Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 28 de diciembre de 2009

Torneo da Amizade

Como era de esperar o sábado celebrouse o triangular entre os tres equipos do concello de Silleda, quedando como gañador o Xanadu Silleda que logo de empatar 1-1 co River Silleda gañounos a penaltis.
Era una xuntanza entre todolos xogadores dos tres equipos e logo do partido tomamos unhas cervezas e unhas tortillas no Bodegon Trujillo, alí falamos e consideramos que a idea fora boa e que deberíamos repetila. Neste caso o Concelleiro de Deportes Javier Cuiña, que tamen xogou no noso equipo dixo que eles estaban dispostos a axudar para outras edicions con una colaboración, co cal, para o ano ou mesmo o final da tempada faremos outra xuntanza.
Tamen sinalar que tivemos un pequeno detalle para o equipo mais veterano de Silleda, o Lamela Veteranos, 27 anos levan dende a sua fundación e para o xogador en activo mais veterano, O Rubio de Vilar, que por enfermidade non pudo estar para recoller o premio.
Noraboa a todos os que participaron e fixeron posibel todo esto.
Agora a nos tocanos esperar o Esteiro para o día de de Xaneiro é ahi si temos que dalo todo.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Torneo da Amistade

Este ano decidimos facer un Torneo da Amistad entre os 3 equipos de Veteranos do Concello de Silleda.
Queremos que esto sexa unha festa do deporte entre os xogadores dos distintos equipos de veteranos do Lamela, Xanadu Silleda e River Silleda.
O torneo celebrarase sábado día 26 de Decembro entre as 4 e as 7 da tarde, e consistirá en tres partidos de 45 minutos a xogar entre os 3 equipos.
Logo o acabar o partido, todos xuntos teremos un terceiro tempo nun bar da localidade de Silleda, onde tomaremos unhas cervezas e falaremos das nosas "batallitas".
Como é o primeiro ano, vamos a probar si os xogadores se implican na istoria, e si gusta para o ano que ven, e dadas as datas, somos capaces de facer un torneo da Amistade onde poidamos aportar algo para algunha asociación ou organismo que axude a nenos ou persoas que necesiten unha axuda que lles faga mais felices nestas datas de Nadal, pero eso require traballo e tempo, e neste ano, xa non e posible.
Asi que, animadevos a participar.

Tordoia 3 - River Silleda 1

Pois non pudo ser, e despois de 9 partidos sin coñecer a derrota, esta chegou ante o lider da categoría o Tordoia, equipo que amosou una intensidade e loita pouco común nas categorías de Veteranos.
Chegamos 12 xogadores a Tordoia logo das baixas de xogadores que non foron capaces de estar ali polo equipo ese día, ben por motivos persoais ou polo que sea. Saimos o campo e logo das constantes presions do equipo contrario que puxeron cerco a nosa portería, onde estaba moi ben defendida polo xogador de campo Nacho que tivo que facer de porteiro, e o fixo MOI BEN.
Nos xogabamos o contrataque e nunha desas xogadas chegaría un golazo de Orza, que nos adiantaba no marcador e os poñía a eles un pouco nervisos. Nos administrabamos ven o partido e cando todo parecía que iamos ir o descanso co 0-1 chegou o gol deles nun saque de banda polo despiste noso, empataban o partido e ibamos o descanso.
NO segundo tempo non pasamos tantos apuros pero esles estaban embalados e coa axuda do Sr. Berdullas, presionaban sobre a nosa area, con dureza, o públicop fora tamen facía o seu sobre o árbitro e incluso este nos tiña amedentrados sobre o terreo de xogo con ameazas de expulsión a varios de nos, que non calabamos as inxusticias que lles estaba permitindo.
Pois nada, nun saque rápido de Nacho un xogador contrario controlou o balón e de bolea marcaba o 2-1, a partires de ahi, nos tivemos algunha salida a contragolpe que non daban os seus frutos, sobre todo polos agarrons na area que lle permitia as defensa deles sobre Luis, e incluso chegou a anular un gol de José por unha falta que apreciaou o colexiado de Luis.
Con este panorama, estaba claro que o colexiado quería darnos a puntilla, e fixo pitando un penalty que el apreciaou nun despexe de Elias, lamentable pero asi el salvaba a psoibilidade do empate o que lle podía traer problemas o final do partido coa afección local.
Segundo partido que nos pita o Sr. Berdullas, e ainda que vai de bo, estanos a joder pero que moi ben, xa van dous penaltis mais que dudosos e si o día de o Touro non lle valeu para nada, neste partido si porque non tivemos opción de plantarlle cara equipo contrario.
Esperemos que este señor non nos toque mais este anoa xa, de todas formas non queremos xustificar a nosa derrota coa actitude caserilla vengoñenta deste colexiado.
Esperamos o Tordoia no partido de volta, e vamos a ver si son tan valentes como ali no seu campo, porque ganas de revancha non nos faltan.
Non pasou nada, ainda seguimos ahi, e esto non nos vai a baixar os brazos, esperamos acadar os nove puntos que temos en xogo antes de acabar a primeira volta.
Aupa River....

miércoles, 16 de diciembre de 2009

River Silleda 4 - Veteranos Compostela 0

Victoria importante do River neste caso contra o segundo clasificado que iba empatado a puntos con nos. Partido fácil que se nos puxo de cara dende o principio e so perdemos o control do mesmo pouco antes de chegar o descanso e de acadar o 2-o que xa poñería as cousas no seu sitio antes de irnos os vestiarios.
No segundo tempo outros dous goles e sin más qeu contar pola nosa parte. Eles son un equipo que da gusto xogar porque non son broncos e tentar xogar o balón sin mais, equipos como este debería haber moitos.
Sorte para eles e ojalla estemos os dous equipos arriba para o ano.
Agora que acadamos a segunda plaza temos que seguir na loita e o próximo sábado un partido moi complicado no campo do Tordoia, equipo que vai inbatido e quen todalas de gañarnos sobre todo por xogar na súa casa, ainda asi tentaremos acadar algún punto alí.
Aupa River.

lunes, 7 de diciembre de 2009

Clasificación 1ª División B

Esta é a clasificación logo de 1/3 da liga . (Dez partidos xogados, 4 casa e 6 fora).

1-. Tordoia ..............................28 puntos.
2-. Veteranos Compostela.....23 puntos.
3-. River Silleda ............. 23 puntos.
4-. Castrosua........................... 18 puntos.
5-. Ag. Sal. Touro.................... 17 puntos.
6-. Portosin ............................. 16 puntos. (1 partido menos).
7-. Presidencia ........................ 15 puntos. (1 partido menos).
8-. Cercio.................................. 14 puntos.
9-. Meivet Santiso................... 13 puntos.
10-. Sigueiro............................. 11 puntos.
11-. Irmandade ....................... 9 puntos.
12-. Esteiro............................... 8 puntos.
13-. Finsa.................................. 8 puntos.
14. Carp. Miguelez................... 8 puntos.
15. O Pino ................................. 6 puntos.
16-. Momo San Pedro............. 6 puntos.

En azul os equipos que nos faltan por xogar con eles.

Ag.Salgueiro Touro 2 - River Silleda 3

Qinta victoria consecutiva en liga, boisima racha a que levamos nos derradeiros partidos que xogamos fora, en Portosin e Touro, rivais que de gañarnos poñeríanse empatados con nos a puntos e ainda que nos dous partidos estivemos dominando o partido, o final sufrimos mais do esperado nos derradeiros minutos despois de ir gañando por dous goles.
O partido de Touro presentábase compricado dada a rivalidade que teñen con nos, empezamos con un arbitraxe desastroso por parte do colexiado que en qunice minutos casi nos tiña tirado o partido, eu non sei que pasa en Touro pero levamos anos de arbitraxes ali desastrosamente caseros e descarados.
Pois eso, falta que se inventa o colexiado o borde da area e gol en propia porta de Maril o tentar despexar o balón, logo anulanos unha xogada de gol por fora de gol en saque de porta, non sabía nin o reglamento, ou sabíao e fixose o tonto. Terceira, penalty en contra. Estaba ben, en quince minutos o panorama era penoso, e con ganas de marchanos a casa.
Fernando para o penalty e ahi comenza a nosa remontada, primeiro Lolo dende o medio do cmpo marca gol de falta, en fallo do porteiro, mais tarde javi Gonzalez marca o segundo, e nestas tamen un balón de Dani el falta a escuadra que non entrou de milagre.
Segundo tempo, o arbitro xa se olvidara un pouco de nos e logo das nosas queixas foi moito mais honrado e pitaou mais ou menos ben. Javi marcaría o terceiro e parecía que todo iba a seguir tranquilo hasta o final. Pero volvería a meterse no partido o Touro logo dunha perda e balón noso hacía atras o que ldou lugar a que eles meteron un golazo pola escuadra.
Sufrindo acabouse o partido e os tres puntos viñeron para Silleda.
Para a semana partido moi complicado na casa co Veteranos Compostela, campión de Segunda división o ano pasado e que leva unha boa traxetoria nesta liga, todo parece indicar que a victoria vai a ser complicada, pero vamos ir a gañar como sempre.....aupa River....

jueves, 3 de diciembre de 2009

Partido Copa. T. Ventosa 4 River Silleda 2

Presentamonos a xogar o partido de copa da previa contra o equipo da Golada, sin ánimo de gañar o partido porque dado os efectivos que temos este ano non podemos desperdiciar enerxías en aventuras que non levan a ningures.
Chegamos con 11 xogadores, tres dos cales lexionados, Nacho como non daba corrido xogou de porteiro, e o parteiro xogou de dianteiro centro xunto co tamen lesionado Jose. Dani e Lito tampouco estaban nas mellores condicions pero había que saltar o campo e cumprir o expediente sin salir goleados.
Eles ainda que non estaban moitos si eran 14 ou 15 xogadores e non tiveron moito dor das nosas eivas, de todalas formas a rivalidade sigue ahí e xa teremos tempo de enfrentarnos en igualdade de condicions.
Resumen, nin houbo lesionados nin sancionados e obxetivo cumprido por este ano na copa.
O sábado si que temos un partido moi difícil no campo do Touro pola revalidade que teñen con nos, sin dúvida un empate non sería mal resultado pero ainda asi non renunciamos a victoria, pero pode pasar calquer cousa.
Aupa River....