Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 14 de noviembre de 2010

Choiva de goles e auga en Outeiriño

Sábado pola tarde a choiva e o vento eran os verdadeiros protagonistas no campo de Silleda, daban ganas de todo menos de saltar o campo a xogar.
Saímos con once xogadores xustos, menos mal que logo aparceron tres mais a votar unha man por si facía falta, e algún deles si que tivo que axudar.
O rival, o Compostela un equipo que toca ben o balón e que tenta de xogar a futbol o mellor posible, como persoas e rivais son do mellor que atopamos polos campos de Compostela, alomenos para min.
Empezarón gañando o partido, gol do dianteiro logo de facer unha xogada pola banda dereita deles, enfrentando a defensa e colocando o balón pegado o poste no fondo das redes, nada poido facer Chinchilla por atallar o esférico.
Todo parecía que iba a ser moi difícil a remontada, o equipo contrario dominaba o encontro e adiante tocaban con perigosidade sobre a nosa área.
E tería que ser Mariño o que dende a banda votou un centro sobre a portería rival e acabou entrando pegado a escuadra, golazo e ó empate subía o marcador.
O partido seguía polos mesmos derroteiros e Dardo centraba un balón sobre o segundo pao que era rematado por Javi Gonzalez, poñíamonos por diante sin merecelo moito, pero xa todo parecía mais doado e o equipo contrario empezaba a dar mostras de cansancio.
Así fómonos o descanso e o segundo tempo foi moi doado, os dous minutos xa marcamos o terceiro e así asta chegar o 5-1 final, con goles de Javi Glez, Roberto e Dardo.
Roberto fixo un bo partido e por fin abría a súa conta de goles no River Silleda, ámoso gañas e tivo a súa recompensa.
Decir que o árbitro do encontro, estivo a un nivel mais que aceptable.
Próxima seman un partido de rivalidade contra o Rodeiro, perigoso partido para nós, sobre todo tal e como andamos agora mesmo, con un montón de lesións e baixas que merman a capacidade do equipo.
De todas formas, vamos a pola novena victoria desta tempada......Aupa River....................

No hay comentarios: