Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 26 de mayo de 2014

Empate co Chaian en Outeiriño

Este sábado en Outeiriño tiñamos un partido que podíanos traer problemas si o Chaian non gañaba, en caso de empate o victoria teríamos salvado a categoría nesta Primeira División A, ainda que agora mesmo ocupemos a 9 posición podían darse combinacións que nos puxeran en perigo de descenso.
Saimos con solo 11 xogadores o campo e destes un lesionado, logo aparecería outro e así fomos aguantando este final de liga, onde as lesións e outros compromisos extradeportivos fan que cada día sea unha odisea xuntar once xogadores no campo.
Enfrente estaba o Chaian, un equipo que ainda que leva tempo sin gañar e que vai detrás noso, ten case que os mesmos número que nos, solo dous puntos menos, pero e o noso equipo xemelo en canto a goles marcados, goles encaixados, etc. Ademais un equipo que da gusto xogar con eles, ningún problema, ningunha bronca, e tocan o balón con moitos cambios de xogo.
Saímos como sempre con dúvidas esperando un pouco o que eles querían facer, si viñan a polo partido ou se conformaban co empate, pero non eles viñan a polo partido e así o demostraron durante todo o partido, ainda que o empate foi un resultado xusto.
No primeiro tempo pouco que resaltar, moito medio do campo e poucas ocasións de gol, chegando o descanso.
No segundo pois pouco mais do mesmo, nós un pouco mellor intentamos marcar pero sacando alguna boa intervención do porteiro e un balón o longeiro de Pampín dende fora da área. pouco mais que decir deste partido.
Para nós o obxetivo conseguido, que era o de salvar a categoría e nestes momentos na novena posición como se vé na clasificación da Agrupación.
Próximo partido en Camporrapado contra o seu equipo de veteranos, un partido xa tranquilo e sin presión, onde vamos a divertirnos si damos xuntado once xogadores.
Aupa River.


No hay comentarios: