Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 22 de noviembre de 2010

De cinco en cinco. Rodeiro 1 - River Silleda 5

Sabado 20. 4 tarde. Campo Rodeiro. Polo River : Chinchilla, Lolo, Luis Alavarez, Lito, Mariño, Kurras, Beni, Miguel Cuiña, Dardo, Manuel Glez y Javi Glez, xunto con Maril e Nacho que volven o equipo lojo da lesión.
Minuto 1, penalty a Dardo, marca Javi Glez.
Minuto 15. Remate de Javi Glez. 2-0
Minuto 19. Tiro dende fora da área de Kurras. 3-0
Minuto 22- Remate de cabeza de Lolo. 4-0.
Descanso.
Segundo tempo, gol do Rodeiro 1-4.
Setencia do partido con gol de Javi Glez. 1-5.
Resumindo, partido en Rodeiro, campo e herba natural en malísimas condicións, cheo de baches e resbaladizo. O día frío, 4 grados, choiva e vento, daba ganas de irse para a casa.
O mellor, os tres puntos.
O rival, ten bos xogadores pero non están nos mellores momentos de ánimo.
O árbitro, ben.
O equipo noso, a polos tres puntos e para casa.
Dez partidos xogados, 9 victorias e un empate, non está mal.
Aupa River Silleda.....

No hay comentarios: