Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


domingo 30 de marzo de 2008

River Silleda 1 - Asador Alambique 6

Non hai lugar a dudas, o equipo de Compostela pasounos por encima, a pesar de adiantarnos no marcador con un gran gol de Lolo de falta directa. Nada que decir, un equipo que nos sacou os colores por primeira vez nesta liga. Severo revés, non pola perda dos tres puntos, senon porque foi un duro golpe a moral do equipo, pero esto sigue, e non podemos baixar os brazos, ainda dependemos de nós e de momento, non estamos nas posicións de descenso, ainda que o noveno posto fai que toquemos fondo. Esperannos catro enfrentamentos directos con rivais que se xogan o mesmo que nos, e ahi si teremos que dar todo de nós. De momento para o sábado que ven, partido de copa contra o Dubra, no seu campo, un rival que parece ter un bo equipo xa que vai imbatido na súa categoría. A ver cantos xogadores nos desplamos a Dubra, porque os partidos de copa son una incognita. Veña, arriba River....