Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


domingo 24 de febrero de 2008

River Silleda 0 - Romel Dodro 1

Lalin, Maderas Ramos e Romel, terceira derrora en Outeiriño, esta de forma moi similar a do lalín, cando o equipo contrario se conforma co empate perdendo tempo chega un golazo de falta pola escuadra do numero 10, Richar e decide o partido o seu favor. De todas formas e ainda que o resultado xusto houbera sido o empate, eles teñen un equipo de moito oficio e eso notase a hora de xogar, non dando ningún tipo de oportunidades, sacando un penalty clamoroso no primeiro tempo a Cuiña, e que dios mio, que arbitro nos pitou, boa persoa eso si, pero para pitar este partido non se pode ser tran débil de caracter porque o comían, e claro nada. De todas formas non e unha excusa, pero en partidos tan igualados estasmos sendo perxudicados ultimamente cos arbitraxes, non sei que pasa ultimamente por ahi.
De todas formas estamos recuperando o xenio, o caracter de loita e sufrimento e si temos que baixar e o facemos loitando asi, non pasa nada, esto é unha competición e unhos gañans e outros perden.
Agora quedannos dous partidos mais en Outeiriño, veñen o Negreira, que vai a ser moi difícil e logo o Peña Navegante, ese si qu e rival directo polo loita, espero que o próximo partido estemos como mesmo espiritu de loita e que teñamos a sorte que tivemos no comenzo da liga e que agora nos está faltando.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai partidos que se deciden polos mínimos detalles, entón é cando denominamos certos duelos pola verba sinxela de oficio.
Cando dous cadros de similares ou parellos comportamentos se enfrontan, a balanza desquilibrase no máis mínimo despiste ou contradicción, sexa condición física, táctica, técnica, mental ou factores externos.
nesta ocasión os factores externos xogaron na nosa contra e o final resultou determinante. O colexiado, que ten tanto de bo rapaz coma de burro e por enriba acojonado, sabía ben a quen lle pitaba e por iso actuou dun xeito tan persecutorio. Aquí quero aclarar que non foi por manía ao noso conxunto, se non por medo ao rival, por que cadros coma este non deberían practicar ningunha modalidade deportiva.
Só así se explica que non pitara un claro penalti a Cuiña, visto de xeito nítido en planetas próximos coma xúpiter ou saturno.
Pero a ousadía, cobardía e atragantamento do trencilla chegou na segunda metade, ao sinalar coma falta unha limpa interceptación de Couto, na mesma frontal da área.
Con estas axudas, a pouco que teñas algo de clase, podes finiquitar un duelo, coma así aconteceu, ao alonxar Richard o coiro polas mesmas telarañas da meta defendida de xeito maxistral por Fernando. Foi a única chegada do rival.
Sacaron petróleo dunha ocasión creada polo colexiado, con premeditación e alevosía.
Estes mínimos detalles, a simple vista imperceptibles, son os que desequilibran a balanza a prol dun ou doutro lado, cando o choque debía esmorecer coma empezara, co cerocerismo no tabuleiro.
Sen moito máis que contar, xa que a disciplina impúxose ao oficio, e o Romel diso sabe un pouco.
Especulou co resultado, non arriscou o máis mínimo, cinco homes fixos atrás, unha medular de contención, e unha illa deserta de punta, que pelexaba contra muiños de vento, ate que lle crearon a ocasión idónea para definir.
O River loitou, foi cando menos igual que o rival, nunca inferior, pero non deu creado xogo ante un cadro que teceu destrucción dende o inicio.
A lectura non pode ser negativa, tampouco positiva, pois temos un duro camiño por percorrer, pero si sabemos que con estas bases, o descenso vaise ir alonxando de nós paulatinamente, para situarnos na zona morna.
sen máis, colegas, deica a vindeira semana