Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 30 de octubre de 2012

En Melide tampouco tivemos sorte.

Tarde de frío en Melide, o noso equipo presentábase coas baixas de Mariño, Julio Ferradás e Luis Kurrás e coa alta dogo a súa lesión de Jose Luis Alvaréz.
Parecíanos que esto podía cambiar en Melide, pero non foi así, por un lado o árbitro Martín parece que non quere saber nada de nós e non e imparcial, e por outro lado, nós non fomos capaces de marcar en toda segunda parte, onde eles solo chegaron a área e duas ou tres ocasions.
O partido empezaba para nós co aire en contra, e así era difícil defender, eles entraban pola banda esquerda, centrando de forma perigosa, pero nunha contra nosa Nelson vaise dos defensas contrarios e adiántanos no marcador, 0-1.
Pero eles seguían entrando unha e outra vez pola banda e nun tiro dende fora da área, o balón vai o poste e entra na nosa portería sin que Fernando poida facer nada.
E o segundo gol deles chegaría nuha falta diante da área, onde o noso porteiro non vé o balón e marcan polo seu lado 0 2-1.
E así nos fomos o descanso, perdendo o partido, no segundo tempo todo parecía indicar que podíamos gañar o partido ou polo menos empatalo, e a verdade e que un empatiño merecemolo, pero non tivemos sorte e puntería e non fomos capaces de marcar.
Nelso sufreu un codazo na cara que lle puxo o ollo negro, e o Sr. Martín dixo que non vira nada, unha vergoña, algo teremos que facer senon este xogador vai ter unha lesión grave, porque leva tres partidos e deixano sempre como un aldraxo.
O final, volvemos a perder e esto sigue igual, nos sin puntur, é a primeira vez que nos pasa, pero supoño que esto tera que cambiar.
Aupa River.

No hay comentarios: