Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 11 de octubre de 2009

Castrosua 1 - River Silleda 3

A terceira foi a vencida, primeira victoria do River este ano, neste caso no campo de Esclavitude ante o Castrosua. Empezou o partido con dominio pola nosa parte, ainda que os contrataques eran perigosos provocados por perdas do balón nosas debido sobre todo o malísimo estado do terreo de xogo. Nun deses contra-ataques o balón vaille as mans a Luis e o colexiado pita penalty. Terceiro penalty en contra, levamos un por partido, lamentable a actitude este ano dos colexiados. Pero neste caso o colexiado pitanos un penalty a favor noso, increible pero certo, transformouno Javi Gonzalez, asi nos vamos o descanso.
No segundo tempo, o equipo dou una lección de futbol increible, Pipa doulle una verticalidad que o Castrosua non sabía como atallar, no medio Beni, Nacho e Mariño controlaban a situación e na defensa Luis, Lolo, david e Manolo rexeitaban as ocasions dos contrarios. Logo de varias ocasions pifiadas, chegaría o segundo gol noso, de novo Javi Gonzalez, e mais tarde o terceiro tamen de Javi, que suma os seus primeiros goles desta liga.
Un sobresainte para todo o equipo, que pelexou a morte e deu una lección de futbol nun lamantable terreo de xogo. Esclavitude necesita outro terreo de xogo, señores políticos.
Noraboa e agora a seguir loitando partido a partido a ver como se pon esto, ainda que vamos a pasar dos árbitros parece que non estan por axudarnos a mais mínimo.

No hay comentarios: