Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de abril de 2011

Segunda derrota do River Silleda

O sábado perdimos o segundo partido desta liga ante o USC, un equipo que xa nos gustara moito na primeira volta empatando en Silleda e que nos gañou de forma clara, si ben e certo que ata a ultima xogada do partido poidemos empatar, pero non sería xusto de todo.
No primeiro tempo adiantaríanse eles nun erro defensivo con 0-1, e logo de un corner, Jose Luis acadaría o empate con un remate de cabeza, e mais tarde coa mesma xogada o árbitro do encontro anularianos un gol do mesmo xogador por empuxar o contrario, para nos foi gol claro, porque o forcexeo era polas dúas partes, eso poderíanos poñer por diante e as caousas poderían cambear, de todas formas o derradeiro cuarto do primeiro tempo, dominamos o xogo e parecía que o partido estaba controlado.
Pero non era asi, nin moito menos, no segundo tempo eles saíron moi fortes, e nos con 12 xogadores sobre o campo e un calor infernal as catro e media da tarde, non dábamos defendido os ataques rivais, e logo de varios erros por parte deles chegaría o 2-1, co que se acababa o partido, ainda así Lolo tería a derradeira ocasión de gol antes do pitido final.
Os tres puntos quedaron en Compostela, e as casualidades dos resultados fan que ainda sigamos o frente da clasificación empatados co Cuntis.
Próxima xornada contra o equipo de Melide, en Silleda.

lunes, 11 de abril de 2011

XA ESTAMOS ASCENDIDOS A DIVISION DE HONRA.

A victoria do sábado, moi traballada e costosa contra o Rodeiro devolvenos a cabeza da clasificación e danos o ascenso matemático de categoría, NORABOA  a todolos membros do equipo e a xente que nos da o seu apoio.
Volvendo o partido do sábado, presentábase o Rodeiro con un bo plantel no campo, e xa nos parecía que non iba a ser doado gañarlles. Empezaba o partido e eles moi enganchados dende o principio, nos como sempre moi relaxados e costanos moito meternos no partido, con fallos na saida do balón, e así chegaría o primeiro gol deles, fallo defensivo e Estrella marca para o Rodeiro, 0-1.
O partido seguía coas mesma pautas durante todo o primeiro tempo, eles creaban perigo nas saidas e nos parecía que non dabamos xogado o seu ritmo, e así nos fomos o descanso.
No segundo tempo, cambiarían as cousas, e logo de un balón o poste que poido ser ó 0-2, o noso equipo tomou o medio campo, Curras e os demais votaronse o equipo o lombo e sería Jose Luis nun remate de corner de cabeza o que acadaría o empate. Eles non acababan de asimilalo cando en menos de un minuto, xogado de Manuel Glez pola banda, centra a seu irman Javi e este pon o marcador 2-1.
O equipo contrario veuse a baixo de forma moi clara, e así chegaría o 3-1, e eles xa protestaban todalas xogadas, expulsando a duas xogadores contrarios, e cando todo iba tranquilo, o árbitro que fixo un partido moi malo no segundo tempo, o perder os nervos coas expulsións deles, pitanos penalty en contra, as gradas e os xuvenis ríanse da "machada" do árbitro, pero eles marcan e poñense 3-2.
Sigue o partido e chegaría ó cuarto gol noso, tamen de Javi Glez, e cando todo estaba para acabar , no minuto 50 de xogo volve o árbitro a pitar outro penalty inexistente, parecía de coña.
Resumindo, as tres puntos fan que agora mesmo seamos os lideres da categoría con 60 puntos......próxima seman contra o Universidade de Santiago as 4 e cuarto en Calo.....AUPA RIVER............

lunes, 4 de abril de 2011

Veteranos de Compostela 1 - River Silleda 2

Nova victoria o sábado en Pazos (Padrón) ante o equipo de Veteranos de Compostela, equipo que ten un bo trato do balón pero tan escasos de xogadores, doce, os mesmos ca nos este sábado, a pesares de que Marcos si se presentou a xogar, ainda estando lesionado, dando exemplo do seu compromiso co equipo.
O partido comenzou de tanteo polas dúas partes e conforme iba pasando o tempo, nós íbamos creando mais ocasión de gol, e así nunha internada pola banda de David que xogaría de interior dereito, lanzaba un forte disparo que entraba na meta contraría. Logo nunha xogada de Javi Glez diante da área rival, este mandaba o balón o pao contrario facendo inútil a estirada do porteiro. Así nos íbamos o descanso.
No segundo tempo, pois casi o mesmo, solo que nós, con escasa motivación parece que nos dedicábamos mais a facer cousas imposibles que a ser efectivos e así deixamos que nos marcaran o gol deles, tiro dende un lateral por encima do porteiro que a pesares de tocala, entraba na portería. E así seguiría o encontro con algún apuro na nosa portería porque con un gol deles podíamos perder dous puntos.
Pis nada, a seguir sumando, para a semana recibimos o Rodeiro, partido complicado para nos pola rivalidade comarcal, e xa se podería dar o caso de conquerir o ascenso de categoría de forma matemática.
AUPA RIVER.............