Por fin, a primeira victoria da liga chegou a Outeiriño, non sin sufrimento, pero os tres puntos suben o noso taboeiro, que é do que se trata. Nin fixemos o mellor partido da liga nin moito menos, pero e certo que fomos gañando 1-0 todo o partido e no minuto 90 igualanos o equipo contrario outra vez mais de falta, menos mal que logo do saque de centro, o noso equipo consigue volver a marcar e todo quedou nun susto. De non acadar os tres puntos o situación poñíase moi complicada para nos, agora temos outro rival complicado o próximo sábado, pero si vamos recuperando os xogadores lesionados todo será mais doado.
Próximo sábado partido contra o Kirs Oasis Boiro, equipo que figura con 10 puntos na liga polo que non vai a ser doado derrotalos en outeiriño ainda que vamos a por eles........
domingo 2 de noviembre de 2008
River Silleda 2- A.Cancela tordoia 1
Publicado por
Administrador
en
20:49
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Cada xornada que pasa, o noso comentarísta vólvese máis plano, haberá que darlle un pouquiño de vida a eses comentarios, se non mal imos, a nosa falta de chispa e contaxiosa ou qué?.
Xa que o administrador non se molla vouno facer eu.(Ainda que non son o mais indicado, pois de football non entendo nada)
Certo é que o partido non foi o mellor, pero esto ben de vello ultimamente, algúns xogan para sí e máis para a galería e non para o equipo.
Imos por liñas:
Portería: "Fernando" Ben en xeral. Fallos menores, algún costannos goles como o deste fin de semana, pero aí tamén ten culpa o resto do equipo.
Defensa: O mellorciño de todo o partido "Cholo" estivo en todas, e así levou de propios e extraños. O mellor do partido sen dúbida pola miña parte. Para "Lito" que ultimamente anda descoñecido !!céntrate!! e volve a ser o mordente que eras antes, non desesperes co equipo, por que tí eres unha das almás del, e se os demais vemos que tí desesperas, perdes a posición ou non berras e mandas o que tes que mandar, imaxima que efecto causa en nos.
Pauli e Abeledo: Bo partido para os dous, pero non temos que liala tanto, que se comprica, para riba e fora perigo, non nos compriquemos, que xa nos comprican os contrarios bastante.
Medios: "Nacho". Ben, en posición, pero necesitamos o Nacho destructivo, o tanque no medio, que non deixa pasar unha nin por abaixo nin moito menos por enrriba.
"Mariño": Deixamos de protestar, e xogamos como ti sabes, centrarse é moi importante, e nótase moito cando non se está, xoga como sabes, e non deixes que o contrario o faga.
"Elias": Co potencial que tés, compre que o aprobeites no ben do equipo, as individualidades están ben, pero non pecar en demasía, moi ben en defensa,(interior sacrificado, non coma outros).
"David": Un partido con claros é escuros, é normal que xogando habitualmente de central o pasar para interior ou lateral no mesmo partido non se atope o sitio, a pesar de todo elo, o primerio gol foi espectacular, sen practicamente ángulo, moi ben. Tamén fixo algúns centros bos que non se souberon rematar.
"Sito": Tardou en entrar en calor, pero cando o fixo a calidade rexurdeu, vendo moi ben o desmarque de Orza pola banda no segúndo gol que este centra e remacha Lolo. (Un gol en tres toques.)
"Orza": Xunto con Lolo no ataque, dispuxo das ocasions mais claras, (parece que últimamente lle veñen él), que non soubo aprobeitar ningúnha delas, por fata de confianza e precipitación. Tes que ter mais confianza en tí e mais sangue fria. Ben no centro do segúndo gol, con previo recorte o lateral, templadiño a donde tiña que ir.
"Lolo": Loitador coma ningún, de rabia o segúndo gol o da victoria, estando alí chegou. Non te sintas incómodo nesa posición, que seguro que non o estás, os goles, e digo goles, chegarán, non penses que o fas mal ou o farías mellor en outra posición, ese é o teu sitio natural, e nótase cando marcas. Así pois, cando non o fagas non desesperes e sigue concentrado outra oportunidade chegará.
En xeral temos que sair mais concentrados os partidos e sendo mais compañeiros, se o logramos e nos apoiamos todos mutuamente, seguro que os rivales o terán mais que dificil para gañarnos. As baixas non poden ser excusas, teñen que ser motivacións.
Espero non ter ferido a ningúen cos meus pobres comentarios, e se foi así vaian as disculpas por diante.
Forza River
chacaritas de river, a vida segue igual e vos vellos coma demos, téñovos algo esquecidos, pero só físicamente, xa que no espiritual, sigo cada paso que dades, cara adiante e cara atrás, pero sempre coa mirada e a cachola alta, a dignidade só a perdemos cando deixamos este paraiso terrenal.
No eido deportivo, quizais estemos pagando ese efecto efervescente que nos levou a realizar cotas e xestas nunca endexamais soñadas, pero como lle direi aos meus netiños, alomenos estivemos ahí, e como loitamos....corremos coma diaños............
Polo resto a seguir xuntándose, que co fato de vellos repunantes que sodes, menos mal que hai fútbol, se non probes mulleres...deica outra familia...o gran chacarita....e por suposto o máis xenuino..o autentico....
Publicar un comentario en la entrada