Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 26 de octubre de 2009

Sigueiro 2 - River Silleda 2

O sábado pasado non poidemos pasar do empate no campo de sigueiro ante o equipo local, as baixas de outros partidos, Dani, Orza, tivemos que sumar as de Maril e David polo que nos presentamos once xogadores para disputar o quinto partido de liga, cuarto fora do noso terreo de xogo. Logo ainda que se complicaría mais a cousa, cando no minuto 2o de primeiro tempo, Fernando nunha salida choca co dianteiro contrario, o arbitro Montero pita penalty e o noso xogador queda conmocionado sobre o terreo de xogo, logo do susto saleu do campo, lanzan o penalty e o noso cancerbeiro de circunstancias Nacho da unha lección de porteiro e deten o balón, afastando o perigo. Con Fernando no banco resentindose do golpe, tiñamos un home menos no campo, ainda asi chegaría o 0-1, gol de Javi Gonzalez que nos adianta no marcador, pero non tardarían en marcar eles o gol do empate. Xa no descanso sale Fernando xogando a diante ainda medio convalecinte e os poucos minutos marcamos o 1-2, gol de Mariño que nos pon por diante no marcador, logo chegaría o empate a 2, e o final cada un dos equipos fixo un lanzamento os paus o que puido ser un aprtido apra calquera, ainda que o mais xusto foi un empate.
Noraboa a todos los xogadores sobre todo a Nacho que fixo un partidazo baixo o longueiro...a partires de agora tres partidos na casa, e ahi e onde tentaremos facer todolos puntos posibles para colocarnos o mais cerca da cabeza da clasificación.
Aupa River.....

lunes, 19 de octubre de 2009

River Silleda 5 - Finsa 3

Segundo victoria conseguida polo River, nun partido que merecemos gañar de forma clara ainda que o final o equipo contrario maquillou un pouco o resultado.
No primeiro tempo empezouse dominando o partido e os poucos minutos Javi Gonzalez marca ó 1-0, logo chegaría o gol deles nun erro defensivo noso o deixar sen marca o borde da area a un xogador contrario. Logo chegaría o 2-1 de Javi Gonzalez nun balón que lle envía Beni, controla e bate o porteiro contrario, bonito gol. O tres a cero sería obra de Luis o rematar un corner de rosca co pé, e ó 4-1 foi cousa de Maril o colocar unha vaselina dende fora da area o porteiro contrario o rechace dun corner.
Logo do descanso o equipo empezou moi ben, tocando o balón e sería Mariño o que marcaría un gol espectacular, pola escuadra nunha xogada con Javi Gonzalez. A partir de ahi baixamos un pouco a concentración e metemonos en guerras absurdas onde o rival nos sacou de sitio e logo de que o árbitro se inventou unha falta o borde da area que lanzou pola escuadra o equipo contrario, a partires de ahi, líos e problemas cos contrarios que estaban doidos polo xogo do noso equipo, e xa nos minutos finais chega o 5-3 nun balón que o noso porteiro non acerta a desviar, pegando no longueiro e recollendo eles o rechaze.
En resumen, partido ben xogado o que lle sobraron minutos para nos, ben e certo que tiñamos poucos xogadores sobre o terreo de xogo o que fai que o cansanzo nos pase factura.
Agora xa estamos ahi, quintos na clasificación e esperemos que a racha continue ó próximo partido de liga en Sigueiro.
Ahhhh...e que ó noso compañeiro Orza se recupere la lesión da man que o vai a manter un mes lexos dos terreos de xogo....ánimo Orza.
AUPA RIVER........

domingo, 11 de octubre de 2009

Castrosua 1 - River Silleda 3

A terceira foi a vencida, primeira victoria do River este ano, neste caso no campo de Esclavitude ante o Castrosua. Empezou o partido con dominio pola nosa parte, ainda que os contrataques eran perigosos provocados por perdas do balón nosas debido sobre todo o malísimo estado do terreo de xogo. Nun deses contra-ataques o balón vaille as mans a Luis e o colexiado pita penalty. Terceiro penalty en contra, levamos un por partido, lamentable a actitude este ano dos colexiados. Pero neste caso o colexiado pitanos un penalty a favor noso, increible pero certo, transformouno Javi Gonzalez, asi nos vamos o descanso.
No segundo tempo, o equipo dou una lección de futbol increible, Pipa doulle una verticalidad que o Castrosua non sabía como atallar, no medio Beni, Nacho e Mariño controlaban a situación e na defensa Luis, Lolo, david e Manolo rexeitaban as ocasions dos contrarios. Logo de varias ocasions pifiadas, chegaría o segundo gol noso, de novo Javi Gonzalez, e mais tarde o terceiro tamen de Javi, que suma os seus primeiros goles desta liga.
Un sobresainte para todo o equipo, que pelexou a morte e deu una lección de futbol nun lamantable terreo de xogo. Esclavitude necesita outro terreo de xogo, señores políticos.
Noraboa e agora a seguir loitando partido a partido a ver como se pon esto, ainda que vamos a pasar dos árbitros parece que non estan por axudarnos a mais mínimo.

viernes, 9 de octubre de 2009

O Pino 3 - River Silleda 0

Perdón por non facer tan tarde o comentario esta seman, seguro que ganáramos o facía o luns pero tal como andamos, pois parece que hasta me esquecin.
Bueno, sin moitos comentarios, durante o primeiro tempo mantivemos a raia O Pino e fomonos con empate a cero o vestiario, tendo quizais nos mais ocasions de goles, pero cada vez que lle chegaba o balón a Javi o arbitro encargábase de pitar ou falta ou penalty.
No segundo tempo salimos dormidos e non tardou moito en chegar o primeiro gol deles, e logo o segundo, xa xon un home menos por expulsión de Dani que doulle unha patada o xogador contrario, este repeleu a agresión pero o árbitro saleu airoso con unha roxa para o noso xogador e unha amarilla para o deles.
Logo chegaría o 3-0, penalty pitado a Fernando que tocou a bota do dianteiro cando o enfrentaba, ainda que xa escorado deixouse caer o non chegar o balón, e posible que fose penalty.
Resumindo que O pino gañounos ben o partido este, nos mal fisicamente temos que mellorar senon queremos pasar apuros tamen nesta liga, onde os equipos son moi duros e os arbitraxes polo que vemos de momento están en contra do noso equipo descaradamente.
Por certo, enviámoslle unha carta a Agrupación de Veteranos para que non nos manden o Sr. Cibes, porque creemos que non reparte xustiza alomenos cando nos xogamos.
Para a seman vamos a Castrosua, partido difícil co actual lider da categoría que xa non debeu baixar a tempada pasada, pero que por circunstancias atopase ahi como nos na primeira B....AUPA RIVER......