos participan ainda que con solo dous cambios pouco podemos variar o equipo.
Para a semana partido importante en Porto do Son contra o Portosin, parece un equipo que vai moi ben na liga e que nos pode complicar moito as cousas, sería importante puntuar ainda que gañando na casa, os partidos de fora podemos xogalos con mais tranquilidade.
Aupa River...vamos ben.....

lunes, 9 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Consellería Presidencia 1

Segunda victoria consecutiva do noso equipo nesta tempada, ante o Consellería da Presidencia, un equipo que ainda que xogaba limpo, menos o xogador nº. 27, é un equipo de forza física que nos costou bastante doblegar.
No primeiro tempo, partido igualado onde fomos o descanso con 1-0. No segundo periodo logo de poñernos 2-0, confiamonos un pouco e eles acadarían un gol que nos puxo nerviosos e que nos pudo supoñer o empate. Logo o final do partido Javi Gonzalez conseguiría o terceiro, segundo do partido na sua conta particular, o que nos daría a tranquilidade para acabar o partido e os tres puntos en xogo.
O equipo estivo ben por momentos ainda que mesmo en defensa tivemos algunhas dúvidas a hora de controlar ou xogar o balón, o campo estaba moi rápido e eso facía difícil precisar os pases.
Nada, xa temos que pensar que estamos no camiño, terceiros na taboa e o próximo rival ó Irmandade visitará Outeiriño, tampouco vai a ser un partido fácil, pero si acadamos a victoria poñeríamonos nunha boa posición na taboa.
Aupa River....

domingo, 1 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Pub Momo San Pedro 0

Victoria merecida deo noso equipo este sábado ante o colista da tabla, que ainda que tampouco demostrou moito non se dou o partido por perdido en ningun momento.
Neste caso Nacho saleu na porteria suprindo o lesionado Fernando Piñeiro, contamos tamen por primeira vez este ano con Ojea, que ainda que un pouco palto de nivel físico si anotou un goliño no seu haber.
Javi Gonzalez abriría o marcador, ainda que no primeiro tempo o equipo estivo moi despistado, non eramos capaces de encadear pases e o xogo do equipo era un pouco dubidoso, o medio do campo non era capaz de imponerse o rival.
No segundo tempo houbo momentos de moi bo futbol, Beni empezou a coller o medio e eso notouse, co cal chegarían os goles de Elias e Ojea.
O arbitraxe foi como todolos deste ano, non sei que pasa pero estan-nos tratando de maneira distinta os contrarios, a ver si esto cambia agora que ascendemos o terceiro posto da clasificación.
Para a seman, visitanos o Conell. Presidencia o cal teremos que doblegar si queremos estar ahi nos lugares de cabeza desta liga.
Felicitacions a todolos xogadores ..... AUPA RIVER........

lunes, 26 de octubre de 2009

Sigueiro 2 - River Silleda 2

O sábado pasado non poidemos pasar do empate no campo de sigueiro ante o equipo local, as baixas de outros partidos, Dani, Orza, tivemos que sumar as de Maril e David polo que nos presentamos once xogadores para disputar o quinto partido de liga, cuarto fora do noso terreo de xogo. Logo ainda que se complicaría mais a cousa, cando no minuto 2o de primeiro tempo, Fernando nunha salida choca co dianteiro contrario, o arbitro Montero pita penalty e o noso xogador queda conmocionado sobre o terreo de xogo, logo do susto saleu do campo, lanzan o penalty e o noso cancerbeiro de circunstancias Nacho da unha lección de porteiro e deten o balón, afastando o perigo. Con Fernando no banco resentindose do golpe, tiñamos un home menos no campo, ainda asi chegaría o 0-1, gol de Javi Gonzalez que nos adianta no marcador, pero non tardarían en marcar eles o gol do empate. Xa no descanso sale Fernando xogando a diante ainda medio convalecinte e os poucos minutos marcamos o 1-2, gol de Mariño que nos pon por diante no marcador, logo chegaría o empate a 2, e o final cada un dos equipos fixo un lanzamento os paus o que puido ser un aprtido apra calquera, ainda que o mais xusto foi un empate.
Noraboa a todos los xogadores sobre todo a Nacho que fixo un partidazo baixo o longueiro...a partires de agora tres partidos na casa, e ahi e onde tentaremos facer todolos puntos posibles para colocarnos o mais cerca da cabeza da clasificación.
Aupa River.....

lunes, 19 de octubre de 2009

River Silleda 5 - Finsa 3

Segundo victoria conseguida polo River, nun partido que merecemos gañar de forma clara ainda que o final o equipo contrario maquillou un pouco o resultado.
No primeiro tempo empezouse dominando o partido e os poucos minutos Javi Gonzalez marca ó 1-0, logo chegaría o gol deles nun erro defensivo noso o deixar sen marca o borde da area a un xogador contrario. Logo chegaría o 2-1 de Javi Gonzalez nun balón que lle envía Beni, controla e bate o porteiro contrario, bonito gol. O tres a cero sería obra de Luis o rematar un corner de rosca co pé, e ó 4-1 foi cousa de Maril o colocar unha vaselina dende fora da area o porteiro contrario o rechace dun corner.
Logo do descanso o equipo empezou moi ben, tocando o balón e sería Mariño o que marcaría un gol espectacular, pola escuadra nunha xogada con Javi Gonzalez. A partir de ahi baixamos un pouco a concentración e metemonos en guerras absurdas onde o rival nos sacou de sitio e logo de que o árbitro se inventou unha falta o borde da area que lanzou pola escuadra o equipo contrario, a partires de ahi, líos e problemas cos contrarios que estaban doidos polo xogo do noso equipo, e xa nos minutos finais chega o 5-3 nun balón que o noso porteiro non acerta a desviar, pegando no longueiro e recollendo eles o rechaze.
En resumen, partido ben xogado o que lle sobraron minutos para nos, ben e certo que tiñamos poucos xogadores sobre o terreo de xogo o que fai que o cansanzo nos pase factura.
Agora xa estamos ahi, quintos na clasificación e esperemos que a racha continue ó próximo partido de liga en Sigueiro.
Ahhhh...e que ó noso compañeiro Orza se recupere la lesión da man que o vai a manter un mes lexos dos terreos de xogo....ánimo Orza.
AUPA RIVER........

domingo, 11 de octubre de 2009

Castrosua 1 - River Silleda 3

A terceira foi a vencida, primeira victoria do River este ano, neste caso no campo de Esclavitude ante o Castrosua. Empezou o partido con dominio pola nosa parte, ainda que os contrataques eran perigosos provocados por perdas do balón nosas debido sobre todo o malísimo estado do terreo de xogo. Nun deses contra-ataques o balón vaille as mans a Luis e o colexiado pita penalty. Terceiro penalty en contra, levamos un por partido, lamentable a actitude este ano dos colexiados. Pero neste caso o colexiado pitanos un penalty a favor noso, increible pero certo, transformouno Javi Gonzalez, asi nos vamos o descanso.
No segundo tempo, o equipo dou una lección de futbol increible, Pipa doulle una verticalidad que o Castrosua non sabía como atallar, no medio Beni, Nacho e Mariño controlaban a situación e na defensa Luis, Lolo, david e Manolo rexeitaban as ocasions dos contrarios. Logo de varias ocasions pifiadas, chegaría o segundo gol noso, de novo Javi Gonzalez, e mais tarde o terceiro tamen de Javi, que suma os seus primeiros goles desta liga.
Un sobresainte para todo o equipo, que pelexou a morte e deu una lección de futbol nun lamantable terreo de xogo. Esclavitude necesita outro terreo de xogo, señores políticos.
Noraboa e agora a seguir loitando partido a partido a ver como se pon esto, ainda que vamos a pasar dos árbitros parece que non estan por axudarnos a mais mínimo.

