Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 19 de mayo de 2014

A pesar dos pesares rescatamos un punto de Ouro en Amio

Presentámonos en Amio coa idea de acadar alomenos algún punto, sabendo que o seu mellor xogador e o máximo goleador la liga non iba a xogar, pero si, seica xa cumplira no partido atrasado contra o Golada, non entendemos como se pode cumplir unha sanción antes de que sea comunicada os equipos, increible pero certo, de todalas formas vamos a presentar una aclaración dos feitos.
Chegamos con 12 xogadores, dous deles lesionados pero vestidos para o partido, o porteiro viría logo un pouco mais tarde e incorporase o partido unha vez empezado.
No primiero tempo dominamos o xogo, pero seguimos sin profundidade, e nos para marcar un gol, imposible, tivemos algunha ocasión pero a pesar de que eles estaban sin o seu porteiro, Amancio atallaba todos los balóns porque parecía que lle iban as mans.
Marcos deixaba o terreo de xogo polos dolores no seu pé dereito, a lesión estaba ahi e como Chenel xa se nos fora nun par de ocasións, decidimos que Lolo deixara o centro do campo e se colocara no centro da defensa que era o único perigo que tiñamos.
Nestas Elias, que fixo un bo partido, regatea a un defensa dentro da área e derribano de feito claro, penalty que nos señalan, todo parecía que podía cambiar o resultado. Lanza Julio o medio da portería e atalla o porteiro, increible pero certo.
Chegamos o segundo tempo, o calor estaba facendo mais difícil xogar, e eles tamen con moitos lesionados, tentaban buscar sempre o seu dianteiro para que resolvera o partido.
Decidimos poñer a Pampin de central para cubrir a Chenel, renunciando un pouco o seu xogo de banda, pero neses momentos era o xogador que mellor podía aguantar o seu ritmo, dado que Lolo pedía un descanso.
E nun corner increible, digo increible porque marcamos nós en propia meta, pega o balón en Lolo e entra chorando o lado do noso porteiro Chin. O mundo vensenos encima, antes Cuiña estivera a punto de marcar e mesmo Beni tamen tivera outra ocasión de gol.
Ir perdendo o partido nesas circunstancias non parecía verdade, pero era certo, e ahi chegaría o mellor deles, solo nun par de ocasións Chenel rematou a porta e poido marcar o segundo, incluso unha ocasión clarísima onde non lle pega o balón diante da linea de gol.
Pero o futbol e así de increible e chega o noso gol, nun remate buenísimo a porta de Toño Pampín que nos está dando goles moi importantes en momentos como estes.
Xa non faltaba moito para acabar o partido, eles igual que nos moi rotos polas lesións e o cansancio neste final de liga tamen se conformaban co empate, e así chegamos con un puntiño de Amio, que nos sabe a moito, tal e como estaban as circunstancias.
Próximo partido en Silleda contra o Chaian, dados os resultados do Tourline, un empate valenos para salvar a categoría, ainda que nos a eso non sabemos xogar, e aindda que somos o equipo que mais partidos empatou nesta categoría, iremos a pola victoria para asegurar definitivamente a permanencia, pero tampouco vai a ser un partido doado xa que eles tamen se están xogando o mesmo ca nós, e ainda que levan alomenos dez partidos sin gañar, nestas circunstancias todo e posible.
Aupa River.




No hay comentarios: