Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 29 de diciembre de 2008

River silleda 4 - Melivet Santiso 1

Partido de copa xogado en outeiriño contra o Melivet de Santiso, partido que xogamos con poucos efectivos, solo 12 xogadores sobre o cesped, dado que Mariño fixo de adestrador por estar sancionado.
Sería o Melivet o equipo que se adiantou no amrcador na primeira metade, chegando a igualada e o 2-1 no primeiro tempo.
O final do partido 4-1 e pasamos ronda, que era do que se trataba ainda que a lengua vainos a costar cara a dous dos nosos xogadores. Por un lado Mariño que dende a bancada lle faltou o árbitro que no estaba facendo mopi ben pero é o de sempre, temos colexiados que non lle caemos nada ben e eso notase a hora de pitar, en caso de duda para os contrarios.
E o acabar o partido expulsou por 2 amarilla a Elias cando se iba a caseta por decirlle "que bo eres árbitro, eres un chulo", está mal feito, ainda que dixera a verdade, as verdades doen, e as veces e mellor calar porque agora vanse a cebar con él, por poñerlle que os compañeiros tiveron que coutalo por enfrentarse ó arbitro.
Resumindo, que pasamos pero a victoria quedou empañada polo coste que nos vai a supoñer dado que este ano somos poucos os xogadores e as expulsions poden ser determinantes os partidos.
Compañeiros .....calma cos árbitro que se equivocan e outros non nos queren ben, pero calma senon, e mellor deixar esto e dedicarse a outra cousa, asi non vamos a ningún lado.
Aupa River.

lunes, 22 de diciembre de 2008

River Silleda 3 . Metal Noia 2

Noraboa, terceira victoria en Outeiriño, con poucos xogadores como todo este ano empezamos o partido, un partido que foi moi igualado no primeiro tempo acabando con 0-0 ó descanso. No segundo tempo tamen foi igualado , empezamos marcando nos o 1-0 golazo de Cuiña, empate do equipo contrario a falta de 12 minutos, xa empezabamos a ver as cousas complicadas e marcamos ó 2-1, golazo de cuiña, e pronto caeu tamen o 3-1, supergol de Ojea. Todo parecía doado, pero nada, empata o drosal 24 do equipo contrario noutro supergol pola p... escuadra e tocou sufrir, non sei canto tempo porque creo que o tempo xa estaba acabado co segundo gol deles. Nada, partido de golazos e ainda que se nos nota una falta de físico moi importante si que puxemos mais corazón e sumamos os tres puntos no noso marcador. Agora ven a Copa que nada nos preocupa é para xaneiro a ver si temos xa en boa forma a Vinseiro e empezamos a marcar goles. Obxetivo facer 6 puntos dos 9 posibles na primeira volta, asi arranxamos este fatal comenzo de liga e na segunda volta xa dios dirá.
Destacar a actuación no medio cmapo de ojea, que fixo un partidazo.
Forza River.....

lunes, 15 de diciembre de 2008

River Silleda 1 - Bertamirans 3

Pois parece ser que esto non cambia nada, a pesar de que Juan (Leon) deixe o equipo como adestrador non somos capaces de gañar, eso polo menos foi o que pasou este sábado en Outeiriño. A noticia boa, que por fin recuperamos os dous dianteiros lesionados, Ojea e Vinseiro, o primeiro marcou un bonito gol e o segundo saleu no descanso o amosou que sabe crear peligro na area contraria.
Vin oi equipo concentrado de saida, aguantando o rival e que se caeu co gol acadado por eles dende fora da area con un bo tiro.
No segundo tempo salimos a empatar o partido pero o chegarnos o segundo e terceiro gol nada mais empezar, xa non habia nada que facer, de todas formas marcamos o primeiro e puxemos en apuros os contrarios durante 15 minutos, non tivemos acerto na xogada de Lolo o fallar un man a man co porteiro contrario, que por certo nos pareceu moi bo, o sacar duas faltas complicadas, e nada, que deixamos que o partido fose morrendo sin mais.
Non sei o que pasa pero non pode ser que agora non seamos capaces de gañar os partidos, si e certo de que este ano non están nin Francis nin Heredia e se notan moito, pero coas incorporacions de Vinseiro e Ojea tiñamos que facer mais daño o equipo contrario, de todas formas estamos baixos fisicamente e eso notase, xunto coa moral que baixamos a cabeza cando nos marcan e xa non creemos na remotada como facíamos antes.
Veña, hai que recuperarse, non está nada perdido ainda.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Próximos Partidos

River Silleda - Bertamirans. Sabado 13 a las 4 y media.
River Silleda - Metal Noia. Sabado 20 a las 4 y media.

martes, 25 de noviembre de 2008

River Silleda 1 - Mirador de Padin 4

Menudo repaso nos dou este equipo, incluso en división de Honra temos levado repasos como este, salvo un par de excepcions.
Non hai nada que decir, si fose fai un par de anos podíamoslle facer frente, nestes momentos, e coas baixas que temas, nada solo aplaudirlles e desexarlles moi sorte porque este equipo para o ano que ven xoga seguro en división de Honra.
E nos a esperar e que este parón fai que recuperemos polo menos a Vinseiro e a moral do equipo que está bastante tocada coas derradeiras derrotas, de todas formas eu son dos que digo que ainda non está nada perdido e o seguinte partido co Bertamirans debíamolo gañar, e despois a seguir loitando, si facemos 9 puntos nos 5 partidos de liga que faltan para acabar a primeira volta, estaremos no bo camiño, acadar 16 faría que estemos ahi con opcions a xogar si o medo do descenso.
Forza River.....

domingo, 16 de noviembre de 2008

River Silleda 0 - A. Salgueiro Touro 2

Volvemos as andadas, está claro que este ano pàrece que vai tocar sufrir. Nos temos finalización e de nada vale dominar os partidos, ainda que a defensa parece que non está mal, non somos capaces de facer gol e o equipo contrario, dous tiros a gol e dosu goles, e o demais son contos. Non estivemos ben, pero tampouco mal, con 0-0 o descanso e no minuto 9, gol de falta sacada rápido polo equipo contrario que nos sorprende sin dar tempo a colocarnos, fallo de alevines, pero gol que condicionou todo o partido, logo segundo gol mp minuto 30 e pico, golazo que lle sale dende fora da area en cuchara, non pode facer nada o noso porteiro.
Pois nada, que cando pensabamos que podíamos acadar os tres puntos, nada, o volvemos caer o 4 puesto pola cola si ben e certo que ainda estamos a 3 puntos do 5º clasificado, o sábado temos un partido moi complicado co Mirador de Padín. A ver si de una vez por todas podemos recuperar os dianteriros que nos faltan senon esto ponse moi feo.

lunes, 10 de noviembre de 2008

River Silleda 3 - Kirs Cerveceria Boiro 0

Volvemos a vellos tempos, menos mal que todo parece volver o seu cauce e os triunfos chegan de novo a Outeiriño para o River.
O partido non pintaba nada ben, as baixas anteriores de Vinseiro, Ojea, tiñamos que añadir a de Pauli por traballo, Sito por mudanzas, Orza por cursillos, solo podíamos recuperar a Cuiña que xogou lesionado para facer un punto, e a boa fe que o fixo, porque marcou o segundo gol do partido, un golazo de tiro fora da area en parábola.
O rival solo había perdido un partido, e contra o todopoderoso Hnos Couto Boqueixon polo que non era un rival doado dadas as circunstancias anteriores.
Pero logo de un comenzo titubeante, fallos de concentración na salida como sempre sin quentar, una polos partidos dos benxamins e outra porque estamos mal afeitos xa. O partido foi en lineas xerais más doado do normal, e menos nunha xogada que poido ser o empate, logo co 2-0 todo foi mais fácil e os tres puntos quendaron en Outeiriño.
Duas victorias seguidas e seis puntos fan que ascendamos postos na taboa e agora temos o A. Salgueiro de Touro que vendrá a tentar acadar algo positivo en Silleda. Parece que este ano os resultados non os acompañan ainda que a victoria que teñen no seu casilleiro foi acadada contra o Hnos Couto, en principio é un rival asequible, ainda que non se ven as diferenzas entre os de arriba e os de abaixo da taboa, polo menos de momento.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Partido Sábado as 4 e media en Outeiriño

O próximo partido contra o Kirs Xamoneria (antes Oasis Boiro) celébrase o próximo día 8 de novembro as 4 e media da tarde en Outeiriño.
A ver si chegamos media hora antes, non estaría mal. Quedades avisados.

domingo, 2 de noviembre de 2008

River Silleda 2- A.Cancela tordoia 1

Por fin, a primeira victoria da liga chegou a Outeiriño, non sin sufrimento, pero os tres puntos suben o noso taboeiro, que é do que se trata. Nin fixemos o mellor partido da liga nin moito menos, pero e certo que fomos gañando 1-0 todo o partido e no minuto 90 igualanos o equipo contrario outra vez mais de falta, menos mal que logo do saque de centro, o noso equipo consigue volver a marcar e todo quedou nun susto. De non acadar os tres puntos o situación poñíase moi complicada para nos, agora temos outro rival complicado o próximo sábado, pero si vamos recuperando os xogadores lesionados todo será mais doado.
Próximo sábado partido contra o Kirs Oasis Boiro, equipo que figura con 10 puntos na liga polo que non vai a ser doado derrotalos en outeiriño ainda que vamos a por eles........

miércoles, 29 de octubre de 2008

River Silleda 1 - Ullao Oil 2

Terceira derrota consecutiva do River Silleda, as ausencias e a falta de gol estannos ocasionando serias dificultades para acadar alomenos algún empate nestes partidos tan igualados e que o final acabamos perdendo. O sabado pasado tiñamos 5 baixas no equipo e con 12 xogadores de campo e deficil afrontar un partido con garantías ainda que merecimos o empate, o equipo contario soupo aguantar a presión nosa na segunda metade e ademais sacar renda nunha xogada de contraataque con cal o Ullao Oil levaouse a súa primeira victoria nesta liga e sae da zona perigosa na cal nos atopamos nos. O próximo sábado outra final mais, neste caso un rival que tamen aparece no fondo da taboa e que a ver o que da de si o partido. Por certo, partido as 6 e media no campdo e Outeiriño (Silleda).

lunes, 20 de octubre de 2008

Hnos Couto Boqueixon 3 - River Silleda 2

Terceiro partido de liga e segunda derrota consecutiva do noso equipo, neste caso o rival demostrou un moi bo equipo sobre todo do medio campo para arriba, e logo de resistir ben os primeiros 25 minutos, e logo do primeiro gol, non tardaron en chegar o segundo e terceiro. Con 3-0 o descanso pouco podíamos pensar que na segunda mitade marcaríamos os dous primeiros goles da Liga, un de Nacho e o outro de Sito de falta, e incluso tivemos ocasions para acadar o empate, o que non houbera sido de todo xusto dado os méritos dos dous equipos.
Nada, o peor foron as lesions que tivemos, catro lesionados, dous deles con roturas fibrilares e coa baixa de Vinseiro xa antes do partido e por un mes, vamos ter que poñer todos moito para sacar esto adiante alomenos agora de principio.
Próximo partido en outeiriño con Ulla Oil, partido de rivalidade e no que os dous equipos nos xogamos moito, dado a nosa situación no fondo da taboa.

lunes, 13 de octubre de 2008

River Silleda 0 - Castrosua 2

Tarde soleada en Outeiriño, enfrente un rival que ainda que viña de gañar 4-0 parecía doado para vencelo e acadar as tres primeiros puntos na casa. Pero nada de eso nos estaba esperando, o rival saleu mais metido no partido, non fomos capaces de entrar en xogo no primeiro tempo, e asi chagaría o seu primeiro gol e case que o segundo, balón que foi o pao e saleu con moita sorte. Non eramos capaces de facer mais de dous pases seguidos e o equipo estaba mal colocado no campo, traendonos moitos problemas os rivais que eran rápidos en ataque.
No segundo tempo salimos mais vivos e dominamos o partido esperando que o balón entrara na porteria contraria, pero nada, as ocasions de gol non foron moitas e parecíamos que dominabamos o partido pero sin desbordar e sin tirar a porta. Asi, hasta o final, nas duas derradeiras xogadas co equipo a desesperada, o Castrosua atacou a nosa meta e de falta logo de una xogada en contrataque sentencian o partido co 0-2.
Dado os resultados parece que o equipo non e capaz de marcar un gol e o dominio que temos no campo non sirve para marcar, cero goles a favor e dous en contra en dous partidos non e nada, pero teremos que mudar a situación senon nos queremos ver loitando no fondo da clasificación con equipos que ainda que xoguen menos, saben o que xogan. Próxima xornada visita a Airiños co equipode Hnos Couto, unha visita complicada a priori. Partidos as 4 e cuarto. Vemonos ali...

domingo, 5 de octubre de 2008

Recambios Arturo 0 - River Silleda 0

Primeiro partido de liga disputado no campo de terra de Vea co resultado de empate entre os dous equipos, ainda que o resultado pode ser mais ou menos xusto, temos que indicar o penalty clarisimo que o arbitro do partido lle "perdonou" o equipo da casa, levando coa man un balón dentro da area. O equipo estivo serio e firme en defensa, en medio campo tamen, o equipo estivo ben, ainda que nos facían faltas constantemente, cortando as accions todas. "as pernas, as pernas" eran as consignas do adestrador do equipo contrario, asi malamente se pode xogar. Xa sabíamos que en un equipo moi complicado pola dureza deste equipo que se emplea con contundencia durante todo o partido tratando de amedentrar os xugadores contrarios. En fin, un punto que nos traemos para Silleda e a seguir loitando, seguinte partido co Castrosua, equipo que gañou 4-0 esta semana.

martes, 30 de septiembre de 2008

River Silleda 4 - Ulla Oil 0

Partido amistoso xogado no campo de Outeiriño, mais que nada un entrenamento onde nos estivemos un pouco más vivos e rodados o cal fixo que nos impuxeramos o Ulla Oil, pero esto non era mais que un entrenamento, co cual para a semana empezan as cousas en serio. Visita a Vea para xogar co Racambios Arturo, un equipo que fai dous anos nos foi moi dificultoso gañarlles ali e que na segunda volta nos empatou na casa, polo tanto vai ser moi dificil traerse os tres puntos en xogo, ainda que nos, non nos conformamos con menos....

lunes, 22 de septiembre de 2008

Amistoso en Touro

Sabado partido amistoso en Touro contra A. Salgueiro, ainda que gañamos 2-3 despois de ir perdendo 2-0, o resultado non é importante, estivo ben como entrenamiento ainda que o equipo estaba moi pouco motivado. Importante foi que corremos, tocamos, e a seguir collendo ritmo para o comenzo da liga, que nos vai a facer falta. O próximo sabado, partido en Silleda contra o Ulla Oil, esperemos estar o completo para poder facerlle frente a este partido xa de moitisima rivalidad pola traxectoria de anos anteriores.

domingo, 14 de septiembre de 2008

Amistosos de pre-tempada

Levamos tres partidos amistosos nesta tempada, o primeiro partido contra o Gruas lalín que gañamos, o segundo partido contra o Melivet Santiso, partido disputado contra un dos nosos rivais de sempre nos ascensos, gañamolo tamen, e o terceiro partido este sabado pasado outra vez contra o Gruas lalin, de novo polo problema que tivo para xogar o equipo de A Golada. Neste terceiro partido xa poidemos contar con Ojea, Abeledo e Vinseiro que xa disputaron os partidos anteriores. O equipo está mostrandose equilibrado e con moi bo toque do balón ainda que lento fisicamente, outra cousa será cando nos enfrentemos os rivais do noso nivel. Este ano a 1ª División A non vai a ser doada, como tampouco fora fai dous anos, pero novos equipos veñen de abaixo con bo nivel, asi o demostraron na copa de veteranos.
Quedan dous partidos mais amistosos e logo a liga que comenzara o día 4 de Outubro.

Comenzo da tempada 2008-2009

O día 4 de Outubro comenzamos una nova tempada, este ano na 1ª División A. O noso agradecemento os xogadores que nos deixan por diversos motivos, Calviño (lalin Veteranos), Francis (Rodeiro Veteranos), Heredia (Laro 2ª Rexional), Pastor (Hierros Diego) e Iglesias. Benvida as novas incorporacions Vinseiro, Ojea, Abeledo e Pauli, seguro que a súa aportación o equipo será moi importante. Mantense a filosofía xeral do equipo con ex-xogadores do C.F. Silleda e compañeiros todos.
Asi que.....un ano mais estaremos ahi.

martes, 27 de mayo de 2008

Maderas Ramos 3 - River Silleda 0

Ultimo partido de liga en división de honor e ultima derrota neste caso en Calo ante o campión de Liga, partido con 0-0 no primeiro tempo e o equipo mostrouse bastante equilibrado en defensa e ataque, incluso con oportunidades para adiantarnos no marcador. No segundo tempo, gol de falta como sempre, e en pouco minutos xa perdíamos por 3 -0. Logo cambio de porteiros, Francis fixo de porteiro e dou confianza o equipo para acabar asi o partido.
Pois eso, nada, que tocou baixar, a verdade e que fixemos una segunda volta negasta, e non temos nada que obxetar a todo esto, e a pesares de que aqui vense cousas moi raras, como podemos ver nesta semana onde os nosos rivais gañan en Cuntis e Lalin pa evitar o descenso, ainda que claro un deles tiña que caer, la vida sigue....e para o ano, nos vemos en primeira.....
Saudos a todos.....

lunes, 12 de mayo de 2008

River Silleda 2 - J. Sampredo Oasis Boiro 2

Con este partido queda pechada por este ano a nosa actuación en Outeiriño e con ela unha temporada bastante rarilla, e deixemolo en rarilla, sin mais calificativos, porque ainda que os xogadores tivemos moita culpa da situación na que nos atopamos e somos os máximos responsabeis dos resultados, queremos deixar constancia de feitos que non xustifican os resultados pero que condicionan os mesmos.
Este ano tivemos lamentables arbitraxes tanto en Silleda, onde os colexiados foron superigurosos co noso equipo e nefastos, salvo raras ocasions, fora do noso campo. Non vamos a dar nombres, nin queremos meter a todos no mesmo saco, pero algunhos señores que levan moitos anos neste mundo debían deixar que outros arbitros con mais calidade e menos "amiguetes" sexan os que arbitren os partidos da División de Honra, e nos consta que os hai ,e pitan moi poucas veces nesta división, porque estos señores "resabiados" sacanlle as ganas a calquer xogador de seguir competindo en veteranos, e sobre todo, cando ainda por encima nos chegan a insultar como equipo ou como pobo, lamentable.
E logo de decir todo esto, falar do partido do outro dia, nada novo, o equipo está roto, por encima cebaronse na agrupación sancionandonos a 4 xogadores para este partido, polo que soio 13 xogadores poideron sair o campo e tentar sacar adiante de forma mais ou menos digna o partido.
O resumen, o mesmo de sempre, fallos increibles de todo o equipo, aidantaronse eles no marcador, empatamos nos, volveronse a adiantar e volvemos a empatar, pero non atinamos unha a dereitas, mais ou menos como o arbitrpo do partido, que por ver, non veu un penalty clamoroso naderradeira xogada do partido. Nada, eles sabean que fixemos nos este ano para axudarnos desa maneira a que non saquemos a cabeza fora da auga, chega un a pensar que hai intereses ocultos en salavar a alguns equipos da queima e tentar salvar a outros. Como me gusta xogar a pitoniso, aposto que tanto o Hermanos Couto de Boqueixon como o Peña Navegante van salvar a categoría e o Lalin vai a ser o equipo sacrificado para o descenso, e ainda que somos veciños e temos rivalidad con eles, xa nos fastidia que eso se decida ou se axude a decidir desde outros foros que non sexan os deportivos. Viva o xogo limpo e o deporte........

martes, 6 de mayo de 2008

Cuntis 2 - River Silleda 1

Partido xogado o día un de Maio nas boas instalacions de Cuntis, campo de herba natural, algunhos equipos de Divisiónd e Honor, como o caso de Barqueiro Ons deberían tomar nota, porque alí non se pode xogar, e menos cambiarse, aquelo e un cuchitril comuna, onde non collen nin cinco xogadores. Pois eso, xogamos nestas boas instalacions un partido onde tentamos dara a cara, pero bueno, demasiado tensión para facer un bo partido, e logo despois de marcar o equipo contrario, igualamos cunha boa xogada de Elias. Logo chegaría o 2 a 1 nunha anticipación o noso porteiro e todo nervos e dificultades para acabar o arbitro expulsando a 2 xogadores do noso equipo e un deles. O arbitro fatal, para nos pero tamen en xeral, debería deixar de arbitrar con esa actitude. Nada, que noraboa o Cuntis, que xa casi teñen acadado a salvación e nos pois a disfrutar do que nos queda de Liga e para o ano dios dirá.
Si queredes ver un mellor comentario do partido, visitar a páxina do Cuntis Veteranos, suscribo o comentario do partido na súa totalidade, obxetivo total.
Próximo partido en Outeiriño co Oasis Boiro, con lesionados e sancionados, a ver que podemos facer....

domingo, 20 de abril de 2008

River Silleda 1 - Rosalia 3

Nova derrota do River no seu campo de Outeiriño, neste caso ante o Rosalia de Padron que se mostrou como un equipo con bo trato de balón, e sob re todo un equipo moi eficaz cara a nosa portería, con un bo porteiro que atallou o balón un algunha das nosas ocasions e nada que obxetar a victoria do equipo contrario que despois de un inicio de tempada mediocre, esta ascendendo na clasificación de maneira expectacular.
O próximo partido será en Cuntis seguramente o dia 1 de Maio pola maña, e nada, a seguir loitando ata o final, o desecenso parece inevitable, pero temos que pensar que esto e futbol, e este ano non estivemos a altura das circunstancias, sobre todo logo da derrota na casa co Lalín, eso foi unha losa que non fomos capaces de superar.
A disfrutar dos partidos que nos quedan......

lunes, 14 de abril de 2008

Casa Barqueiro Ons 3 - River Silleda 1

Visita o campo de Casa barqueiro en Santa María de Ons, e nova derrota neste caso por 3-1 con un nefasto primeiro tempo onde tiramos o partido e xa no segundo non tivemos nada que facer mantendo o resultado inamovible. A verdade e que se nos están poñendo as cousas moi dificiles, parece que temos todo en contra, non sale nada e o equipo cada vez está mais tocado animicamente, hasta os arbitraxes están sendo cando menos nada obxetivos.
De todas formas, o noso equipo e un equipo racial que venderá cara a sua derrota, eso está claro, esperemos que para o próximo partido, que nos visita o Rosalia, un rival en principio que era directo pero que agora mesmo con cinco puntos sobre nos, sexanos nos outro equipo con novas ilusións e dispostos a acadar a victoria, necesaria sin duvida si queremos manternos nesta difícil categoría.
Adiante sempre.........River.....

domingo, 6 de abril de 2008

Dubra 2 - River Silleda 2 (pasa Dubra por penaltis)

tido de octavos de copa de veteranos en el campo de Dubra, equipo que milita en la 1ª divison B. No hicimos un buen partido pero si estuvimos mandando en el marcador, con 0-1 nos fuimos al descanso gol de Heredia en un contrataque. En el segundo tiempo marcamos el segundo gol y aunque el equipo contrario dominaba y tiraba a puerta y acosaba nuestra portería pudo llegar el 0-3 si el arbitro no hubiera pitado un fuera de juego inexistente a francis. Luego vino la lesión de nuestro portero fernando que había sustituido a Ruben que volvería a entrar y en el descuento de partido llegaba el 1-2 y faltando solo un minuto empataba el Dubra el partido. Increible pero cierto. Luego lanzamiento de penaltis, derrotados antes de tirarlos nos quedamos fuera de la copa, este año que podíamos llegar a semifinales como hace dos años, pero bueno, hasta aqui ha llegado nuestra actuación......

domingo, 30 de marzo de 2008

River Silleda 1 - Asador Alambique 6

Non hai lugar a dudas, o equipo de Compostela pasounos por encima, a pesar de adiantarnos no marcador con un gran gol de Lolo de falta directa. Nada que decir, un equipo que nos sacou os colores por primeira vez nesta liga. Severo revés, non pola perda dos tres puntos, senon porque foi un duro golpe a moral do equipo, pero esto sigue, e non podemos baixar os brazos, ainda dependemos de nós e de momento, non estamos nas posicións de descenso, ainda que o noveno posto fai que toquemos fondo. Esperannos catro enfrentamentos directos con rivais que se xogan o mesmo que nos, e ahi si teremos que dar todo de nós. De momento para o sábado que ven, partido de copa contra o Dubra, no seu campo, un rival que parece ter un bo equipo xa que vai imbatido na súa categoría. A ver cantos xogadores nos desplamos a Dubra, porque os partidos de copa son una incognita. Veña, arriba River....

domingo, 16 de marzo de 2008

Lalin 2000 1 - River Silleda 0

Partido de rivalidad entre os dous equipos da comarca de Deza de División de Honra, e victoria do lalín que este ano nos acadou os 6 puntos en disputa. Non estivemos a altura das circunstancias unha boa parte dos xogadores o que fixo que despois de duas claras oportunidades de adiantarnos no marcador que tivo Calviño, nunha xogada de contrataque logo da perdida de balón pola nosa defensa en duas ocasións o intentar sacar o balón da como resultado unha entrada pola banda izquerda e centro que e rematdo o fondo das redes. O descanso fomos co 1-0 xa que ainda que tiñamos un falso dominio do xogo, porque o lalin prefería ceder o campo e xogar a balons largos, no fomos capaces de crear ocasions de gol, quixais un agarron a Nacho puido ser penalty pero deses non se pitan e menos a nos.
No segundo tempo tentamos dominar de novo o partido e demos a sensación por momentos de que ibamos a empatalo en calquer momento pero non foi posible, estivemos mal en defensa e a sensación de perigo iba en aumento na nosa area debidos os erros e o gol non chegaba, nuha dese ocasions e xa co tempo rematado o lalin sentencia o partido co segundo gol.
Noraboa o Lalín que da un paso case que decisivo para manter a categoría e nos a loitar nos partidos que nos quedan, esto sigue dependendo de nos, e non podemos votarnos a baixo nos momentos que mais necesitamos estar xuntos e facer equipo, próximo partido co Asador alambique, complicado pero haberá que tentar dar a sorpresa porque nos en Outeiriño somos un equipo moito mais combatibo e gañador.
Francis non estivemos a altura, pero non nos damos por vencidos, morreremos matando.....arriba ese ánimo.

domingo, 9 de marzo de 2008

River Silleda 3 - Peña Navegante 1

Loitando conseguironse os tres puntos.
Parecía que non había xente para xogar este partido, as 6 da tarde non eramos máis de 7 xogadores no campo, eso é moi perigoso porque nin se quenta nin se sale concentrados nin nada. E claro, entre que salen o campo unhos, e outros se están cambiando, pois pasou o que suele pasar, e logo de duas ocasións falladas pola nosa parte, o equipo rival marca un gol nun contrataque increible, un só xogador, vaise so da defensa enteira con un autopase sin querer. Para min, falta de concentración do equipo, que xa estaba pensando mais nas ocasións falladas que en defender, e que pdía volver a repetirse a historia de días atras. E nada, despois a loitar e mais loitar. Chegamos o descanso co 0-1. No segundo tempo, e logo da lectura de cartilla por parte de Francis, pois no minuto 1 marcamos o primeiro, gol que casi non entra logo de tres rexeites do porteiro rival que fixo unhas paradas impresionantes. Gol de "guevos" de Lolo, que entra con todo e mais. O segundo gol chega no minuto 4, gol de Calviño colocando ó balón no segundo pao logo de un bo pase de Heredia, e xa todo estaba mais claro, ainda que o Peña Navegante inquietaba bastante nos cornes e balóns aéreos, ahí si tiñamos medo de que podía chegar o empate, non esquecíamos os dous goles que nos marcaran en Conxo de cabeza nos corners. Mais tarde chegaba o 3-1, golazo de Pastor batindo o porteiro na saida, falta facía para Pastor, que non estaba tendo ningunha sorte cara o gol.
Bueno, en resumen, partido ganado e a seguir loitando unha seman máis, un dez tamen para o equipo contrario, con un comportamento exemplar, un dez para eles e sorte nesta liga, que ainda falta moito. Ahhh, para min bo arbitraxe por parte de Montero, xa nos facía falta que veñan arbitros con ganas de pitar o que ben, sin importar o equipo.
Para a seman, partido de rivalidad en lalín, nada fácil, necesitados de puntos os dous equipos, eles que contra nos se motivan o doble, e seguro que vai a ser un partido duro e competido, pero nos tamen iremos a por todas, a ver si lle devolvemos a derrota na casa da primeira volta que tanto daño nos fixo moralmente.
Noraboa a todo o equipo, e solo decir que estamos no bo camiño, eso estabase vendo nos ultimos catro partidos a pesares dos resultados, merecíamos algo mais, e parece que agora ó equipo está máis motivado e loitador, cree nas súas posibilidades e todo eso grazas o chacaritas de Francis que sabenos subir a adrenalina nos momentos oportunos. Ahhh....unha noraboa para Orza que fixo o mellor partido dende que está no River, bravo Orza.....

domingo, 2 de marzo de 2008

River Silleda 0 - Negreira 2

Outra derrota mais en Outeiriño, a cuarta este ano, e parece que non vai a ser a última, pero peor non nos vai a ir. Xogamos ben, tivemos ocasions, una, duas, tres, un balón o poste, hasta tivemos o lider contra as cordas, pero nada, cegados cara o gol non fomos capaces de marcar e chegamos o descanso con 0-0. O segundo tempo xa foi outra cousa e ainda que tivemos unha ocasión mais o Negreira xa demostrou porque esta ahi de lider e de seguir con esa regularidad poden ser os campións de liga este ano, e ogalla o sexan, porque demostraron ser un equipo moi correcto e serio, limpio e deportivo. Pois eso, outra vez de falta o equipo contrario, neste caso o numero 23, un gran xogador nos mete o balón polo mesma escuadro do partido anterior, e case dende o mesmo sitio. O-1 no minuto 12 e nos xa non fomos capaces de darlle a volta o marcador, no desconto o Negreira cerra o partido co segundo gol. Non queremos cargar contra o árbitro, pero esto é un cachondeo padre, o único árbitro que non queremos que nos pite é ben por terceira vez a pitarnos, e perdemos sempre con el, por encima cachondease e dinos que lle chamamos a agrupación para que no manden mais, pero que xa non volve mais, e mellor pa todos porque xa nos dixo e mais de unha ocasión que nos tiña manía os de Silleda e lalín, a saber porque. Ben deixando estos temas que son "pecta minuta", volvamos o noso, temos que gañar o seguinte partido co Peña Navegante, ahi si nos vai a permanencia, de todas formas, un dez po equipo, unha pena que agora que melloramos os resultados non nos acompañen e nos estamos desesperando un pouco. Veña, aupa River.

domingo, 24 de febrero de 2008

River Silleda 0 - Romel Dodro 1

Lalin, Maderas Ramos e Romel, terceira derrora en Outeiriño, esta de forma moi similar a do lalín, cando o equipo contrario se conforma co empate perdendo tempo chega un golazo de falta pola escuadra do numero 10, Richar e decide o partido o seu favor. De todas formas e ainda que o resultado xusto houbera sido o empate, eles teñen un equipo de moito oficio e eso notase a hora de xogar, non dando ningún tipo de oportunidades, sacando un penalty clamoroso no primeiro tempo a Cuiña, e que dios mio, que arbitro nos pitou, boa persoa eso si, pero para pitar este partido non se pode ser tran débil de caracter porque o comían, e claro nada. De todas formas non e unha excusa, pero en partidos tan igualados estasmos sendo perxudicados ultimamente cos arbitraxes, non sei que pasa ultimamente por ahi.
De todas formas estamos recuperando o xenio, o caracter de loita e sufrimento e si temos que baixar e o facemos loitando asi, non pasa nada, esto é unha competición e unhos gañans e outros perden.
Agora quedannos dous partidos mais en Outeiriño, veñen o Negreira, que vai a ser moi difícil e logo o Peña Navegante, ese si qu e rival directo polo loita, espero que o próximo partido estemos como mesmo espiritu de loita e que teñamos a sorte que tivemos no comenzo da liga e que agora nos está faltando.

domingo, 17 de febrero de 2008

Pepe Noya 1 - River Silleda 1.

Un punto moi traballado no campo de Sar ante o Pepe Noya, pero ó equipo soupo impoñerse as sancións e lesións que mermaron o número de xogadores desplazados, solo catorce. Na linea defensiva xogaron de forma inédita Elías e Orza, que ó fixeron con solvencia e eficacia, na linea medular, notouse o traballo do recuperado Mariño que aportou o seu xogo práctico, e na dianteira boa labor de Heredia, que foi obxeto de un agarrón claro despois de irse do contrario, penalty que transformou Dani (Machete), logo ó arbitro pitaría un mais que dudoso (inexistente) penalty de Francis, logo dun rexeite do porteiro, asi chegamos o descanso. No segundo tempo, sufrimos un asedio por parte do equipo contrario ainda que os nosos contrataques tiñan moito perigo, desperdiciamos un par de ocasións clarisimas de gol, e ó equipo contrario estrelou un balon no longueiro case que ó final do partido. Necesitabamos dun premio como este para recuperar ó espritu de loita e credibilidade que nos facía falla, agora quedannos tres partidos na casa e ahí é onde temos que demostrar, si estamos capacitados para xogar o próximo ano na división de Honra ou si se nos fai demasiado..... Noraboa a todo o equipo.........

miércoles, 13 de febrero de 2008

Partido con Pepe Noya en Sar as 6 tarde.

Partido co Pepe Noya de Santiago xogarase ó sábado 16 de febreiro as 6 da tarde. Atención o cambio de horario.

lunes, 11 de febrero de 2008

Hnos. Couto Boqueixon - River Silleda

Segundo partido da 2ª volta da Liga, salida o campos de Airiños contra o Hermanos Couto. Acudimos con solo 13 xogadores debido as lesions e ausencias por diversos motivos profesionales e laborales, ademais francis xogaba con una lesión debida a un pinchazo o que lle impedia moverse con normalidad. Empezamos o partido encaixando un gol debido a un fallo de despexe en defensa, empatamos o partido con una boa xogada persoal de Heredia, volver a marcar o segundo gol, logo de varios rechazes, chegandose o descanso con 2-1. No segundo tempo, volven a marcar o 3-1, logo a 4-1, acortamos diferencias nos co 4-2 e a partir de ahí e logo de un penalti que o arbitro do partido non pitou por man dun xogador do equipo contrario montouse unha tangana, que nos ocasionou 3 expulsados debido as protestas e que fixo que o partido se acabase incluso sen cumplirse o tempo reglamentario, con 8 xogadores no campo do River Silleda. Esta claro que o arbitro non axudou, pero non debemos caer nestas calenturas que nos fan perder xogadores para os proximos partidos e poñen o equipo nunha situación cando menos preocupante. Próxima salida a Sar contra o Pepe Noya, equipo que demostrou un bo futbol en Silleda e que ademais xogando nese campo vai a ser un rival duro de batir, ainda que non temos nada que perder, esta claro que temos que esperar os 3 partidos da casa que nos veñen despois e nos cales esperamos recuperar a maioria dos xogadores para afrontalos.

domingo, 3 de febrero de 2008

Pasamos a octavos de Copa de Veteranos

O sábado pasado xogamos o partido de copa contra ó equipo de Calo, Carpinteria Marquez Vilela que milita na terceira división de Veteranos. Para este partido, salíamos con 6 baixas, participando no partido só trece xogadores: Ruben, Piñeiro, Machete, David, Iglesias, Lito, Lolo, Nacho, Cuiña, Sito, Heredia, Orza, e Pastor, tivemos que sufrir mais do esperado para gañarlle a un equipo que lle gostaba xogar ó futbol e que se plantou ben no campo ainda que a medida que ían pasando os minutos, cedía terreo quizáis pola condición física, e ó balón acabou entrando na portería contraria xa mais de mediado o segundo tempo, logo caeu o dous cero e xa co tempo acabado e debido o exceso de confianza pola nosa parte o equipo contrario acadou ó 2-1 co que remataba o partido. O importante era non ten lesionados, e que ó equipo mellore a súa condición física que parece que non está todo ben que sería desexable e necesaria para a segunda volta da liga. O seguinte rival será o Dubra, no campo deles.
Agora volvemos a liga, o sábado visita a Airiños, para xogar co equipo de Boqueixon, Hermanos Couto, partido moi importante e que pode significar o situarse na parte media alta da tabla ou seguir a loitar para non baixar os postos de descenso. Que cara daremos no próximo partido ?.

miércoles, 30 de enero de 2008

Partido de Copa. Sabado 2 as 7 menos cuarto.

Pois eso, que debido a que o Silleda xoga as 5 tarde contra o Ciudad de Santiago e que non houbo maneira de que estos viñeran para xogar nin as 4 nin as 4 e media, pois eso, que temos que xogar as 7 menos cuarto, porque eles empezan as 5 da tarde, sentimolo polo equipo contrario pero é o que hai. Haberá que tentar gañar o partido e non chegar as penaltis porque senon imonos mezclar coa cea de carnaval que se celebra no pabillon de deportes.
Ainda que a nosa guerra este ano non é esta, o partido ten que nos servir para confirmar a boa racha na que temos que meternos para non pasar apuros o final da liga.
En principio o Francis non vai a vir, chamaronno do pais vasco, vai dar unhas leccions ala, non sei si de futbol si de que...Bueno eso, todos avisados......sábado as 6 da tarde no campo. Saudos

lunes, 28 de enero de 2008

Primeiro partido da Segunda Volta en Caneda

O sábado disputamos o primeiro partido da 2ª volta, campo de Chaian, herba sintética, contra o Deportes Caneda de Amio, equipo que leva moitos anos competindo na liga de Veteranos de Santiago e sempre a moi bo nivel. Partido no que nos iba a vida, dado que levamos una mala racha de resultados e os rivais viñeronse encima de nos, ainda que tampouco esta ben caer en derrotismos, o triunfalismo inicial fixo que agora todos seamos máis conscientes de que ningún dos rivais e doado de vencer e que calquer, pero calquer equipo, podenos gañar.

O partido do sábado foi compricado, como casi todos, e despois de empezar perdendo no primeiro tempo por 0-1, démoslle a volta o marcador, con un cambio de aptitude no vestiario que fixo que unha vez mais, reaccionamos cando temos a auga no pescozo. De todas formas, son tres puntos moi valiosos e a moral volve a estar polo alto. Agora temos duas saidas máis, das que vamos a tentar acadar algún punto para asentarnos no posto medio da taboa que é donde en verdade merecemos estar.