Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 14 de abril de 2014

O Compostela sigue na boa racha e gañanos tamen o River Silleda

O compostela parece que despertou do seu letargo, xa leva varios partidos acadando puntos o que nos facía presaxiar que este partido iba a ser moi dificil para nos, e así foi.
Un equipo novo, nada parecido o da primeira volta, un equipo que toca o balón con criterio e bos modos, facendo fácil o difícil e que se levaría os 3 puntos a pesares de que nós nos adiantamos no marcador por medio de un golazo de Cuiña que fai unha vaselina o porteiro na súa saida logo de un bo pase de Juvenil.
Asi chegaríamos o primeiro tempo, pero eles no segundo remontaron o partido, viase vir, dous regalos nosos, o primeiro sacando rápido un balón dende a defensa o medio non acertar a controlar e rouban ematando o partido, non iban nin 5 minutos do segundo tempo.
E o segundo gol chegaría tamen nun perda de balón noso que rouban eles e poñense 2-1, a partires de ahi pouco poidemos facer e ainda así nos caería o terceiro, 3-1.
Partido que perdemos con toda xusticia nun campo que non se nos da nada ben, a felicitación a eles e sorte para salvarse do descenso, con equipos coma este da gusto xogar ainda que se perda.
En canto ó arbitro, pois moi ben como que case todos, salvo excepcións non hai nada que opinar, equivocanse coma todos nos.
Aupa Riber

No hay comentarios: