Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


lunes 4 de mayo de 2009

V. Bertamirans 1 - River Silleda 1

Bueno, tarde o comentario porque ó que escribe non etivo neste partido, e polo que vexo nin falta facía, os meus compañeiros fixeron un bo partido e non levamos os 3 puntos polo de sempre, a puntería. Estamos pagando moi caro o de non ter un goleador no equipo, espero que esto non nos coste un disgusto o final da tempada, pero de momento non o temos fácil.
Sobre o partido, ben todos en xeral, e os comentarios van sobre o bo partido que fixo Nacho, seica estivo intratable no centro do campo, hai que seguir asi Nacho, que boa falta nos vai facer nestes derradeiros partidos de liga. Cuiña foi o que marcou o gol.
Pois nada un punto sabe a pouco, pero a recuperación da moral e autoestima e tan importante como o acadar os 3 puntos.
Próximo partido en Lesende (Noia) o sábado 9 as SEIS E MEDIA da tarde. Atención o horario.
Temos que gañar, como sexa.
Aupa River....