Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 2 de junio de 2014

Despedida da tempada en Camporrapado

Este sábado día 31 xogabamos en Camporrapado o derradeiro partido da liga, un partido que non tiña a tensión dos partidos anteriores pero que dadoo estado impecable  do campo de herba natural, que xa lle gustaría ter a moitos equipos de 3ª División un campo así, apetecía xogar a calquera.
Saimos con solo solo 13 xogadores, mellor dito disponibles 12 porque solo foi testimonial a miña presenza no campo o non dar xogado debido a lesión que non me deixou disfrutar deste día soleado neste campo, sendo o derradeiro partido.
Saimos tocando o balón e mesmo nos 5 primeiros minutos de xogo Elías tivo a oportunidade de poñerños por diante no marcador, pero dando moitas facilidades en defensa  chegaría o gol deles, nunha perda nosa do balón no centro do campo, balón o seu número 10 Carlin e este vaise da defensa e bate por raso a Chin.
De todolos modos o noso xogo era mais combinativo que o deles, pero non daba os seus frutos, a verdade e que eles tiñan un montón de cambios no banquillo o que creo que poido ser o que motivou a súa victoria, que non por xogo nin oportunidades.
O noso empate chegaría por medio de Pampin que logo de recibir un pase en medio campo, enfrenta a defensa rival, vaise deles e marca diante do porteiro o empate.
E noutra xogada tamen será Pampin o que poña o 1-2 no marcador, logo dun bo pase de Lolo, estabamos por diante e eles querían gañar o partido.
E volvemos a perder o balón no medio campo nun exceso de regates do noso medio centro, e eles volven a empatar o partido 2-2.
E cando todo parecía que iba a quedar así, dado o caracter case que amigable do encontro, chegaría o gol deles nun despiste total noso, sacan de banda e dende o medio campo dun lanzamento longo e forte sin moita colocación sorprenden o noso porteiro e poñense 3-2.
Decir que nos tivemos mais ocasións tamen, sobre todo de Elias que fixo un bo partido ainda que non estivo atinado con gol, por outro lado destacar o partido de Pampín que ainda que perdeu o balón no primeiro gol, logo marcou dous goles soberbios e ibase como lle daba a gana dos defensores locais.
Termina a tempada, e ainda que aparecemos no posto 11 con 36 goles, dado que o noso gol avergae con Abella o temos a favor, o final acabamos no posto 10 deixando por debaixo noso antes do ascenso o Sporting Puebla e o Abella.
Resumindo final de tempada, un ano mais o equipo poderá competir na Primeira División A de Veteranos, agora a descansar que a tempada se fixo un pouco larga.
Aupa River.!!!!!!!!!



lunes, 26 de mayo de 2014

Empate co Chaian en Outeiriño

Este sábado en Outeiriño tiñamos un partido que podíanos traer problemas si o Chaian non gañaba, en caso de empate o victoria teríamos salvado a categoría nesta Primeira División A, ainda que agora mesmo ocupemos a 9 posición podían darse combinacións que nos puxeran en perigo de descenso.
Saimos con solo 11 xogadores o campo e destes un lesionado, logo aparecería outro e así fomos aguantando este final de liga, onde as lesións e outros compromisos extradeportivos fan que cada día sea unha odisea xuntar once xogadores no campo.
Enfrente estaba o Chaian, un equipo que ainda que leva tempo sin gañar e que vai detrás noso, ten case que os mesmos número que nos, solo dous puntos menos, pero e o noso equipo xemelo en canto a goles marcados, goles encaixados, etc. Ademais un equipo que da gusto xogar con eles, ningún problema, ningunha bronca, e tocan o balón con moitos cambios de xogo.
Saímos como sempre con dúvidas esperando un pouco o que eles querían facer, si viñan a polo partido ou se conformaban co empate, pero non eles viñan a polo partido e así o demostraron durante todo o partido, ainda que o empate foi un resultado xusto.
No primeiro tempo pouco que resaltar, moito medio do campo e poucas ocasións de gol, chegando o descanso.
No segundo pois pouco mais do mesmo, nós un pouco mellor intentamos marcar pero sacando alguna boa intervención do porteiro e un balón o longeiro de Pampín dende fora da área. pouco mais que decir deste partido.
Para nós o obxetivo conseguido, que era o de salvar a categoría e nestes momentos na novena posición como se vé na clasificación da Agrupación.
Próximo partido en Camporrapado contra o seu equipo de veteranos, un partido xa tranquilo e sin presión, onde vamos a divertirnos si damos xuntado once xogadores.
Aupa River.


lunes, 19 de mayo de 2014

A pesar dos pesares rescatamos un punto de Ouro en Amio

Presentámonos en Amio coa idea de acadar alomenos algún punto, sabendo que o seu mellor xogador e o máximo goleador la liga non iba a xogar, pero si, seica xa cumplira no partido atrasado contra o Golada, non entendemos como se pode cumplir unha sanción antes de que sea comunicada os equipos, increible pero certo, de todalas formas vamos a presentar una aclaración dos feitos.
Chegamos con 12 xogadores, dous deles lesionados pero vestidos para o partido, o porteiro viría logo un pouco mais tarde e incorporase o partido unha vez empezado.
No primiero tempo dominamos o xogo, pero seguimos sin profundidade, e nos para marcar un gol, imposible, tivemos algunha ocasión pero a pesar de que eles estaban sin o seu porteiro, Amancio atallaba todos los balóns porque parecía que lle iban as mans.
Marcos deixaba o terreo de xogo polos dolores no seu pé dereito, a lesión estaba ahi e como Chenel xa se nos fora nun par de ocasións, decidimos que Lolo deixara o centro do campo e se colocara no centro da defensa que era o único perigo que tiñamos.
Nestas Elias, que fixo un bo partido, regatea a un defensa dentro da área e derribano de feito claro, penalty que nos señalan, todo parecía que podía cambiar o resultado. Lanza Julio o medio da portería e atalla o porteiro, increible pero certo.
Chegamos o segundo tempo, o calor estaba facendo mais difícil xogar, e eles tamen con moitos lesionados, tentaban buscar sempre o seu dianteiro para que resolvera o partido.
Decidimos poñer a Pampin de central para cubrir a Chenel, renunciando un pouco o seu xogo de banda, pero neses momentos era o xogador que mellor podía aguantar o seu ritmo, dado que Lolo pedía un descanso.
E nun corner increible, digo increible porque marcamos nós en propia meta, pega o balón en Lolo e entra chorando o lado do noso porteiro Chin. O mundo vensenos encima, antes Cuiña estivera a punto de marcar e mesmo Beni tamen tivera outra ocasión de gol.
Ir perdendo o partido nesas circunstancias non parecía verdade, pero era certo, e ahi chegaría o mellor deles, solo nun par de ocasións Chenel rematou a porta e poido marcar o segundo, incluso unha ocasión clarísima onde non lle pega o balón diante da linea de gol.
Pero o futbol e así de increible e chega o noso gol, nun remate buenísimo a porta de Toño Pampín que nos está dando goles moi importantes en momentos como estes.
Xa non faltaba moito para acabar o partido, eles igual que nos moi rotos polas lesións e o cansancio neste final de liga tamen se conformaban co empate, e así chegamos con un puntiño de Amio, que nos sabe a moito, tal e como estaban as circunstancias.
Próximo partido en Silleda contra o Chaian, dados os resultados do Tourline, un empate valenos para salvar a categoría, ainda que nos a eso non sabemos xogar, e aindda que somos o equipo que mais partidos empatou nesta categoría, iremos a pola victoria para asegurar definitivamente a permanencia, pero tampouco vai a ser un partido doado xa que eles tamen se están xogando o mesmo ca nós, e ainda que levan alomenos dez partidos sin gañar, nestas circunstancias todo e posible.
Aupa River.




lunes, 12 de mayo de 2014

Non merecemos perder e complicamonos a vida ante o Lousame

Este sábado iba a ser un día nefasto para o River Silleda, logo de empezar o partido con 11 xogadores, os mesmos ca eles, e nos coas baixas de Elias, Santi, Nacho e Julio por sanción, perdimos un partido que non merecimos gañar, mesmo merecimos gañar, pero a sorte desta vez non estivo do noso lado, senon do deles e nunha xogada desgraciada onde ademais se lesionou un xogador noso que non pudo acabar o partido, eles marcaron o seu gol.
Empezou o partido con eles ben posicionados atrás, cousa que fixeron ben todo o partido, nos moi lentos na transición de balón, chegabanmos mais ca eles e tivemos algunha ocasión de gol, mesmo Toño Pampín tivo una clara.
Asi chegamos o descanso todo parecía que nos no segundo tempo lle podíamos marcar o gol e gañar, ainda que tamen estaba moi claro que os dous equipos estabamos cansados e iba a gañar o que mellor físico tivera o non haber cambios estaba asi o partido.
No segundo tempo o partido foi noso, sobre todo por ocasións, si e certo que eles atrás seguían ben ordenados e o seu porteiro fixo paradas de moito mérito, una parada abaixo nun balón de Beni, un remate fallido de Toño Pampín, pero todo seguía igual.
O que pasa e que o dominio do noso equipo estabase poñendo un pouco perigoso, eles salían co balón rápido e a nos xa nos costaba volver, e así nuha xogada aislada nun balón casi perdido na banda, onde eu me lesionei o intentar botar o balón fora, eles centran atrás e chega un xogador solo que manda o balón o fondo da portería, desesperase Chin porque non tivera case que traballo en todo o partido.
E logo o equipo queda con 10 xogadores no campo, o esforzo xa fora moito e ainda asi tentouse acadar o empate para creer na remontada, eles atrás agora con mais seguridade perdían tempo e non se complicaban, incluso poideron marcar noutra xogada a contra.
Ainda así a derradeira oportunidade sería nosa, nun balón de falta que lanza Pampín a escuadra e o porteiro deles nunha increible parada bota o balón fora.
Resumen, que nos complicamos a vida e temos que gañar un destes tres partidos alomenos, dadas as irregularidades que poder haber, porque o outro día o Lousame falaba de deixarlle gañar o partido o Tourline Boiro, falta unha semana pero xa se verá o que fan.
Seguimos dependendo de nós, pero esta oportunidade foisenos, agora partido contra o Amio, a ver si recuperamos algún lesionado e sancionado e podemos sumar algo positivo.
Aupa River, faltanos o derradeiro arreón.

lunes, 5 de mayo de 2014

Empate diante do lider Terras de Xallas

Valioso o empate deste sábado en Outeiriño (Silleda) diante do lider da categoría neses momentos o poderoso Terra de Xallas.
O partido empezou moi igualado, pola nosa parte a baixa de Juvenil que nestes momentos ocupa a posición de eixe do centro do campo deixabamos un poco orfos a hora de facer xoga e mover o balón, polo tanto tiñamos que volver a facer un xogo mais directo e polas bandas.
Ainda que eles non lanzaron moito a porta si tiña presión constante sobre a nosa porterei e as faltas que faciamos a veira da área podían acabar en gol tendo en conta que Albite lle pega moi ben.
Pero non houbo nada saiantable no primeiro tempo, a non ser a nosa dregraciada lesión de Santi que caeu sobre o ombro e tivo que retirarse do xogo pola gravedade da lesión, unha baixa moi importante para nos.
Con 0-0 empezamos o segundo tempo, xa estaba no campo Julio Ferradas e sabíamos que eles viñan a polo partido, polo tanto tocaba sufrir e tentar marcar algunha das nosas posibilidades que as tivemos, por un lado un lanzamento dende fora da área de Beni que desviou o porteiro fora, e outra un remate de cabeza de Toño Pampín que sacou o porteiro non seid e que maneira.
Ainda así a ocasión mais importante tiveronna eles cando o colexiado pitou un penalty, para min moi riguroso ou inexistente, que nos costou a expulsión de Julio Ferradas por roxa directa, menos mal que o penalty lanzarono fora.
E a partires de ahi tocou sufrir, con dez xogadores no campo, tocou defender os ataques deles como se pudo, sin mais chegou o final do partido que nos deixou un valioso empate que nos pode valer ouro o final desta liga.
Próximo partido ante o Lousame en Silleda, partido que nos xogamos moito porque se trata de un rival directo, en caso de gañarlles estaríamos particamente salvados a flata de 3 xornadas.
Aupa River.

lunes, 28 de abril de 2014

O River Silleda gaña o Golada o derbi comarcal do 2014.

Partido complicado contra O Talleres Ventosa Agolada este sábado, sobre todo pola importante baixa do noso porteiro, pero temos que decir que Nacho que ainda que xogou lesionado de porteiro cumpleu moi ben nas escasas ocasións do rival pero estivo moi ben nos balóns por alto.
Comenzamos dominando o partido durante os 10 primeiros minutos, tocando o balón o centro e facendo aperturas os lados, pero eso durou moi pouco, eles que son un equipo con xogo moi directo empezaron a mandar balóns en largo os seus dianteiros que son rápidos o que fixo que o noso equipo se abrira demais e así non podíamos facer o noso xogo.
Sería durante esos minutos cando eles estiveron a punto de acadar alomenos un gol, as chegadas con balóns longos eran perigosas e ainda que non acababan lanzando a porta crearon moito perigo.
Asi nos fomos o descanso, empate a cero no marcador e todo facía pensar que o empate podía ser un bo resultado e ademais posible.
No segundo tempo, non cambiaron moito as cousas, eso si, nos mantivemos un pouco mais o control do partido e eles chegaban con menos peligro, pero ainda así, aumentaron a presión sobre o árbitro o que facía que en calquer momento no la poideran "armar".
E xa case que a punto de acabar o partido, co tempo no desconto chegaría o noso gol, logo de unha xogada de Elias que manda o balón a Toño Pampin que bate o porteiro lanzando o balón o segundo pao.
Asi remataba o encontro e os 3 puntos veñen para Silleda que nos volven a facer falta logo da expulsión do V. Raquel que nos perxudica xa que nos lles gañaramos e outros perderan na segunda volta, pero o anular a segunda volta, volvese a apretar a clasificación, ven e certo que solo faltan 5 partidos e mantemos unha diferenza de 8 puntos sobre o descenso.
Próximo partido contra o lider o Terras de Xallas, vai a ser moi difícil gañarlles ven e certo que alí gañamos 0-1 nun bo partido pola nosa parte, de facelo teríamos case que acadada a salvación da categoría.
Aupa River.

lunes, 14 de abril de 2014

Gañamos o Sporting Puebla.

Si este sábado gañamos o Sporting Puebla de Veteranos, outra final para manternos algo lexos do descenso, sobre todo agora que o Veteranos de Compostela e Touline Boiro van acadando puntos.
Saimos sabendo que o partido iba a ser moi difícil para nós, sobre todo porque nos xogabamos moito e o Puebla fai un xogo sin case que centro do campo que non se nos da moi ben.
O primeiro tempo foi moi igulado, sin apenas ocasións para ningún dos dous equipos, incluso eles creaban mais perigo debido a nosas perdas de balón no centro do campo.
Pouco mais que decir neste primeiro tempo, e chegamos o descanso 0-0.
No segundo tempo empezamos moito mellor de feito os primeiro 15 minutos foron nosos, mais por gañas que por bo futbol, pero o equipo pasou a controlar mais as saidas a contraataque deles e nós empezamos a abrir os balóns as bandas, sobre todo a banda dereita onde Santi se iba con centros sobre a porta.
E así estivemos case que todo o partido, solo saliantar un remate de cabeza de Nacho que a punto está de entrar na portería, o porteiro no ultimo momento saca o balon, unha magoa.
Tamen foi unha boa ocasión o lanzamento de falta de julio Ferradas que apunto está de entrar pola escadra, pero o porteiro saca o balón, iba un pouco falto de forza senon entraba seguro.
E mentres iba sucendendo chegaría a ocasión que poido cambiar o resultado do partido, un fallo defensivo noso fai que un xogador deles dispare a porteria, menos mal que Chinchilla fai unha boa parada e manten o resultado 0-0.
Nestes momento do partido para nós o empate xa non era mal resultado, e xa que non dabamos gañado, mellor era non perder o partido o final, ainda que eles non lles valí moito o marcador.
Eles adiantaron as liñas e puxeronse con 4 dianteiros e debeu ser eso o que fixo que Elias recibe un balón en medio campo regatea a un defensa e enfrenta o porteiro enviando o balón a súa dereita pegadiño o poste, 1-0 no minuto 41 da segunda parte.
E así acabaría o partido, incluso sen demasiados apuros, eles moi cansos xa non podían facer nada por mellorar o resultado.
O final os 3 puntos quedanse en Silleda, agora mesmo imos 9 con 33 puntos estamos a 8 puntos do posto de descenso que ocupa o Puebla, e tería que darsenos moi mal todo para que non poidamos facer alomenos 4 ou 5 puntos que deberían de ser mais que suficientes para salvarnos do descenso.
Aupa River, próximo partido en Golada, non temos nada que perder e moito que gañar neste partido de rivalidade camarcal.


O Compostela sigue na boa racha e gañanos tamen o River Silleda

O compostela parece que despertou do seu letargo, xa leva varios partidos acadando puntos o que nos facía presaxiar que este partido iba a ser moi dificil para nos, e así foi.
Un equipo novo, nada parecido o da primeira volta, un equipo que toca o balón con criterio e bos modos, facendo fácil o difícil e que se levaría os 3 puntos a pesares de que nós nos adiantamos no marcador por medio de un golazo de Cuiña que fai unha vaselina o porteiro na súa saida logo de un bo pase de Juvenil.
Asi chegaríamos o primeiro tempo, pero eles no segundo remontaron o partido, viase vir, dous regalos nosos, o primeiro sacando rápido un balón dende a defensa o medio non acertar a controlar e rouban ematando o partido, non iban nin 5 minutos do segundo tempo.
E o segundo gol chegaría tamen nun perda de balón noso que rouban eles e poñense 2-1, a partires de ahi pouco poidemos facer e ainda así nos caería o terceiro, 3-1.
Partido que perdemos con toda xusticia nun campo que non se nos da nada ben, a felicitación a eles e sorte para salvarse do descenso, con equipos coma este da gusto xogar ainda que se perda.
En canto ó arbitro, pois moi ben como que case todos, salvo excepcións non hai nada que opinar, equivocanse coma todos nos.
Aupa Riber

Victoria do River ante o Abella Veteranos

Este sábado demos un paso importante para manternos na categoría da Primeira División de Veteranos de Santiago o ano que ven.
O partido era moi importante porque de non acadar os puntos o noso rival o Abella Veteranos podería poñerse por diante de gañar o partido atrasado.
Empezamos o partido moi mal, non dabamos unha a dereitas, os xogadores sin intensidade e con moita desgana, temos que facer una reflexión e si non queremos xogar e mellor decilo ou deixar a outro compañeiro, non sair o campo por sair.
E vamos co partido, dadas as circunstancias faladas antes e como as cousas iban como iban, nunha falta o borde da área, meten gol polo pau corto e por encima da barreira, moi floxo pero asi, e raro por Chinchilla non sei lle colan estos balons pero asi foi.
E nada eles tamen non parecen o equipo que xogou ala contra nós, onde o 4-4 di todo o que foi o partido. Aqui eles deron una sensación perigosa incluso para salvarse, pode ser que as lesións lles mermaran moito o equipo pero, vimos un equipo con pouca moral e desanimado a pesares de que a nós costounos gañarlles.
E no primeiro tempo chegaría o noso gol do empate, sería Dardo o que poñería o 1-1 no marcador e con ese resultado fomonos o descanso.
No segundo tempo seguimos coa mesma teima, solo tentamos un pouco mais o gol e así chegaría xa no minuto 30 do segundo tempo, logo dunha xogada de Elias o balón queda solto e Toño Pampín marca o 2-1 que nos daría os 3 puntos.
Pouco mais que decir deste partido, o mellor os tres puntos, o peor o xogo, pero esto sigue, e ainda que na próximo xornada non hai liga, senon copa, dentro de 14 días temos que ir a gañar o Compostela para acadar a permanencia e a tranquilidade o antes posible.
Aupa River.

martes, 18 de marzo de 2014

O victoria gañanos tamen na segunda parte

Outro partido onde no segundo tempo o equipo baixa a súa forma física e o rival acaba levándose os 3 puntos, como xa pasara en Calo contra o Recambios Arturo, ainda que ali foi mais doloroso porque foi no derradeiro minuto.
O sábado saimos o campo sin complexos e plantando cara como sempre o equipo contrario, neste caso o partido estaba moi igualado a non ser un fallo noso nunha cesión en defensa que nos poido costar o gol.
Por parte deles o xogador número 27 ibase como moita facilidade dos nosos rivais ainda que non acababa de rematar a gol.
Un pouco antes do descanso e co resultado de 0-0 o xogador deles que mais daño nos estaba a facer no campo, o 27 lesionase nun nocello e ten que sair.
O segundo tempo parecía que podíamos alomenos conquerir un empate pero non foi así, e ainda que xogabamos no campo deles, as nosas perdidas de balón estaban a supoñernos apuros en defensa, e así chegaría o primeiro gol deles, nunha parede polo centro da defensa logo de un follo no lateral interior esquerdo e sería Moure o ex-xogador do Compostela o que marcaría o 1-0.
A partir de ahi, case que se acabou o partido para nós, eles xa mais confiados e nos con pouca pegada, solo podiamos pensar nunha xogada a balon parado ou falta para acadar o empate.
E ainda asi nos chegaría o segundo gol deles, dando o traste coas nosas aspiracions de traer algo positivo.
En canto arbitro, unha maravilla a verdade e que este chaval que creo que tamen pita en federados e unha pasada, como sigue o xogo, como dialoga con todos, sin dúvida moitos árbitros da agrupación deberían velo pitar para darse de conta onde estan.
Estanos pasando algo este ano que nos pon as cousas complicadas, que non somos capaces de gañar os partidos igualados, non sei si a sorte, que algo tamen pon, pero faltanos algo para acadar mellores resultados e necesitamos gañar para alexarnos dos postos de descenso.
Próximo partido contra o Abella en Silleda, temos que gañar e para elo teremos que estar a cen x cen.
Aupa River.

lunes, 10 de marzo de 2014

Xogabamonos media liga neste partido

O título e certo, neste partido contra o Tourline Boiro era para nós o ser ou non ser ou o que é o mesmo estar ou non estar para o ano, si se fai equipo, na Primeira División A.
Os tres puntos acadados poñen de por medio 8 puntos na clasificación a falta de 10 partidos, e certo que eles ainda non xogaron contra os dous equipos do fondo que poden ser seis puntos, ainda que o Vinoteca Raquel está dando algúnha sorpresa contra equipos teoricamente moito meyor clasificados.
Tamen nós lamentamos o partido perdido contra o Castrosua o comenzo da liga, cando ainda se presentaban 15 xogadores e non a desfeita que teñen agora.
Sobre o partido non pode comentar nada, unha porque non estiven e outra porque tampouco me gusta opinar polos demais, solo decir que a pesar do medo a que este partido podía ser unha desfeita para o noso equipo dado o que pasara en Boiro, nos tampouco sabemos coutarnos cando temos líos, pero por o que parece tanto pola nosa parte como pola súa, foi un partido onde non houbo nada que estivera fora de tono e todo se desenrrolou con calma e paz.
Solo quedar darlle a noraboa o noso equipo que neste caso acadou os 3 puntos e a eles felicitalos pola súa cordialidade no campo logo de todo o que pasara en Boiro.
Sorte e Aupa River.... Próximo partido co Victoria.

lunes, 17 de febrero de 2014

Menudo desastre de competición este ano. Resumen dos 3 derradeiros partidos

Pois si, este ano parece que a competición está totalmente descontrolada polo que vemos nos derradeiros partidos, pero antes empezaremos polo partido contra o lider naquel momento, o Amio. Partido que perdemos en Silleda por 0-1, gol de Chenel que lle sirve o Amio para levarse o 3 puntos de Outeiriño.
Ainda que estivemos en todo o momento no partido, non fomos capaces de empatar, no primeiro tempo eles con xogo directo sobre o seu dianteiro Chenel, facíanos sufrir en defensa pero o problema viña mais porque nos non soupemos como facer daño no centro do campo, atrás son un bo equipo e non permiten ningún tipo de ventaxa sobre o contrario.
O final, eles acabaron pedindo a hora e nós encima pero non chegamos a marcar, costanos moito meter goles e eso notase nos resultados. Final victoria para o Amio, 0-1.
E para min Chenel é quizais o xogador mais determinante da nosa categoría, con 30 goles na primeira volta, está todo dito.
Segundo partido en Outeiriño contra o Castrosua, equipo que alá nos gañou por diversos motivos, por un lado o calor, a expulsión de un xogador noso case que o empezar o segundo tempo, os fallos do noso segundo porteiro,etc.
Preséntase o Castrosúa en Silleda con 7 xogadores e os 10 minutos, logo de marcar nos un gol por parte de Elías, faise un deles lesionado e dase por finalizado o encontro con 1-0.
Increible pero certo, espero que non fagan falta os goles para o final da clasificación, porque alomenos 3-0, pero non sei porque a Agrupación deixou así o resultado.
Terceiro partido este sábado en Silleda, o rival o Vinoteca Raquel que x anon quería xogar o día de calendario, presentase en Silleda con 9 xogadores, empezan cando eles les parece o partido e logo venlle outro xogador, no primeiro tempo vamos o descanso con 2-0 logo de costarnos mais do normal marcar o primeiro gol, xa íbamos no minuto 39.
No segundo tempo saen o cmapo logo de facerse derrogar porque seica estaban tomando cafe, a verdade e que o tempo, nevando sacaba as gañas de xogar, pero cando marcamos nós o 3-0 deciden facerse lesionados e retiranse tamen.
Resultado final 3-0, e sumamos outros 3 puntos.
Resumindo, que os equipos que están casi que descendidos fan o que queren, non xogan os partidos, e retiranse cando non lles interesa o resultado para non ser goleados.
Nos dous ultimos partidos xogamos 70 minutos como moito, penso que a agrupación debía tomar cartas no asunto e descender os equipos que andan con estas maneiras, senon estamos adulterando a competición.
Próximo partido en Calo contra o Recambios Arturo, estes non creo que se retiren, aupa River.

martes, 14 de enero de 2014

Outro bo partido e empate en Chaian

Sabado volvíamos a Chaian a xogar outro partido fora do noso terreo de xogo, logo do cambalache da seman pasada onde non se sabe ben o que pasou.
Saimos coas baixas de Mariño e Kurras por lesión e as ausencias de Marcos e Julio Ferradas, volve o equipo logo de faltar o outro día, Toño Pampin.
Saimos a controlar o partido e todo momento, o noso centro do campo fixo ben as cousas e ainda que eles teñen un xogador de moita altura non levaban os balóns de cabeza, a nosa presión surtia os seus efectos e eles solo traian perigo cando desplazaban os balóns os nosas bandas.
E no primiero tempo tivemos ocasions para adiantarnos no marcador, Elias e Pampin tiveron ocasions diante do porteiro deles o quedar solos pero non fomos capaces de adiantarnos.
Asi nos fomos o descanso con empate a ceros e vendo a posibilidade de gañar o partido, no segundo tempo o xogo volveu a estar repartido e ainda que eles sacaron algún corner mais que nos solo tiveron ocasión de marcar na xogada onde un xogador noso dianto xa no chan recibe un balonazo de un tiro a porta que o árbitro pita como penalty.
E ahí estaba o noso porteiro Chichilla para demostar que está en plena forma e gracias a el neste caso nos levamos un puntiño de Chaian, resultado que nos parec xusto para os dous equipos.
Próximo partido outra saida o campo do Recambios Arturo...aupa River.

Que pouco nos soupo o empate en Lousame

O partido de Lousame non era unha saida doada para nós sabendo o que nos pasara na tempada pasada onde un árbitro por chamarlle de alguna maneira se cebara con nós e case que nos fai retirar da competición, pero lonxe están aqueles tempos e que se afastend e nós para sempre.
Empezamos o partido coa baixa de Kurras e Mariño por lesión, e nos primeiros minutos a verdade e que eles tiveron un par de ocasións diante do noso porteiro Chinchilla que nos salvou os mobles.
Logo todo foi moito mais doado porque eles foron perdendo fuelle e nos fomos gañando presencia no xogo a medida que iba transcurrindo o tempo.
No segundo tempo incluso melloramos e nos adiantamos gracias a unha xogada pola banda de Pampin que marca e nos pon por diante no marcador.
Logo chegaría o gol deles, nunha xogada desgraciada moi parecida a de Puebla, saida do noso porteiro, rebota o balón nun xogador deles, tentamos despexar o balón nun par de ocasións e logo cando tiñamos medio controlado o balón un xogador deles aproveita o despiste noso e pica o balón por encima do porteiro que ainda non lle dera tempo de volver a porteria.
A sorte non estivo con nosco nesta xogada e a pena e que se nos foron dous puntos de ouro nun campo tan difícil.
Bo arbitraxe neste ano en Lousame, asi da gusto, non como o ano pasado.