Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 16 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Irmandade 0

Por fin encadeamos tres partidos seguidos gañando, logo de oito partidos xogados podemos decir que o equipo está no bo camiño, gañando os partidos da casa sin moita dificultade e acadando puntos fora, todo perfecto salvo o desastre do Pino, onde perdemos con todalas da lei.
Visita do conxunto de Irmandade, na que xoga o presentador da Tv galega Terio Carrera, que amosou bo toque do balón. O equipo contrario foi limpo no xogo e para nos non foi dificil ir pouco a pouco minando as suas ansias goleadoras. Con 2-0 fomos o descanso, goles de Javi e Nacho. No segundo tempo salimos mais relaxados e logo do terceiro gol marcado por Javi, tomamos o partido de outra maneira, a pasar os minutos e dar tempo os xogadores que menos participan ainda que con solo dous cambios pouco podemos variar o equipo.
Para a semana partido importante en Porto do Son contra o Portosin, parece un equipo que vai moi ben na liga e que nos pode complicar moito as cousas, sería importante puntuar ainda que gañando na casa, os partidos de fora podemos xogalos con mais tranquilidade.
Aupa River...vamos ben.....

No hay comentarios: