Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 29 de noviembre de 2010

River Silleda 1 - Universidade SC. 1

Este sábado tíñamos un partido contra o 4º clasificado, Universidade un equipo que acaba de baixar da División de Honra, un equipo que nos plantou cara en Outeiriño e que levouse un punto polo ordeado do seu xogo e a súa colocación no campo.
Salíamos o campo coa idea de sumar outros tres puntos, logo tíñamos cea e as ceas con victoria saben meyor, pero todo se complicou ata tal punto que se adiantaron no marcador logo de unha falta votada maxistralmente, logo de pegar no poste entraría na nosa portería.
Eles con unha defensa ordeada tapaban as incursións de Manu dende a bada dereita e cortaban as posibilidades de xogada a seu irman Javi, así parecía que non iba ser fácil empatar o partido, pero neses momentos apareceu José luis e rematou de forma contundente un corner que nos valería para empatar o partido e chegar o descanso.
No segundo tempo, mais do mesmo, o noso centro do campo estaba atascado e eles defendíanse mais ou menos ben, perdían o tempo e o partido estivo tan trabado que non fomos capaces de coller ritmo e impoñer o noso xogo rápido polas bandas.
Polo tanto, damos por bo o resultado e a seguir loitando para acadar os puntos necesarios para manternos na cima da taboa.
Próximo partido a Melide contra o Melivet, equipo o que lle temos que gañar si queremos seguir ahi arriba.....Aupa River....

No hay comentarios: