Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 2 de noviembre de 2010

Empate na cabeza da clasificación

O sábado en Outeiriño tíñamos unha boa ocasión de poñer terra de por medio entre nós e o equipo de Tordoia pero non poido ser.
O campo estaba un pouco enchoupado e o balón non corría como é debido, polo que calquer fallo podía decantar o resultado a favor de unhos ou de outros.
Empezou ó partido con igualdade, pero quizáis eles estaban mais arriba do que nos teñen acostumados os outros equipos, polo que a nosa media non aguntaba as entradas dos xogadores deles e así chegaría o primeiro e único gol deles, o xogador número 20 regatea entre a nosa media e a defensa a 3 xogadores nosos e coloca de forma formidable o balón axustado o pao longo do porteiro, imparable, e o 0-1 subía o marcador.
Logo, sufríamos a lesión do noso porteiro, e entraría Manuel Gonzalez na portería, fixo un bo partido.
Seguimos como si nada, e incluso erramos algún remate de cabeza nos cornets na portería contraría, ademaís para nos houbo dous penaltis, sobre todo o de Javi Gonzalez que o árbitro non sinalou que poideron significar o empate, pero sería Beni con un tirazo dende fora da área o que poñería o empate no marcador co que nos fomos o descanso.
No segundo tempo, as cousas seguirían igual, ainda que quizáis eles dominaron mais o partido e o noso equipo non soupo levar o control do xogo, non é que crearan ocasións clara de gol pero si tiñan o dominio do partido, por rápidez e pola calidade de algúns xogadores que teñen.
A lesión de Javi Gonzalez, que se retirou no descanso deixounos un pouco orfos e perdemos un pouco a refencia en ataque polo que ainda Francis fixo o que poido pero non conseguímos acadar ningún acerto cara a portería.
Resumindo, para nós non foi mal resultado a pesares de ser no noso campo e non desvotamos o posibilidade de sorprenderlles alí, xa que no partido do sábado algúns dos nosos xogadores escasamente xustificarón a súa saida o campo, e eso notámolo moito sobre todo en ataque.
Eles, un moi bo equipo, que loitan e imprimen un xogo rápido e intenso, protestan todo o árbitro e están supermotivados.
Aupa River....

No hay comentarios: