Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 28 de abril de 2014

O River Silleda gaña o Golada o derbi comarcal do 2014.

Partido complicado contra O Talleres Ventosa Agolada este sábado, sobre todo pola importante baixa do noso porteiro, pero temos que decir que Nacho que ainda que xogou lesionado de porteiro cumpleu moi ben nas escasas ocasións do rival pero estivo moi ben nos balóns por alto.
Comenzamos dominando o partido durante os 10 primeiros minutos, tocando o balón o centro e facendo aperturas os lados, pero eso durou moi pouco, eles que son un equipo con xogo moi directo empezaron a mandar balóns en largo os seus dianteiros que son rápidos o que fixo que o noso equipo se abrira demais e así non podíamos facer o noso xogo.
Sería durante esos minutos cando eles estiveron a punto de acadar alomenos un gol, as chegadas con balóns longos eran perigosas e ainda que non acababan lanzando a porta crearon moito perigo.
Asi nos fomos o descanso, empate a cero no marcador e todo facía pensar que o empate podía ser un bo resultado e ademais posible.
No segundo tempo, non cambiaron moito as cousas, eso si, nos mantivemos un pouco mais o control do partido e eles chegaban con menos peligro, pero ainda así, aumentaron a presión sobre o árbitro o que facía que en calquer momento no la poideran "armar".
E xa case que a punto de acabar o partido, co tempo no desconto chegaría o noso gol, logo de unha xogada de Elias que manda o balón a Toño Pampin que bate o porteiro lanzando o balón o segundo pao.
Asi remataba o encontro e os 3 puntos veñen para Silleda que nos volven a facer falta logo da expulsión do V. Raquel que nos perxudica xa que nos lles gañaramos e outros perderan na segunda volta, pero o anular a segunda volta, volvese a apretar a clasificación, ven e certo que solo faltan 5 partidos e mantemos unha diferenza de 8 puntos sobre o descenso.
Próximo partido contra o lider o Terras de Xallas, vai a ser moi difícil gañarlles ven e certo que alí gañamos 0-1 nun bo partido pola nosa parte, de facelo teríamos case que acadada a salvación da categoría.
Aupa River.

No hay comentarios: