Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 17 de diciembre de 2012

Gañamos en Lalin

O sábado gañamos o primeiro partido nesta liga fora do noso campo, e ó segundo partido deste ano, a verdade e que levamos 4 partidos sin perder e xa e noticia tal como empezamos, pero tamen temos que decir que o resultado mais xusto houbera sido un empate, eles o final do partido fixeron méritos mais que sobrados para empatar o partido e neste caso o diosa fortuna estivo do noso lado, parece que nos abandoara para sempre pero non....as cousas parece que cambiaron.
O partido as 7 da tarde, con frío e choiva, o campo mollado, non eran as mellores condicions para xogar nun partido de veteranos, os equipos que xogan a esta hora no inverno deberían plantealo ou senon a Agrupación debería tomar cartas no asunto, porque si antes non hai partidos, como neste caso en Lalin, o horario debería ser o de calendario, imos propoñer o tema a Agrupación de Santiago.
O partido empezou atacando eles polas bandas, nos empezamos con moitas dúvidas sin confianza e así chegaría o primeiro gol nun fallo defensivo o tentar xogar o balón dende atrás, tamen e certo que o noso porteiro ainda non chegara e un xogador, neste caso Javier estaba na porteria.
Pero fomonos recuperando pouco a pouco e incluso o dominio do xogo parecía noso por momentos, eles con Heredia arriba creaban ocasións de perigo pero sin concretar moito sobre os tres paos.
E nunha xogada nosa chegaría o gol de Beni, nun lanzamento dende lonxe, o balón logo de dar no poste dereito entra na portería e asi acaba o primeiro tempo.
Na segunda parte non houbo un claro dominador do xogo e con ataques por ambos equipos iba o partido, pero neste momento chegaría o noso gol nun remate de cabeza nun corner.
Logo de aquí para adiante foi cando nos sufrimos moito sobre o campo, por un lado a expulsión totalmente inxusta de Nelson que veu o segundo cartón amarelo nun salto de cabeza con un xogador deles, aquí o árbitro foi un pouco casero e a eles permitíalle cousas que a nos non, por algo é de Lalín e os amigos nótanse no campo.
Resumen, una victoria que nos facía moita falta para sacarnos do fondo da clasificación, porque esto nos da moral apra seguir loitando nos partidos vindeiros.
Próximo partido moi complicado contra o Peña Navegante en Silleda.......e logo as navidades.



martes, 11 de diciembre de 2012

Empate no partido suspendido con Puebla.

Pois este sábado de ponte xogamos o que nos faltaba do partido co Sp. Puebla, nove minutos do primeiro tempo e todo o segundo tempo.
O partido suspenderase a causa das protestas do Sp. Puebla e mais concretamente polas ameazas do xogador numero 13 do Puebla que sacou a camiseta, o que o árbitro considerou como unha ameaza para a súa integridade.
Pouco podemos contar do partido, nada que sinalar entre os xogadores, solo a actitude do numero 27 deles que se autoexpulsou por protestas, a sorte foi que a pesar das ameazas o árbitro con tentatiba de agresión solo foron contempladas como insulto o árbitro.
Este xogador debería plantearse a súa actitude no campo, de una posible falta a chegar a tentar de agradir o árbitro vai un abismo, pero tampouco nos extraña pola súa falta de educación e deportividade cos contrarios, debería de ser escarmentado de forma severa, pero xa sabemos o que pasa.
Polo demais nada, o Puebla un equipo que xoga ben o futbol e que podería estar na cabeza da clasificación sin dúvida porque quizais sexa o equipo que mellor xoga o futbol, pero ten na súa contra a prepotencia e chulería que vai a facer que nin vai a conquerir o campionato de liga nin moito menos, si posiblemente un ascenso raspado pola mediocridade da categoría.
Proximo partido contra o Lalin as 6 e media, partido de rivalidade cos noso veciños de Lalín que este ano non están nos seus mellores momentos pero que todos foron xogadores de futbol e polo tanto para nós puntuar ali sería un éxito.
Aupa River.....

lunes, 3 de diciembre de 2012

A primeira victoria chegou

Este sábado Outeiriño volveu a ser o campo talisman do River Silleda, e por fin a sorte que nos faltara en case que todolos partidos estivo do noso lado ou polo menos non estivo esquiva como nestes partidos de atrás.
Non sei que ten que ver que o noso adestrador truoxera una estampiña da Virxe do Remedios de Lamas (Noceda) pero parece que nos dou a fe apra o triunfo.
O rival, o Bertamirans, un equipo correcto e correoso que sin ser dos mellores da categoría, ten bos xogadores e a súa virtude está nunha compensación de líneas o que o fai un equipo moi regular.
Empezou o partido, co noso equipo tentando xogar o balón e eles esperando un pouco as súas oportunidades, e nesas chegou o gol de Nelson, nunha xogada onde o porteiro tenta regalealo e no despexe da na perna do noso xogador e sube o primeiro tanot o marcador.
E así discurreu todo o primeiro tempo e case que todo o segundo, o partido moi igualado, incluso con dominio deles no segundo tempo, e cando íamos polo fatidico minuto 38-39 eles acadan o seu gol, nos xa tíñamos un xogador menos pola expulsion de doble amarela para Marcos por desplazar o balón.
Parecía que a istoria se volvía a repetir, como no partido anterior co Barbanza e en outros partidos mais, e incluso xa víamos perigar o empate, eles votaronse o ataque o noso equipo tamen o xogou todo subindo a Lolo un pouco mais arriba, e das súas botas chegaría o 2-1, gol de falta sacado maxistralmente por encima da barreira.
E xa non houbo moito mais que contar, estábamos case que no desconto e o partido non daba para mais, ainda así chegaría nunha contra o noso 3-1, que marcaría Elías logo de un pase de Pampín.
Resaltar no partido a boa actuación do noso porteiro Fernando Piñeiro que sacao unha falta coa punta dos dedos e outra par de paradas que podían darnos co traste a nosa victoría.
A aptitude do equipo foi inmellorabel, incluso como case sempre o adestrador do equipo contrario, non entendía como podíamos ter tan poucos puntos, pero eso xa e fariña doutro costal.
Próximo partido contra o Puebla, suspendido no seu día, temolo que reanudar no minuto 36 e queda todo o segundo tempo, eles son un equipo complicado pero terán que loitar si queren acadar os tres puntos de Outeiriño.
Aupa River.....