viernes, 9 de octubre de 2009

O Pino 3 - River Silleda 0

Perdón por non facer tan tarde o comentario esta seman, seguro que ganáramos o facía o luns pero tal como andamos, pois parece que hasta me esquecin.
Bueno, sin moitos comentarios, durante o primeiro tempo mantivemos a raia O Pino e fomonos con empate a cero o vestiario, tendo quizais nos mais ocasions de goles, pero cada vez que lle chegaba o balón a Javi o arbitro encargábase de pitar ou falta ou penalty.
No segundo tempo salimos dormidos e non tardou moito en chegar o primeiro gol deles, e logo o segundo, xa xon un home menos por expulsión de Dani que doulle unha patada o xogador contrario, este repeleu a agresión pero o árbitro saleu airoso con unha roxa para o noso xogador e unha amarilla para o deles.
Logo chegaría o 3-0, penalty pitado a Fernando que tocou a bota do dianteiro cando o enfrentaba, ainda que xa escorado deixouse caer o non chegar o balón, e posible que fose penalty.
Resumindo que O pino gañounos ben o partido este, nos mal fisicamente temos que mellorar senon queremos pasar apuros tamen nesta liga, onde os equipos son moi duros e os arbitraxes polo que vemos de momento están en contra do noso equipo descaradamente.
Por certo, enviámoslle unha carta a Agrupación de Veteranos para que non nos manden o Sr. Cibes, porque creemos que non reparte xustiza alomenos cando nos xogamos.
Para a seman vamos a Castrosua, partido difícil co actual lider da categoría que xa non debeu baixar a tempada pasada, pero que por circunstancias atopase ahi como nos na primeira B....AUPA RIVER......

martes, 29 de septiembre de 2009

Kubos Cercio 2 - River Silleda 2

Primeiro partido de liga no campo de Gresande entre o Kubos Cercio e o River Silleda, nos con moitas baixas, de feito non poideron empezar o partido Javi Gonzalez e Beni por lesión, é Ojea por ausencia.
Partido disputado nun campo con herba natural sin cortar que foi moi igualado dende o principio ainda que o marcador case sempre nos foi fovorencendo a nos. Gol de Dani de penalty, logo empate e con eso chegamos o descanso. No segundo tempo golazo de Nacho de tixeira de espaldas pola escuadra, e logo o árbitro de Lalín Suso encargouse de amañar o partido de forma que acabaramos en empate, como veciños que somos.
No minuto 20 votounos a Mariño por doble amarilla rigurosa e mantivo no campo a Beni, que se encargou de sacarnos das casillas a todos nos coas suas "mamarachadas e ameazas". Dedicate o Kunfu, esto é futbol é aqui non se mata a ninguén.
Xa co tempo acabado o colexiado Suso de Lalín inventase un penalty por agarron na área nun corner, que fai subir o empate o marcador, lamentable actuación do colexiado que nos roubou dous dos puntos que ibamos acadar. E certo que o resultado era merecedor de empate, pero o futbol non é por méritos senon por goles marcados, e sí o Kubos non marca, ó colexiado non pode inventarse un penalty neses momentos.
Polo tanto, un empate e lamentable partido, duro, malísimo e con unha actuación arbitral de puta pena, si esto vai seguir asi........apaga e vamonos.

viernes, 18 de septiembre de 2009

Partidos amistosos.

Logo de dous partidos amistoso xogados, o primeiro contra o equipo campión de veteranos da provincia de Lugo, O Taboada que nos gañou 3-1, o pasado sábado enfrentámonos o Touro o que gañamos por 2-1 e este sábado xogamos co Lalin 2001. Son partidos de rodaxe para abrir boca nesta nova tempada, a liga empeza o próximo día 26 de setembro con 16 equipos, asi que sorte e bo deporte pa todos, e que gane o mellor.

Nova Tempada 2009-2010

Logo de duas tempadas un pouco desastrosas, sobre todo a derradeira, afrontamos una nova con moitas ilusions e cambios no equipo, deixan o mesmo xente que foi moi importante durante estes anos no equipo, xogadores que foron fundadores deste equipo pero que por diversas razóns, tomadas sempre por eles, ou non queren ou non creen convinte seguir formando parte do mesmo. Atrás quedan 6 anos de convivencia na que houbo momentos de ledicia e fecilicidade acadando os 5 ascensos consecutivos e logo os dous descensos tamen consecutivos, neste tempo viciaronse un pouco as relacions entre nos, e esto dou nun cambio de mentalidade de xente e de obxetivos.
Esta claro que os que se foron foron unha parte deste fabuloso equipo e sin eles non houberamos acadado ningun dos obxetivos conseguidos, por eso o noso agradecemento a RUBEN, DAVID IGLESIAS, COUTO, IGLESIAS, ABELEDO, SITO, PAULI, TATO, e CUIÑA. Pero esto sigue e con maior ou menos fortuna un ano mais seguiremos neste equipo OS DE SEMPRE, Fernando, Dani, Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Elias, Maril, Orza, Ojea, e OS NOVOS, David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Mixel, unha plantilla de momento moi corta e que esperamos ampliar nestes días. Boa sorte a todos e adivertirse un ano mais.....

lunes, 8 de junio de 2009

Marrozos 2 - River Silleda 1

Derradeiro partido do River en 1ª División A, neste caso no campo do Marrozos, un pouco decepcionante polo pouco que nos xogabamos e tamen polo terreo de xogo e os balons, auténticos balons de playa, pero si esto llo consinten pois ala a Agrupación de Veteranos de Santiago, temos o que nos merecemos.
En canto o partido pois nada felicitar as que demos a cara unha vez mais e sabemos estar as duras e maduras, neste caso as duras. Tentamos disputar o partido o mellor posibel para non perxudicar a ninguen equipo, dado que no parece o mais normal nas derradeiras xornadas de liga, varios equipos arranxaron con outros para non descender, no era o caso noso, que perdemos pero non pola nosa voluntad, mais ben a do arbitro que parecía que tiña intereses no partido. Señores da agrupación para outra vez xa non vamos o partido e asi aforradesnos a viaxe e dadeslle os puntos a quen vos queirades, si vos pàrece mellor.
Un arbitraxe moi "queimante" despreciativo hacia nos e maleducado.
Sin mais.....pasamos a páxina e para o ano a ver que pasa......
Saudos a todolos compañeiros que estivestes ahi dando a cara, os que non tamen o saben. Gracias. Lito Andión.

jueves, 28 de mayo de 2009

Dubra 6 - River Silleda 1

Pois eso, sin comentarios, a nosa maior derrota en liga dende que fundamos o equipo, once valientes que estivemos ali dando o mellor de nos ainda que non fose moito, esto está lista pa sentencia, toca baixar e non hai outra. Para coller impulso é necesario retroceder, pode que sexa asi e esto mude, de momento é importante saber perder, tamen soupemos gañar, hai é onde se ven os deportistas. Aupa River.
P.D.: Próximo partido contra o Amio Caneda en Silleda as 4 :30, ....

domingo, 10 de mayo de 2009

Metal Noia 2 - River Silleda 0

Partido en Noia con moitisimo calor a pesar de ser as 6 e media da tarde, no primeiro tempo empate con taboeiro, e ainda que nos tivemos un par de ocasions, unha de Orza nun balón que Javi H. non da por perdido eu outro de Ojea que despois de dous remates moi escorados non consigue marcar, pola súa parte un error defensivo da lugar a unha xogada clara deles que tampouco acertan co gol. No segundo tempo non salimos de igual maneira e o equipo contrario dominaba de forma mais perigosa o centro do cambio, o primeiro gol chega logo de perder nos o balón en medio campo e logo tamen de tocar no arbitro, metenlle o balón a banda dereita e ali entra o xogador Felipe do equipo contrario enfrentando a Fernando sin que eu o chegue a pillar, lamento non estar todo o ben que debería, senon seguro que o pillaba, unha pena.
O segundo gol ven despois de outro error defensivo neste caso Lolo e Igle saltan o mesmo balón e o dianteiro aproveitase do rechaze e enfrenta de novo o porteiro, facia menos de 30 segundos, tivemos unha boa ocasión que Nacho non consigue materializar a pesar de ser un bo rematador de cornes.
Penso que o noso problema foi o non ter os cambios suficientes para afrontar o partido, eles eran 20 e nos 13, e pagamolo, de todas formas eles teñen un equipo como moitos mais dos que hai na categoría.
Nada, toca loitar de nova, esto todo perdido, casi todo, por eso, vamolo intentar, a salvación paso por facer, os mesmos sete puntos que fixemos nestes tres partidos na primeira volta, tampouco e tan díficil, veña....a por eles....

lunes, 4 de mayo de 2009

V. Bertamirans 1 - River Silleda 1

Bueno, tarde o comentario porque ó que escribe non etivo neste partido, e polo que vexo nin falta facía, os meus compañeiros fixeron un bo partido e non levamos os 3 puntos polo de sempre, a puntería. Estamos pagando moi caro o de non ter un goleador no equipo, espero que esto non nos coste un disgusto o final da tempada, pero de momento non o temos fácil.
Sobre o partido, ben todos en xeral, e os comentarios van sobre o bo partido que fixo Nacho, seica estivo intratable no centro do campo, hai que seguir asi Nacho, que boa falta nos vai facer nestes derradeiros partidos de liga. Cuiña foi o que marcou o gol.
Pois nada un punto sabe a pouco, pero a recuperación da moral e autoestima e tan importante como o acadar os 3 puntos.
Próximo partido en Lesende (Noia) o sábado 9 as SEIS E MEDIA da tarde. Atención o horario.
Temos que gañar, como sexa.
Aupa River....

martes, 21 de abril de 2009

River Silleda 0 - Mirador de Padín 2

Ainda que parece que xogamos na casa o partido foi en Ribeira, e sabíamos que as nosas opcions de gañar eran escasas, a verdade e que lle plantamos cara o equipo local, que ainda que demostrou ter vos xogadores non tiña nada que ver co equipo que nos dou un baño monumental en Silleda fai meses.
E mais, algo bronco o partido debido dianteiro centro deles, o número 29, que ainda que non e mal xogador, o tio está flipado e digo flipado porque ese metese algo antes de xogar, con todas esas acabou o partido despois de lesionar antes o noso Lolo e expulsar a lito, menudo elemento, excesivo para veteranos ter que enfrentarse a individuos de esta calaña.
Pois nada, preto do descanso chegaría o 1-0 en fora de xogo e no segundo tempo o 2-0 tamen en fora de xogo, de todas formas tiveron outras ocasions nas que poideron marcar e nos tamen volvemos a fallar ocasions claras que poideron meternos no partido, pero fallamolas e entón perdemos un partido mais, e agora siq ue xa estamos nos postos de descenso e vamolo a ter moi difícil vendo os favores que se fan entre os equipos, senon quen entende que o Hnos. Couto encaixe 5 goles nun partido e so levaba 14 encaixados en toda liga, nada que unha man lle votarón os de Marrozos, a ver si salvan a categoría, e nos como sempre perxudicados por estes mamoneos.
Aupa River......

lunes, 6 de abril de 2009

Ag. Sal. Touro 2 - River Silleda 2

Un traballado empate acadado neste partido xogado no pésimo cesped sintético de Touro, que nos sabe a pouco pola forma na que se derenrrolou o xogo e pola necesidade que temos para acadar os puntos necesarios para a salvación.
Comenzamos marcando e dominando o xogo, e logo de un par de ocasions de Tato, chegaría un golazo de Ojea que marcaba dende una esquina da area grande, todo parecía ir ben e o partido estaba mais ou menos ocntrolado ainda que eles son un equipo que sin ser nada, teñen oficio de xogadores, e cando non chegan deixan recado, e senon que lle pregunten a Tato, Ojea, etc.
O colexiado, pois e moi coñecido ali e estaba claro que non nos iba a dar nada, todo o contrario, asi sucedeu, pero pudo ser moito peor, o final hasta lle parecía xusto o empate, a nos non pero, tamen e verdade que poidemos hasta perder.
Non sei si lamentaremos o derradeiro remate de cabeza no segundo pao de Lolo, que pegou en Ojea e saleu por encima do longueiro, non estaba de entrar, pero podían ser os 3 puntos que neste momento serían una bendición para nos.
Pois eso, nada un punto e a seguir loitando unha seman mais, dentro de 15 días xogamos en Ribeira ante un rival moi complicado, para nós ó mellor equipo da categoría, pero teremos que loitar a morte, e somos capaces porque temos equipo pa manternos e vamos a dar moita guerra antes de deixarnos vencer por todolos que nos queren baixar.
Forza River.....

lunes, 30 de marzo de 2009

Mad. Ramos 8 - River Silleda 3

Partido de copa xogado en Calo o sábado pasado, sin moita mais historia que é a derrota mais abultada que recibimos en 6 anos en competición, nada mais que eso.
En canto o partido, pois pouco que decir, un equipo estaba con baixas importantes pero os que estaban tampouco podian encaixar tantos goles, ainda que si e verdade que lle metemos 3, cando eles son un equipo que encaixan moi poucos goles na liga, ademais sacando o penalti, dous golazos, unh en falta directa de Mariño pola escuadra e outra do noso dianteiro que regateou a 3 defensas, encarou porteiro e tamen o regateou, deixando o balón sobre a linea de meta. Foron os únicos aplausos que se oiron nese partido.
En canto os goles deles, decir que moitos foron fallos nosos de querer xogar o balón dende atras, como o resultado non era o que mais nos preocuaba estivemos moi froxos de concentración é de ahi os oitos goliños que nos meteron, 3 deles do rubio Shuster que se iba en velocidade por todolos lados. Pois nada, agora xa fora da copa, a pensar no partido do sábado que ahí si nos xogamos moito. Ahhhh, por certo, no Maderas Ramos xogou co numero 2 un rapaz que xa xogara contra nos co Marrozos este ano na liga, dame que ahi equipos na nosa liga que están metendo xente sin ficha, tomaremos as medidas oportunas para que non o volvan a facer no partido que temos que xogar contra eles na segunda volta.
Aupa River.....

sábado, 21 de marzo de 2009

Xamoneria Kirss Boiro 1 - River Silleda 3

Hoxe adianto ó día do comentario porque xa tiña ganas de anotar unha victoria no noso casilleiro, pois si, por fin acadamos os tres puntos, neste caso en Boiro, ante un equipo que se nos dou ben este ano, fixemoslle os 6 puntos en xogo.
Ainda que nos presentamos con poucos efectivos, debido as ausencias por distintos motivos e a lesión de nacho que fixo de delegado, os que estivemos no campo demos todo o que poidemos e o final acadamos a recompensa, unha victoria moi traballada.
Polo tanto a victoria e cousa de todolos xogadores que estiveron sobre o campo, un dez para todos e como decía o outro día, xa tocamos fondo e agora hai que tirar para diante.
De momento, partido de copa contra o Maderas Ramos en Calo, partido que non nos preocupa porque esa non é a nosa guerra e non debemos perder efectivos para próximos partidos. Logo imos o campo do Ag. Salgueiro en Touro, un campo con un cespede malísimo e onde e moi dificil acadar os tres puntos, pero dende logo que lle podemos gañar porque non son mellores ca nos, nin moito menos..... FORZA RIVER.........

domingo, 15 de marzo de 2009

Tordoia 2 - River silleda 1

Tocamos fondo !!!!!. logo de esto xa non o podemos facer peor, temos que facer autocrítica e pensar si todo esto é froito da casualidade, dos erros por falta de concentración, da falta de compromiso co equipo. Non é o momento de votar culpas a ninguen, senon de ver esto como un deporte. O mellor do partido, nadie rompeu nada....
Sin comentarios....

jueves, 12 de marzo de 2009

Ulla Oil 4 - River Silleda 1

Resultado moi abultado que parece que soio da fe do penoso segundo tempo que fixemos en San Mamede. Logo de un bo comenzo e despois de mandar dous balons o longueiro, e preto do descanso, marcanos nos o gol en meta propia. Era una historia anunciada, tanto fallar para que o equipo contrario se adiantara no marcador. Vamos o descanso con 1-0. No segundo tempo chegou o noso empate de falta y rapidamente volven a marcar o 2-1 e ó 3-1. De aqui para adiante, deambulamos polo campo dando mais pena que outra cousa, e desexando que a pesadilla se acabará. Derrota sin paliativos, outra cousa e ó que poidera pasar de haber marcado nos balons enviados o longueiro, pero eso non foi asi.
Ainda hai vida, pero xa entramos na zona de descenso e esto está moi...moi ...dificil.
FORZA RIVER......SEMPRE....

domingo, 1 de marzo de 2009

Copa Veteranos

River Silleda 2 - Symatec Bermes 1.
Partido de copa xogado en Outeiriño diante do Bermes, partido que non ten moito que contar a non ser que a situación na que está o equipo e moitos dos xogadores do equipo veuse o sábado pasado cando un afeccionado lle preguntaba ou outra cal era o equipo de terceira o negro ou o Azul, a verdade e que non o fixemos nada mellor que eles y en vistas da xente que estaba no campo tiñase que notar, pero nada de eso, a por encima creemonos superiores e permitimonos o luxo de deixar que o porteiro xogue de dianteiro e mesmo que tire os penaltis, e os erre, claro.
Nada, que non valía a pena estar ali vendo a falta de acierto do noso equipo, e memos a falta de forma que se nos ve, ou vamos a entrenar ou teremos que xogar en terceira división.
Agora o sábado partido de liga e seguimos coas baixas por distintos motivos, unha pena, pero esto non ten boa pinta....
Adiosssssssssssssss.

lunes, 23 de febrero de 2009

River Silleda 1 - Hnos Couto 3

O sábado volvemos a perder no campo do Lamela ante o lider Hnos. Couto, con un equipo moi mermado polas baixas e as sancions, con once xogadores afrontamos o partido votandolle mais coraxe que outra cousa.
Saliron eles moi fortes e pasamos 20 minutos moi presionados, sacando dous balons baixo os paos, e chegou o primeiro gol. Logo tivemos a ocasión de empatar con un penalty fallado por Lolo, unha pena, era o primeiro que nos pitaban na tempada.
E cando todo iba mais ou menos controlado, nun despeche de un xogador noso que pega noutro e cae o balon na area diante do dianteiro rival que marca o segundo gol, recortaríamos distancias nun rexeite dunha falta votada por Iglesias e remachada por Maril. No segundo tempo fixemos mellor partido a pesares que quedar con 10 xogadores os 5 minutos por expulsión de Iglesias, pero non fomos capaces de manexar o partido, e ainda que tivemos a ocasión de igualalo por mediación de Cuiña a falta de 7 minutos, que nunha xogada sensacional non foi capaz de picarlle o balón o porteiro despois de haber regateado a toda a defensa rival. E claro, chegou para eles o terceiro gol e definitivo que lle daba os tres puntos.
Hai que recoñecer que o equipo contrario xogo mais que nos ainda asi tivemos a posibilidade de acadar o empate si tiveramos sorte para resolver diante do porteiro, pero bueno hai que seguir esto cada vez ponse mais complicado pero sigue dependendo de nos a salvación ainda que o ter que xogar os partidos todos fora sacanos posibilidades en principio.
A ver si para o próximo partidos podemos contar de novo con Couto, Ojea, Vinseiro, Nacho, Mariño, Elias, Abeledo, Ruben, son moitas baixas que nos están mermando no xogo.

domingo, 15 de febrero de 2009

Castrosua 1 - River Silleda 1

Acudíamos este sábado o campo do Esclavitude coa imperiosa necesidade de acadar algun dos puntos en xogo, e ainda que tíñamos baixas moi importantes no equipo (Couto, Ojea, Nacho por lesión, Mariño, Orza) era necesario plantarlle cara a un equipo que vai a estar loitando con nos, visto o equipo que teñen.
Saliron mais metidos no partido ca nos,e pasámolo mal os primerios 25 minutos, e nunha desas ocasions, o colexiado que non estivo moi acertado e bastante caseiro, pitou penalty a Iglesias por derribo a un contrario que estaba de espaldas e ó borde da área.
Nada, o equipo estaba sufrindo moito en defensa e apenas chegábamos o ataque, pero fomos o descanso un pouco mellor do que empezamos e coa intención de remontar na segunda parte.
No segundo tempo salimos moito mellor e controlamos o partido, de feito xogouse case todo o segundo tempo no campo contrario, pero seguimos moi romos en ataque, menos mal que nunha das ocasions Sito marcaba o gol do empate.
Tivemos outras ocasions de gol, que non chegamos a finalizar, e todos cantamos gol nunha xogada de cuiña que lle pasou o número 9 noso, e este votou o balón fora, rozando o poste, ahi estaba o gol da victoria e os tres puntos.
Nada, empate que ainda que non nos encheu de todo e moi importante, pola moral que nos da e porque mentres sumemos non hai problema.
Este sábado ven o lider, seguramente xogaremos fora de Silleda, en Lamela ou Laro, temos que usar as nosas extratexias, ser duros e tocaguevos, sacarlles as gañas de xogar e mentalizalos de que para eles ese partido non ten importancia e para nos pode significar moito para salvarse.
FORZA RIVER........VAMOS A POR ELES.........

jueves, 12 de febrero de 2009

River Silleda 0 - Rec. Arturo 2

Volvemos as andadas, nada que estivemos moi blandos con un equipo que se atopou 2 regalos nosos e sin facer moitos meritos, aparte de repartir patadas a diestro e siniestro coa falta de sanción do arbitro que non quería amosar tarxetas.
De todas formas, non hai excusa e o partido perdemolo nos, e como non amosemos outro nivel de compromiso e agresividade cos contrarios vannos a gañar todolos partidos. Esperemos que esta sexa un lección para próximos compromisos, nunca mellor dito.
Nada mais que decir, e a loita continua, ó próximo sábado no campo de terra de Esclavitude con un rival directo, o castrosua.
Aupa River....

domingo, 25 de enero de 2009

River Silleda 1 - Marrozos 0

Cuarto partido en Liga e Copa sin perder y solo encaixando un gol (o de copa co Melivet, gañamos 5-1). Pois eso, que ainda que non resultou doado o equipo dirixido por Lolo ten outro caracter, outro espritu loitador e sufridor que nos está dando mellores resultados, e ainda que levamos dous partidos moi pouco finos en ataque, en defensa mantemos a porteria a cero, e eso o final trae consigo os puntos.
As baixas por sanción de Elias e Mariño, tiñamos que engadir as de Maril, Sito e Abeledo por distintos motivos persoais.
Golazo de Nacho, increible o disparo que entrou na porteria como un misil, esto dounos a confianza necesaria para seguir loitando e si ven faltando 15 minutos o equipo contrario achucaba a nosa porteria con faltas lonxanas, soupemos aguantar e sacamos os 3 puntos, agora xa 17. Quen nos iba a decir fai un mes que iamos a acadar dez dos doce puntos posibles nos derradeiros 4 partidos da primeira volta.
Deza puntos acadamos o ano pasado na primeira volta da división de Honra e logo na segunda pouco fixemos, este ano esperemos que non sea asi. Temos outros dous partidos importantes, ainda que primeiro ven a copa, rivalidade local contra o Bermes, e logo a liga de novo. O Recambios Arturo visita Outeiro, e temoslle que gañar e deixar o gol average o noso favor, ademais de tentar deixalos mais atrás, pero eso xa se verá.
Aupa River......

lunes, 19 de enero de 2009

Amio veteranos 0- River Silleda 0

Cuarto partido sin perder, logo de 3 victorias, duas en liga e unha en copa chegou un empate que nos soupo a pouco porque os nosos dianteiros non estiveron afortunados pero o equipo mantivo a porta a cero por segundo partido consecutivo co cal, polo menos non perdemos.
Non estiveramos acertados cara o gol, e ó unico que marcamos foinos anulado, e para nós era correcto, nada de fora de xogo. Ainda que non viñemos con un bo sabor de boca porque se nos escapou a victoria, si o daamos como bo, e agora a gañar este próximo sábado en Silleda co Marrozos que tapouco vai a ser doado, vendo os resultados da derradeira xogada, vamos a ser moitos equipos os que loitaremos pola salvación, sacando os 4 ou 5 primeiros os demais parece que vamos a estar ahi.
Aupa River...

sábado, 10 de enero de 2009

River Silleda 2 - Aut. Cambon Dubra 0

Volvemos as victorias épicas, o sábado partido xogado no campo de terra de Lamela, en boas condicions e cuarta victoria da tempada. Que falta nos facía gañar, e da forma que o fixemos, sufrindo, pero loitando como nos mellores tempos ante un bo equipo que soio levaba un partido perdido.
Antes do partido, tíñamos 3 baixas por sanción. Lolo, Mariño e Elias, os dous últimos ainda lle quedan partidos polo comportamento que tiveron co árbitro de copa do partido pasado.
Tamen tiñamos a baixa de última hora de Ojea que estaba facendo moi bos partidos, asi as cousas non parecían moi doadas, pero empezamos o partido dominando e tendo ocasions o que nos dou confianza e asi nunha falta Nacho conseguía acadar o primeiro gol do partido. O descanso chegamos co 1-0, no segundo tempo tocou sufrir bastamte polos ataques do conxunto rival, pero estamos facendo bo partido en defensa e con saidas perigosas en ataque.
Xa falatndo 13 minutos conseguimos o 2-o, golazo de Cuiña, deses goles imposibles e nada un pouco de apuros pero xa os 3 puntos estaban no noso casilleiro.
Todo o equipo estivo moi acertado, Ruben, Pauli, Orza, Abeledo, Cholo, Lito, Nacho, David, Iglesias, Sito, Maril e moiben en ataque Vinseiro e Cuiña.
Un DEZ po equipo e haber si esto nos da confianza para encadear algunha victoria mais e alonxar o fantasma do descenso da nosa cabeza e asi poder xogar mais sueltos e demostrar o noso espiritu de loita e traballo que tantos exitos nos dou no pasado.
FORZA RIVER...........