Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 14 de abril de 2014

Gañamos o Sporting Puebla.

Si este sábado gañamos o Sporting Puebla de Veteranos, outra final para manternos algo lexos do descenso, sobre todo agora que o Veteranos de Compostela e Touline Boiro van acadando puntos.
Saimos sabendo que o partido iba a ser moi difícil para nós, sobre todo porque nos xogabamos moito e o Puebla fai un xogo sin case que centro do campo que non se nos da moi ben.
O primeiro tempo foi moi igulado, sin apenas ocasións para ningún dos dous equipos, incluso eles creaban mais perigo debido a nosas perdas de balón no centro do campo.
Pouco mais que decir neste primeiro tempo, e chegamos o descanso 0-0.
No segundo tempo empezamos moito mellor de feito os primeiro 15 minutos foron nosos, mais por gañas que por bo futbol, pero o equipo pasou a controlar mais as saidas a contraataque deles e nós empezamos a abrir os balóns as bandas, sobre todo a banda dereita onde Santi se iba con centros sobre a porta.
E así estivemos case que todo o partido, solo saliantar un remate de cabeza de Nacho que a punto está de entrar na portería, o porteiro no ultimo momento saca o balon, unha magoa.
Tamen foi unha boa ocasión o lanzamento de falta de julio Ferradas que apunto está de entrar pola escadra, pero o porteiro saca o balón, iba un pouco falto de forza senon entraba seguro.
E mentres iba sucendendo chegaría a ocasión que poido cambiar o resultado do partido, un fallo defensivo noso fai que un xogador deles dispare a porteria, menos mal que Chinchilla fai unha boa parada e manten o resultado 0-0.
Nestes momento do partido para nós o empate xa non era mal resultado, e xa que non dabamos gañado, mellor era non perder o partido o final, ainda que eles non lles valí moito o marcador.
Eles adiantaron as liñas e puxeronse con 4 dianteiros e debeu ser eso o que fixo que Elias recibe un balón en medio campo regatea a un defensa e enfrenta o porteiro enviando o balón a súa dereita pegadiño o poste, 1-0 no minuto 41 da segunda parte.
E así acabaría o partido, incluso sen demasiados apuros, eles moi cansos xa non podían facer nada por mellorar o resultado.
O final os 3 puntos quedanse en Silleda, agora mesmo imos 9 con 33 puntos estamos a 8 puntos do posto de descenso que ocupa o Puebla, e tería que darsenos moi mal todo para que non poidamos facer alomenos 4 ou 5 puntos que deberían de ser mais que suficientes para salvarnos do descenso.
Aupa River, próximo partido en Golada, non temos nada que perder e moito que gañar neste partido de rivalidade camarcal.


No hay comentarios: