Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


lunes 30 de marzo de 2009

Mad. Ramos 8 - River Silleda 3

Partido de copa xogado en Calo o sábado pasado, sin moita mais historia que é a derrota mais abultada que recibimos en 6 anos en competición, nada mais que eso.
En canto o partido, pois pouco que decir, un equipo estaba con baixas importantes pero os que estaban tampouco podian encaixar tantos goles, ainda que si e verdade que lle metemos 3, cando eles son un equipo que encaixan moi poucos goles na liga, ademais sacando o penalti, dous golazos, unh en falta directa de Mariño pola escuadra e outra do noso dianteiro que regateou a 3 defensas, encarou porteiro e tamen o regateou, deixando o balón sobre a linea de meta. Foron os únicos aplausos que se oiron nese partido.
En canto os goles deles, decir que moitos foron fallos nosos de querer xogar o balón dende atras, como o resultado non era o que mais nos preocuaba estivemos moi froxos de concentración é de ahi os oitos goliños que nos meteron, 3 deles do rubio Shuster que se iba en velocidade por todolos lados. Pois nada, agora xa fora da copa, a pensar no partido do sábado que ahí si nos xogamos moito. Ahhhh, por certo, no Maderas Ramos xogou co numero 2 un rapaz que xa xogara contra nos co Marrozos este ano na liga, dame que ahi equipos na nosa liga que están metendo xente sin ficha, tomaremos as medidas oportunas para que non o volvan a facer no partido que temos que xogar contra eles na segunda volta.
Aupa River.....