Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de octubre de 2010

Goleada en Porto do Son

O sábado xogamos contra o Sograme Portosín o sexto partido desta tempada y trouxemos os tres puntos en xogo para Silleda.
Partido as 6 e media da tarde, polo noso equipo solo tíñamos as baixas de Nacho por lesión no partido anterior, Francis que non podía ir e o porteiro Chichilla que andaba no Rally de Catalunya.
O partido foi moi intenso e ainda que o controlamos en todo momento, non foi tan doado do que pode parecer porque ainda que eles case qeu non chegaban a nosa porteria, salvo un balón o poste de falta no primeiro tempo, xogaban moi fortes e intenso o que faría que o partido fose moi disputado e eles ainda perdendo nunca baixaron a loita asta que acadamos ó cuarto gol noso.
No primeiro tempo, o equipo empezou atacando a meta contraria e así chegaría o golazo de Cuiña con un tiro de baselina dende fora da área.
O segundo chegaría nunha falta votaba maxistralmente por Beni, cheganod o segundo tempo con 0-2.
No segundo tempo, os goles irían caendo pouco a pouco e quizáis a expulsión do porteiro no cuarto gol, neste caso tamen de Cuiña, faría que se viñeran a baixo e chegaría o quinto que marcou Dardo. O terceiro gol sería obra de Javi, na portería Manuel Gonzalez estivo moi ben no pouco traballo que tivo.
En canto a eles, pois son un equipo intenso e que non debería estar tan abaixo na clasificación, ainda que non teñan moita pegada arriba.
O árbitro estivo ben, e soupo controlar un partido que non era fácil dado a intensidade dos dous equipos, un notable para o Sr. Bugallo.
Aupa River....

No hay comentarios: