Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 11 de diciembre de 2012

Empate no partido suspendido con Puebla.

Pois este sábado de ponte xogamos o que nos faltaba do partido co Sp. Puebla, nove minutos do primeiro tempo e todo o segundo tempo.
O partido suspenderase a causa das protestas do Sp. Puebla e mais concretamente polas ameazas do xogador numero 13 do Puebla que sacou a camiseta, o que o árbitro considerou como unha ameaza para a súa integridade.
Pouco podemos contar do partido, nada que sinalar entre os xogadores, solo a actitude do numero 27 deles que se autoexpulsou por protestas, a sorte foi que a pesar das ameazas o árbitro con tentatiba de agresión solo foron contempladas como insulto o árbitro.
Este xogador debería plantearse a súa actitude no campo, de una posible falta a chegar a tentar de agradir o árbitro vai un abismo, pero tampouco nos extraña pola súa falta de educación e deportividade cos contrarios, debería de ser escarmentado de forma severa, pero xa sabemos o que pasa.
Polo demais nada, o Puebla un equipo que xoga ben o futbol e que podería estar na cabeza da clasificación sin dúvida porque quizais sexa o equipo que mellor xoga o futbol, pero ten na súa contra a prepotencia e chulería que vai a facer que nin vai a conquerir o campionato de liga nin moito menos, si posiblemente un ascenso raspado pola mediocridade da categoría.
Proximo partido contra o Lalin as 6 e media, partido de rivalidade cos noso veciños de Lalín que este ano non están nos seus mellores momentos pero que todos foron xogadores de futbol e polo tanto para nós puntuar ali sería un éxito.
Aupa River.....

No hay comentarios: