Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


sábado 21 de marzo de 2009

Xamoneria Kirss Boiro 1 - River Silleda 3

Hoxe adianto ó día do comentario porque xa tiña ganas de anotar unha victoria no noso casilleiro, pois si, por fin acadamos os tres puntos, neste caso en Boiro, ante un equipo que se nos dou ben este ano, fixemoslle os 6 puntos en xogo.
Ainda que nos presentamos con poucos efectivos, debido as ausencias por distintos motivos e a lesión de nacho que fixo de delegado, os que estivemos no campo demos todo o que poidemos e o final acadamos a recompensa, unha victoria moi traballada.
Polo tanto a victoria e cousa de todolos xogadores que estiveron sobre o campo, un dez para todos e como decía o outro día, xa tocamos fondo e agora hai que tirar para diante.
De momento, partido de copa contra o Maderas Ramos en Calo, partido que non nos preocupa porque esa non é a nosa guerra e non debemos perder efectivos para próximos partidos. Logo imos o campo do Ag. Salgueiro en Touro, un campo con un cespede malísimo e onde e moi dificil acadar os tres puntos, pero dende logo que lle podemos gañar porque non son mellores ca nos, nin moito menos..... FORZA RIVER.........