Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 30 de septiembre de 2011

Empate en Outeiriño ante o Cuntis

Sabado xogamos o primeiro partido no noso campo contra un istórico da categoría o Cuntis Veteranos, o resultado final foi de empate a 2 goles, o que o noso criterio parece un resultado xusto, xa que o partido poido ser para calquera dos dous equipos.
Nos saimos o campo con once xogadores e Nacho que tamen saeu o campo pero lesionado, e tentamos xogar o balón, cousa que nos foi ben durante os primeiros 15 minutos, logo eles foronse facendo co xogo e nos notabamos a baixa de Curras no centro do campo.
O primeiro gol chegaría nunha xogada de Beni que de tiro forte e colocado adiantanos no marcador, pere antes do descanso eles nunha xogada pola banda dereita chegan ata o fondo da área pequena e no pase da morte acadan o empate.
No segundo tempo, todo mais ou menos igual, eles son un equipo con moi bos interiores que nos atacaban polas bandas, pola nosa parte Beni, que fixo un partidazo, entraba polo centro e logo de regatear a tres xogadores deles, pon o balón lonxe das mans do porteiro, 2-1 e podía parecer que ibamos a gañar o partido.
Pero non foi asi, nin moito menos, eles sacaron folgos e de novo puxeron cerco a nosa portería e nos faltos de forzas xa non podíamos mais que defender o resultado, pero a seis minutos do final, eles empataban o partido.
Para nos, o pítido final significaba un respiro, as forzas xa non daban para mais.
Seguinte partido contra o Tordoia, saída compricada, esperemos que xa estea José Luis e Curras senon vai a ser moi compricado traer algo de un campo tan difícil como o de Tordoia.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Comenzo de liga contra o Rivadavia.

Comenzamos a liga na División de Honra contra o Rivadavia, campo do Airiños, e a punto estivemos de acadar os tres puntos e incluso tamen o empate, nos derradeiros minutos faltounos un pouco de aire nas derradeiras xogadas do partido.
Salimos o campo, con un pouco de respeto porque coñecemos o potencial do rival, xente nova e con futbol. Ben replegados fumos xogando as nosas bazas, e mentres eles tocaban o balón con xeito e ainda que os interiores si entraban algo polas bandas, non creaban ocasions claras e os tiros dende fora da área non iban a porta con perigo.
Asi nun contra ataque nosa, chegaría no minuto 20 o noso gol, pase el largo a Miguel Cuiña que de xeito impresionante lanza un zapatazo e cola o balón pola portería sen que o porteiro poida facer nada.
Nese momento eles, poñense moi nervisosos, protestan o árbitro todalas xogadas, chegando incluso a expulsar o adestrador deles, pero os minutos pasaban e así chegamos o descanso co marcador o noso favor, 0-1.
Saimos no segundo tempo, e sabíamos que o equipo contrario iba a achucharnos sobre todo o principio, e así foi, no segundo tempo si entraban mais polas bandas e con mais perigo, a defensa do resultado poñíase moi difícil pero os minutos pasaban e non acadaban o empate, empate que chegaría no minuto 78, logo de unha perda nosa de balón na banda dereita.
Protestamos a xogada por un posible plantillazo o porteiro, pero eso e moi dificil de pitar por parte do árbitro que en lineas xerais estivo ben, ainda que lle faltou personalidade para pitar as 5 minutos un penalty clarísimo do porteiro deles a Dardo, empurron nun corner que o mesmo árbitro dixo que o vira.
Logo do empate, eles foronse ainda mais polo partido e no minuto 90, nun corner remataban de cabeza e poñianse 2-1, gañaban o partido.
Para nos solo quedaba un bo traballo de todo o equipo que compiteu e defendeu moi ben, o esforzo físico pasounos factura o final, e ainda asi de non ser pola lesión de Kurras a falta de 15 minutos, posiblemente acadaramos un empate polo menos.
Próximo partido o Cuntis en Silleda.