Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 16 de enero de 2012

O Rest. Ribadavia un equipazo

Partido complicado o sábado contra o Rest. Ribadavia e si é certo que na primeira volta estivemos a punto de darlle un disgusto neste caso non foi posible poñelos en apuros asta o final, sobre todo porque as dúas únicas ocasións que tivemos para adiantarnos no marcador, una de Maril e outra de Cuiña non as acertamos e nestes partidos ou aproveitas o pouco que che dexian ou perdes seguro.
saliron eles a tocar e dominar o balón con boas maneiras e nos a defendernos como podíamos, asi unha e outra vez e nunha delas chegaría o gol deles de tiro raso pegado o pao ixquierdo, 1-0 e así fomos o descanso, pero nos coa sensación de non dar feito nada.
No descanso Lolo que fai as funcións de entrenador puxonos no noso sitio, porque aquelo parecía un galiñeiro, e saímos a intentalo de novo, e con algún outro roce entre un par de xogadores nosos e deles chegaría a expulsión de un xogador deles, parecía que o partido se podía igualar un pouco pero non era posible, eles seguían tocando o balón e nos correndo detrás deles, e así chegaría o 2-0, tamen de parede o medicentro deles entra dentro da área e fusila o noso porteiro, xa todo estaba acabado.
Ainda así marcarían o terceiro, golazo de falta directa bastante fora da área pola escuadra e abrindo o balón, si ese gol o marcar Cristiano daría moito que falar.
E esa, é toda a istoria do partido, no segundo tempo puxémoslle mais ganas pero os puntos vansenos de Silleda, fecilitalos polo xiogo feito e tamen o árbitro que fixo un partidazo, neste caso Ruibal, a mín encantoume polo arbitraxe, impresionante, o igual que o sábado pasado que tamen tivemos outro moi bo arbitraxe logo de desastroso árbitro que nos pitou co D. Budi.
Próximo partido en Cuntis, a ver que facemos. Aupa River.


No hay comentarios: