Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 10 de noviembre de 2008

River Silleda 3 - Kirs Cerveceria Boiro 0

Volvemos a vellos tempos, menos mal que todo parece volver o seu cauce e os triunfos chegan de novo a Outeiriño para o River.
O partido non pintaba nada ben, as baixas anteriores de Vinseiro, Ojea, tiñamos que añadir a de Pauli por traballo, Sito por mudanzas, Orza por cursillos, solo podíamos recuperar a Cuiña que xogou lesionado para facer un punto, e a boa fe que o fixo, porque marcou o segundo gol do partido, un golazo de tiro fora da area en parábola.
O rival solo había perdido un partido, e contra o todopoderoso Hnos Couto Boqueixon polo que non era un rival doado dadas as circunstancias anteriores.
Pero logo de un comenzo titubeante, fallos de concentración na salida como sempre sin quentar, una polos partidos dos benxamins e outra porque estamos mal afeitos xa. O partido foi en lineas xerais más doado do normal, e menos nunha xogada que poido ser o empate, logo co 2-0 todo foi mais fácil e os tres puntos quendaron en Outeiriño.
Duas victorias seguidas e seis puntos fan que ascendamos postos na taboa e agora temos o A. Salgueiro de Touro que vendrá a tentar acadar algo positivo en Silleda. Parece que este ano os resultados non os acompañan ainda que a victoria que teñen no seu casilleiro foi acadada contra o Hnos Couto, en principio é un rival asequible, ainda que non se ven as diferenzas entre os de arriba e os de abaixo da taboa, polo menos de momento.

No hay comentarios: