Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 12 de mayo de 2014

Non merecemos perder e complicamonos a vida ante o Lousame

Este sábado iba a ser un día nefasto para o River Silleda, logo de empezar o partido con 11 xogadores, os mesmos ca eles, e nos coas baixas de Elias, Santi, Nacho e Julio por sanción, perdimos un partido que non merecimos gañar, mesmo merecimos gañar, pero a sorte desta vez non estivo do noso lado, senon do deles e nunha xogada desgraciada onde ademais se lesionou un xogador noso que non pudo acabar o partido, eles marcaron o seu gol.
Empezou o partido con eles ben posicionados atrás, cousa que fixeron ben todo o partido, nos moi lentos na transición de balón, chegabanmos mais ca eles e tivemos algunha ocasión de gol, mesmo Toño Pampín tivo una clara.
Asi chegamos o descanso todo parecía que nos no segundo tempo lle podíamos marcar o gol e gañar, ainda que tamen estaba moi claro que os dous equipos estabamos cansados e iba a gañar o que mellor físico tivera o non haber cambios estaba asi o partido.
No segundo tempo o partido foi noso, sobre todo por ocasións, si e certo que eles atrás seguían ben ordenados e o seu porteiro fixo paradas de moito mérito, una parada abaixo nun balón de Beni, un remate fallido de Toño Pampín, pero todo seguía igual.
O que pasa e que o dominio do noso equipo estabase poñendo un pouco perigoso, eles salían co balón rápido e a nos xa nos costaba volver, e así nuha xogada aislada nun balón casi perdido na banda, onde eu me lesionei o intentar botar o balón fora, eles centran atrás e chega un xogador solo que manda o balón o fondo da portería, desesperase Chin porque non tivera case que traballo en todo o partido.
E logo o equipo queda con 10 xogadores no campo, o esforzo xa fora moito e ainda asi tentouse acadar o empate para creer na remontada, eles atrás agora con mais seguridade perdían tempo e non se complicaban, incluso poideron marcar noutra xogada a contra.
Ainda así a derradeira oportunidade sería nosa, nun balón de falta que lanza Pampín a escuadra e o porteiro deles nunha increible parada bota o balón fora.
Resumen, que nos complicamos a vida e temos que gañar un destes tres partidos alomenos, dadas as irregularidades que poder haber, porque o outro día o Lousame falaba de deixarlle gañar o partido o Tourline Boiro, falta unha semana pero xa se verá o que fan.
Seguimos dependendo de nós, pero esta oportunidade foisenos, agora partido contra o Amio, a ver si recuperamos algún lesionado e sancionado e podemos sumar algo positivo.
Aupa River, faltanos o derradeiro arreón.

No hay comentarios: