Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 18 de septiembre de 2009

Nova Tempada 2009-2010

Logo de duas tempadas un pouco desastrosas, sobre todo a derradeira, afrontamos una nova con moitas ilusions e cambios no equipo, deixan o mesmo xente que foi moi importante durante estes anos no equipo, xogadores que foron fundadores deste equipo pero que por diversas razóns, tomadas sempre por eles, ou non queren ou non creen convinte seguir formando parte do mesmo. Atrás quedan 6 anos de convivencia na que houbo momentos de ledicia e fecilicidade acadando os 5 ascensos consecutivos e logo os dous descensos tamen consecutivos, neste tempo viciaronse un pouco as relacions entre nos, e esto dou nun cambio de mentalidade de xente e de obxetivos.
Esta claro que os que se foron foron unha parte deste fabuloso equipo e sin eles non houberamos acadado ningun dos obxetivos conseguidos, por eso o noso agradecemento a RUBEN, DAVID IGLESIAS, COUTO, IGLESIAS, ABELEDO, SITO, PAULI, TATO, e CUIÑA. Pero esto sigue e con maior ou menos fortuna un ano mais seguiremos neste equipo OS DE SEMPRE, Fernando, Dani, Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Elias, Maril, Orza, Ojea, e OS NOVOS, David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Mixel, unha plantilla de momento moi corta e que esperamos ampliar nestes días. Boa sorte a todos e adivertirse un ano mais.....

No hay comentarios: