Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 12 de marzo de 2012

Non merecimos perder en Calo

O sábado 3 de marzo perdemos contra o equipo Recamb. Arturo, un partido que mereceríamos gañar si marcamos as ocasións falladas, pero non foi así e perdemos nos derradeiros minutos do partido.
Empezamos o partido con 11 xogadores sobre o campo e adiantámonos no marcador dun gol de falta de Beni, que marca de falta directa, eles dominaron o xogo neste primeiro tempo pero nos tivemos dous ocasions de Kurras solo diante do porteiro que non acaban en gol, Cuiña tivo outra clarisima despois de regatear a dous defensas deles, e Pampín cando iba a tirar a porta solo, pasalle o balón a Kurras e o árbitro pita fora de xogo.
Asi nos fomos o descanso, no segundo tempo con 10 xogadores pola lesión de Maril, dominamos o partido e tivemos o equipo contrario contra as cordas, eso si, eles son un equipo moi duro e que presionan moitisimo o árbitro durante todo partido, asi é que o delegado ainda estando sancionado estivo todo tempo encima do campo presionando o árbitro.
E chegaría o gol deles, a principio do segundo tempo, e nos con posibilidades de adiantarnos de novo, pero a presión deles era tanta, sobre o árbitro que parecía que si non marcábamos ibamos acabar perdendo e así foi, faltado 10 minutos nunha salida deles pola banda dereita centran é rematan o 2-1.
Increible que un equipo como este nos leve 10 puntos na clasificación nestes momentos, para a maioria de nos, o peor equipo da categoría, ainda que na clasificación ese somos nos.


No hay comentarios: