Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 5 de octubre de 2008

Recambios Arturo 0 - River Silleda 0

Primeiro partido de liga disputado no campo de terra de Vea co resultado de empate entre os dous equipos, ainda que o resultado pode ser mais ou menos xusto, temos que indicar o penalty clarisimo que o arbitro do partido lle "perdonou" o equipo da casa, levando coa man un balón dentro da area. O equipo estivo serio e firme en defensa, en medio campo tamen, o equipo estivo ben, ainda que nos facían faltas constantemente, cortando as accions todas. "as pernas, as pernas" eran as consignas do adestrador do equipo contrario, asi malamente se pode xogar. Xa sabíamos que en un equipo moi complicado pola dureza deste equipo que se emplea con contundencia durante todo o partido tratando de amedentrar os xugadores contrarios. En fin, un punto que nos traemos para Silleda e a seguir loitando, seguinte partido co Castrosua, equipo que gañou 4-0 esta semana.

No hay comentarios: