Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 19 de octubre de 2009

River Silleda 5 - Finsa 3

Segundo victoria conseguida polo River, nun partido que merecemos gañar de forma clara ainda que o final o equipo contrario maquillou un pouco o resultado.
No primeiro tempo empezouse dominando o partido e os poucos minutos Javi Gonzalez marca ó 1-0, logo chegaría o gol deles nun erro defensivo noso o deixar sen marca o borde da area a un xogador contrario. Logo chegaría o 2-1 de Javi Gonzalez nun balón que lle envía Beni, controla e bate o porteiro contrario, bonito gol. O tres a cero sería obra de Luis o rematar un corner de rosca co pé, e ó 4-1 foi cousa de Maril o colocar unha vaselina dende fora da area o porteiro contrario o rechace dun corner.
Logo do descanso o equipo empezou moi ben, tocando o balón e sería Mariño o que marcaría un gol espectacular, pola escuadra nunha xogada con Javi Gonzalez. A partir de ahi baixamos un pouco a concentración e metemonos en guerras absurdas onde o rival nos sacou de sitio e logo de que o árbitro se inventou unha falta o borde da area que lanzou pola escuadra o equipo contrario, a partires de ahi, líos e problemas cos contrarios que estaban doidos polo xogo do noso equipo, e xa nos minutos finais chega o 5-3 nun balón que o noso porteiro non acerta a desviar, pegando no longueiro e recollendo eles o rechaze.
En resumen, partido ben xogado o que lle sobraron minutos para nos, ben e certo que tiñamos poucos xogadores sobre o terreo de xogo o que fai que o cansanzo nos pase factura.
Agora xa estamos ahi, quintos na clasificación e esperemos que a racha continue ó próximo partido de liga en Sigueiro.
Ahhhh...e que ó noso compañeiro Orza se recupere la lesión da man que o vai a manter un mes lexos dos terreos de xogo....ánimo Orza.
AUPA RIVER........

No hay comentarios: