Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 12 de noviembre de 2013

Primeira derrota na casa esta tempada

Chegou a primeira derrota en Outeiriño, neste caso contra un equipo novo que ainda que non levaba moitos puntos, si que foi dos mellores este ano contra nós, un equipo duro e rápido que xoga moito o contacto e loita todolos balóns, creendo sempre que pode gañar o partido.
Saimos o campo coa baixa de de Julio Ferradas, Elias por lesión, Marcos por sanción e Kurras, que se notou moito neste partido porque él é o que equilibra os partidos contra os rivais duros no centro do campo.
Volvía Mariño logo dunha lesión e ainda que baixo dentro do que se espera del, en pouco tempo estará a punto para volver a coller o centro do campo.
Saimos como sempre vendo como o rival se impoñía no xogo e alguna oportunidade tiveron para adiantarse no marcador, ainda que non eran moi claras as ocasións de gol, unha boa parada de Chinchilla fixo que nos foramos o descanso con un 0-0.
No segundo tempo notouse a diferencia de cambios, eles con 17 xogadores dosificaron o partido de forma que chegaron moito mais frescos os derradeiros minutos onde se decidiría o marcador.
E así estaba visto, que o primiero que amrcara se levaba o partido, logo dunha xogada pola banda de Pampín que o chegar a linea de meta centra hacia atrás buscando a Dardo, que fixo un bo partido en ataque, non encontra rematador e de ahi ven un contra ataque que nos leva o gol deles, con moito sorte porque o balón entra na nosa portería lodo de darlle no lombo a un xogador deles, enganando o noso porteiro.
E a partir de ahí pouco nos quedaba que facer, eles dominaban o partido e nos solo podíamos acada un gol nunha xogada a balón parado ou nun disparo dende fora da área.
Pero ainda chegaría o gol deles, nunha falta que sacan dende lonxe da área, o seu rematador non chega pero engana o noso porteiro e a defensa entrando directo, 0-2.
E xa sin tempo para nós, Dardo marcaría o noso gol da honra, 1-2.
Resumindo, para nós un empate sería un bo resultado pero eles mereceron mais ca nós, e ainda que estivemos a punto de sacar un empate sería demasiado premio para o que fixemos no partido, sobre todo no segundo tempo, a diferencia do número de xogadores e físico decantou o partido o seu favor.
En canto o árbitro, sin poñer que foi, decir que permiteu demasiada dureza para un partido de veteranos, e así acabamos, nos con 2 lesionados e eles con 1, xogo moi intenso para o que veteranos debe de ser, pero esto é futbol.
Próximo partido en Abellá, creo que o partido non vai a ser fácil, pero esto sigue e nós temos que tentar acadar algún punto perdido en Outeiriño.
Aupa River.

No hay comentarios: