Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 18 de febrero de 2013

Escapousenos a victoria da tempada co negreira

O sábado o River Silleda fixo un dos mellores partidos da tempada, non solo polo xogo en sí e as ocasións de gol senon pola calidade do rival, o Negreira é un moi bo equipo, para o mellor da categoría, tendo en conta que non vin xogar o seu rival na táboa, o Peña Navegante de Conxo.
Empezou o partido con unha boa nova para nós, estábamos mais de once xogadores sobre o campo, nada menos que 15 xogadores, o final todos farían falta porque as lesións fixeron mella nos nosos xogadores.
Empezaron eles arriba, atacando a nosa defensa, e pola banda esquerda nosa entraba con moito perigo o seu interior Paco.
E así chegaría o primeiro gol, xogada combinativa e o número 14 bate a noso porteiro Fernando, 0-1 e moi mal víamos as cousas, a pesares de que na primeira volta a boa fe que case mereceramons empatar no seu campo. Pero nun roubo de balón por parte de Nelson, o xogador deles fai penalti, e penalti que fallou o noso xogador Julio Ferradas, que magoa, podíamos empatar o partido.
E logo do gol ainda tiveron outro par de ocasions para poñerse 0-2 que houbera sido a nosa morte, pero non foi así e con 0-1 fomonos o descanso.
No segundo tempo e con Cuiña e Sardi lesionados, saímos a tentar darlle a volta o resultado e así foi, primeiro foi Luis xa sobre a media hora da segunda parte cando de cabeza bate o seu porteiro.
E poucos minutos mais tarde Curri marca logo de caerlle un balón perdido na área, 2-1, increible o lider podía caer en Silleda.
O noso equipo seguía atacando con mais insistencia que perigo e Beni lanza un balón o longueiro de falta, otra magoa porque podíamos asegurar a victoria.
Pero non foi asi, e sobre o minuto 40, eles logo de balón largo, mal despexado pola defensa, caelle o numero 11 deles que dun disparo forte e colocado desde fora da área, acaba co noso soño e deixa en tablas o encontro.
Felicitar a todo o equipo pola loita, e tamen a eles porque teñen mois bos xogadores e ainda que ala o partido foi duro, en Silleda o seu trato no campo en xeral foi moi correcto.


Derrotas en Boiro e co Guadalupe en Silleda

Pois si, despois do aprtido co Tordoia fomos a Boiro para xogar contra o Tourline con todas as ilusión e nada, os quince minutos xa perdíamos por 2-0 en fallos defensivos moi graves, a partires de aquí nada que contar, que estivemos co partido igualado pero non demos remontado e xa o final do partido  outra vez o número 7 deles volve a marcar en fallo noso, así non podemos ir a ningures.
O seguinte partido foi en Silleda contra o Guadalupe e a pesar de ir 0-0  no primeiro tempo, no segundo adiantáronse eles nos primeiros minutos e logo xa non tivemos nada que facer, o final do partido defensa de tres e nos caeron dous goles mais, resultado final 3-0.

viernes, 1 de febrero de 2013

Empezamos a segunda volta con triunfo

Empeza a segunda volta e visitanos o Tordoia, equipo que ala nos gañou 1-0 de penalty xa nos minutos finais do partido, pero aqui o noso equipo loitou moito e os 3 puntos quedaron na casa.
Saimos o campo con gañas, a recuperación de Luis Kurras dalle o equipo moita mais forza e empuxe no centro do campo, e ainda que o xogo foi moi equilibrado o partido a final gañamolo por "guevos", non somos mellores ca eles, e ainda que na clasificación temos moita diferenza nos dous partidos demostramos que somos un equipo moi parecido o Tordoia.
A defensa estivo acertada sobre todo no marcaxe o seu dianteiro centro, que é quen relamente marca os goles deste equipo, o medio do campo estivo moi repartido e Kurras fixose moi forte, e o noso gol chegaría con algo de sorte cando Julio fixo un centro chut dende a banda e o balón entra polo segundo pao da portería contraria, golazo e 1-0.
Logo chegaría o segundo gol que marcaría Abrahan, logo de tirar a porta ante o porteiro en dúas ocasións, tivo tamen un par de ocasions Nelson que non dou rematado.
O final un victoria importante para a moral do equipo e sorte o Tordoia que este ano poden acadar o ascenso de novo.

Derrota na Golada

Pois ese sábado presentámonos na Golada antes de tempo, para nós o seu delegado dixeranos que o partido era as 4 e non parece ser que era as 6, tampouco o entendemos moito porque as 4 non xogou ninguen, parece que o Golada é destes equipos que lles gusta facer xogar os rivais de noite. Esto non debería estar permitido pola Agrupación de Veteranos, alomenos cando o equipo dispón de campo para xogar.
Saidos con once xogadores solos, sin recambio na banda parecía que podía ser moi complicado vendo que o rival ten moitos mais puntos ca nós, pero tiveron que sudar para gañarnos e a boa fe que non o mereceron, un empate houbera sido o resultado mais xusto.
No primeiro tempo, nos dispuchemos de claras ocasions de gol, sobre todo por parte de Nelson que non tivo o día nada acertado, Julio Ferradas no medio do campo fixo unha excelente labor e na defensa cumpliron con creces, pero logo de fallar as ocasions de gol, chegaría una perda de balón noso, por no botar o balón fora e gol deles, asi nos fomos o descanso.
No segundo tempo pois mais ou menos o mesmo, eles nalgunhas ocasions empleanse con dureza sobre todos os dous centrales, e nos aguantando o que poidemos sin cambios, pero non houbo a posibilidade de empatar o partido, no segundo tempo destacar unha boa parada do noso porteiro Fernando.
Final 1-0 e como case que todolos partidos deste ano, nos vamos pa casa sin recompensa, de todas formas felicitar o equipo por as gañas e a loita demostrada no campo.

Derrota co Peña Navegante de Conxo

O equipo do Peña Navegante demostrou en Silleda que é dos equipos claros para o ascenso esta tempada, foi un equipo que xogou o futbole gañou con facilidade en Silleda, ainda que nalgún momento tivemos a oportunidade do empate a 2-2, non fomos capaces de marcar e logo demostrou que por algo está ahi, e para nós e un claro candidato a gañar incluso a liga este ano.